[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]
Saúdos, Axente! V.M. por aquí...
Agora si. Esta fase é onde se resolve todo. Ou gañamos ou nos gañan!
Chegados a este punto temos dous obxectivos claros:
1. Rematar a Guía de Supervivencia: recorda que é o manual onde se recollen as técnicas para atacar ao Sedentor e defenderte del. Aínda que creas que xa sabes de todo, unha vez comece a batalla, con tanta adrenalina no corpo e concentrado en non perder de vista ao malvado bicho. Necesitarás levar a guía contigo para a batalla final. Tamén a compartiremos co resto de axentes para que se preparen tan ben coma ti. Así que xa sabes, revisa ben que non haxa erros e apareza toda a información que se che foi pedindo.
2. Combate contra o Sedentor: coa guía rematada, terás que poñer en práctica todo o aprendido durante a túa estancia na Axencia. O Sedentor porate a proba, pero tes as ferramentas para logralo. Pensa ben cada movemento, recorda todo o traballado e supera todos os desafíos que se che poñan por diante.
Ánimo Axente, estamos contigo! Falamos cando todo remate!
V. Motore
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
MENSAXE DE VITTALO MOTORE
Neste fase hai dous obxectivos:
1. Rematar a Guía de Supervivencia.
2. Combater contra o Sedentor superando os desafíos que propoña.