A polo Sedentor!
Transcrición da mensaxe
[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Parabéns! A túa etapa de formación na Axencia S.A.U.D.E. rematou. Hoxe deixas de ser axente en prácticas para converterte no pesadelo do Sedentor.
Mira as túas insignias. Cada unha delas é unha arma que ti forxaches. Agora toca usalas de verdade.
O teu obxectivo final é sinxelo pero esixente:
Recordas os desafíos das insignias? Pois ben, escolle un de cada categoría e supera o teu propio nivel da primeira vez. Se antes corrías en dez segundos, hoxe debes voar en nove. Se antes aguantabas un asalto, hoxe tes que aguantar dous…
O Sedentor non é só un malvado de conto; é esa preguiza que nos rouba a enerxía e nos apaga pouco a pouco. En cuestión de saúde, quen non avanza, retrocede. Vencer ao Sedentor e ao sedentarismo é demostrar que o teu corpo ten cada día máis enerxía, e que hoxe es máis capaz ca onte.
Se non bates a túa marca, non te rendas. O Sedentor gañou esta batalla, pero non a guerra. Volve ao ximnasio, adestra duro repasando os coñecementos que adquiriches neste tempo e téntao de novo, ata que o esmagues.
O teu corpo está listo. A túa mente tamén. Vémonos na vitoria!
V. Motore
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
Telegrama entrante
É o momento do combate final contra o Sedentor.
Recordas os desafíos das insignias?
Agora debes escoller un desafío de cada insignia e ter un mellor resultado.
Iso é vencer ao sedentarismo: ter cada día máis enerxía e render mellor.
Se non o consegues, podes volver atrás e repasar os contidos.
Volve a intentalo ata conseguir facelo mellor que a primeira vez.
🔴 Desafío final da botica express 🔴
Preme aquí para ir aos desafíos:
- Realiza a secuencia completa de RCP máis PLS como se amosa no terceiro desafío. Faino sen guiarte polo vídeo e sen cometer ningún erro.
🟢 Desafío final dos guantes de boxeo 🟢
Preme aquí para ir aos desafíos:
Para demostrar que melloraches a túa forza, deberás repetir un dos seguintes retos e superarte:
- Burpees: Aumenta a distancia a percorrer en 2 metros e volve intentalo. Deberás facelo no mesmo tempo ou en menos.
- Flexións: Chama á túa parella e repetide o reto, desta vez aguantando máis que a primeira.
🟤 Desafío final da armadura externa 🟤
Preme aquí para ir aos desafíos:
Para demostrar que melloraches o teu control postural, deberás repetir un dos seguintes retos e superarte:
- Plank lateral con globo: Aumenta o número de segundos que mantés o globo no aire sen que caia e sen perder a postura.
- Plank fronta con cono: Aumenta o número de ciclos que moves o cono dun lado ao outro sen perder a postura.
🟡 Desafío final do calzado alado 🟡
Preme aquí para ir aos desafíos:
Para demostrar que melloraches a túa velocidade, deberás repetir o seguinte reto e superarte:
- T Test: Repite o circuito en forma de "T" e finaliza a proba en menor tempo.
🟣 Desafío final da beberaxe de enerxía 🟣
Preme aquí para ir aos desafíos:
Para demostrar que melloraches a túa resistencia, deberás repetir un dos seguintes retos e superarte:
- Saltos: iguala ou supera o tempo de actividade respecto a primeira vez, pero desta volta, salta durante 40 segundos e descansa 20 segundos.
- Escaleiras: aumenta o número de escalóns que es capaz de subir sen descanso.
🔵 Desafío final do maillot-resorte 🔵
Preme aquí para ir aos desafíos:
Para demostrar que melloraches a túa flexibilidade, deberás repetir o seguinte reto e superarte:
- Inclinación de tronco: Volve mover un cono cara atrás usando ambos brazos entre as pernas. Aumenta os centímetros de desprazamento.
🎨 Desafío final do Faino ti! 🎨
Preme aquí para ir aos desafíos:
Se xa probaches a liderar a outros, é o momento de superarte: aumenta o número de persoas ás que guiarás e realiza con eles e elas unha das seguintes actividades fóra do centro educativo. Calquera delas debe superar a hora de duración:
- Roteiro.
- Adestramento de forza.
Por fin! Todo rematou! Vaia combate tan intenso! A verdade é que na Axencia está todo o mundo sen palabras... Seguramente teñas moito que contar no teu diario de aprendizaxe sobre o aprendido: