3.1. Botica express (Primeiros auxilios)

 

Glosario

Compresións

Corazón latendoDefinición:

Presións rítmicas sobre o peito dunha persoa que deixou de respirar, co fin de manter o fluxo de sangue aos órganos vitais

Exemplo:

Facer 30 compresións e 2 respiracións para intentar despertar á vítima

Emerxencia

Ambulancia coa sirenaDefinición:

Situación inesperada na que hai perigo inmediato para a vida

Exemplo:

Por exemplo cando se atraganta un compañeiro e non pode respirar

Telegrama de Vittalo Motore

[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Insignia Primeiros Auxilios

Primeira misión, axente!

Nun combate, as feridas son inevitables. Debes aprender as técnicas de sanación e as prioridades en caso de lesión, para ser autosuficiente e socorrer aos teus compañeiros e compañeiras. Como recompensa de éxito, ao completar a misión, a Axencia enviarache unha BOTICA DE PRIMEIROS AUXILIOS EXPRESS, para curarte rapidamente das feridas de Sedentor.

EFECTO: Útil en momentos críticos. Contén vendas e remedios esenciais para o combate. Serve para curar as feridas de guerra na batalla, restaurando os puntos de vida perdidos.

Sana para seguir loitando... Ánimo!

V. Motore

[FIN DA TRANSMISIÓN]

Lectura facilitada

Insignia Primeiros AuxiliosTELEGRAMA ENTRANTE

Debes aprender primeiros auxilios.

Como recompensa recibirás unha botica de primeiros auxilios.

Coa recompensa poderás recuperarte dos danos que che faga o Sedentor durante a batalla.

Ánimo!

Que son os primeiros auxilios

Ao Sedentor complícalle a misión que saibas actuar cando alguén se fai unha ferida ou ten un accidente. Por iso é importante coñecer os primeiros auxilios.

Os primeiros auxilios consisten en prestar cuidados inmediatos a un accidentado repentino no lugar dos feitos ata a chegada do persoal sanitario.

Son moi importantes xa que de eles depende a súa posterior evolución.

As pautas xenerais de actuación (conduta PAS) son as seguintes:

Protexer

Letra PAo accidentado e a todas as personas alí presentes para evitar agravar os danos.

Por exemplo se temos que axudar a unha persoa que está no medio da estrada debemos sacala de alí ou tentar de cortar o tráfico, sempre e cando non corra perigo a nosa vida.

Alertar

Letra AAos servicios de emerxencia.

Debemos chamar ao 061 se se trata de unha urxencia sanitaria e ao 112 no caso de ser doutro tipo.

Socorrer

Letra SActuar sobre a vítima.

Por exemplo situar á persoa que está inconsciente pero respira na posición lateral de seguridade.

Lectura facilitada

Os primeiros auxilios son importantes para vencer ao sedentor. 

Debemos actuar seguindo o PAS:

  • Protexer a zona.
  • Avisar aos servizos de emerxencia.
  • Socorrer ao accidentado.

Apoio visual

Esquema visual que explica a orde de actuación en primeiros auxilios

Cales son os obxectivos dos primeiros auxilios?

A importancia dos primeiros auxilios reside nunha serie de obxectivos principais: 

  • Asegurar o mantemento da vida.
  • Non agravar o estado do enfermo.
  • Previr complicacións futuras, controlando hemorraxias, inmobilizando lesións ou mantendo vía aérea aberta.
  • Asegurar o traslado a un centro sanitario en condicións estables.
  • Proporcionar alivio da dor e do malestar, sempre dentro das actuacións básicas permitidas.
  • Ofrecer apoio emocional e tranquilidade á vítima.

Lectura facilitada

Os obxectivos dos primeiros auxilios son:

  • Asegurar que a persoa siga viva.
  • Non empeorar o estado da persoa.
  • Previr problemas futuros.
  • Trasladar á persoa a un hospital en condicións seguras.
  • Aliviar a dor.
  • Dar apoio emocional e tranquilidade.

Soporte Vital Básico

No Soporte Vital Básico (SVB) inclúense os primeiros pasos na cadea de salvamento, como son detectar a situación, pedir axuda e iniciar a actuación antes de chegar os servizos de emerxencia

Os pasos que debemos seguir son os seguintes:

  1. Protexer a zona doutros perigos.
  2. Comprobar a conciencia con estímulos verbais, visuais e táctiles.
  3. Pedir axuda.
  4. Chamar aos servizos de emerxencia (112 ou 061).
  5. Comprobar se respira coa manobra fronte-queixo.
  6. Se non respira iniciar reanimación cardiopulmonar (Aplicar desfibrilador semi-automático de ser posible). Se respira pero está inconsciente situala na posición lateral de seguridade (para evitar tragar vómito).

Lectura facilitada

Os pasos do soporte vital básico son:

  1. Protexer a zona.
  2. Comprobar conciencia.
  3. Pedir axuda.
  4. Chamar ao 061.
  5. Comprobar se respira.
  6. Se non respira iniciar reanimación cardiopulmonar e se respira posición lateral de seguridade.

Primeiros auxilios e sistemas corporais

Os contidos de primeiros auxilios van a ser importantes cando falle un ou varios sistemas corporais. Deste xeito temos que valorar onde está o problema e actuar. 

Sistema cardiovascular

Encargado de levar osíxeno que recollen nos pulmóns e os nutrientes que recollen no intestino delgado a todas as células do noso corpo.

Primeiros auxilios: se para o sistema cardiovascular debemos facer o RCP para manter de forma externa o seu funcionamento. Pide axuda, prepárate para as compresións e pregúntate: haberá un desfibrilador cerca?

Sistema dixestivo

Recolle os alimentos do exterior e transfórmaos en nutrientes pasando polos diferentes órganos. Ao final da cadea eses produtos que nos proporcionan a enerxía son recollidos polo sangue e levados ás células.

Primeiros auxilios: seguramente esteamos atragoados. Debemos facer as manobras do OVACE (golpes intraescapulares e manobra de Heimlich).

Sistema respiratorio

Encargado de coller o aire no exterior e descompoñelo para que poida ser utilizado o osíxeno nas diferentes reaccións humanas. O osíxeno é recollido polo sangue e levado ás células para poder utilizalo.

Primeiros auxilios: non entra aire? Haberá que ver por que, pero xa estaremos preparados para facer insuflacións e RCP.

Sistema nervioso

É o encargado de levar a información desde o sistema nervioso a través das neuronas e que lle di aos diferentes órganos que deben facer. Por exemplo, acelerar o corazón para mover máis rápido o sangue ou respirar máis forte para que entre máis aire nos nosos pulmóns.

Primeiros auxilios: poida que estea a sufrir un ataque epiléptico. Aparta todo do seu redor, non deixes que golpee a súa cabeza no chan, vixía o seu estado e espera a que cheguen os sanitarios.

Lectura facilitada

Os contidos de primeiros auxilios afectan aos sistemas corporais.

Actuaremos en función do sistema afectado.

Sistema cardiovascular: Faremos o RCP

Sistema dixestivo Faremos as manobras do OVACE (golpes intraescapulares e manobra de Heimlich).

Sistema respiratorio: Faremos insuflacións e RCP.

Sistema nervioso: Poida que estea a sufrir un ataque epiléptico. 

Aparta todo do seu redor.

Non deixes que golpee a súa cabeza.

Vixía o seu estado.

Espera a que cheguen os sanitarios.

Que aprendiches sobre os primeiros auxilios

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Os primeiros auxilios son os coidados que se lle prestan a un repentino. O primeiro que facemos é ao accidentado e a nós mesmos. Unha vez asegurada a zona, comenzamos coa segunda fase que consiste en a quen nos poida axudar e aos sanitarios no teléfono ou 061 se o consideramos necesario. 

Por último, temos que , que pode consistir en curar unha ferida, inmobilizar un brazo ou, incluso facer un para substituir os latidos do seu .

Grazas ao primeiros auxilios podemos salvar unha vida. Convértete nun experto por se algún día fas falta. 

Activar JavaScript

Pregunta Verdadeiro-Falso

Pregunta 1

Cando vexa un accidentado teño que axudalo como sexa, aínda que me poña eu en perigo.

Pregunta 2

Cando alguén estea tosendo forte, debemos chamar aos servizos sanitarios.

Pregunta 3

Aínda que non somos sanitarios, podemos aplicar os primeiros auxilios.

A practicar!

Agrupamento: Individual



Instrucións do desafío

Neste desafío debes probarte facendo unha RCP (reanimación cardiopulmonar). Se non tes unha boneca de primeiros auxilios dispoñible, podes probar con un coxín, unha almofada algo dura, un balón pouco inchado ou un boneco grande que teñas na casa. Tes tres niveis para que mostres o teu nivel:

  1. Facer a RCP seguindo o vídeo.
  2. Facer a RCP seguindo só o audio.
  3. Facelo sen axuda e comprobar o teu ritmo ao final co vídeo.

Grávate e móstrallo a #017 na clase para que cho valore.

A practicar!

Agrupamento: Parellas ou pequenos grupos

Instrucións do desafío

Neste desafío debes probarte colocando a un compañeiro ou compañeira na posición lateral de seguridade (PLS).

Tes tres niveis para que mostres o teu nivel:

  1. Facer a PLS seguindo o vídeo.
  2. Facer a PLS seguindo só o audio.
  3. Facelo sen axuda e comprobar a colocación final co vídeo.

Grávate e móstrallo a #017 na clase para que cho valore.

Instrucións do desafío

Se xa dominades o anterior podedes tentar facer a secuencia completa. Simulade que atopas unha vítima (un de vós fai de accidentado) e aplicades os primeiros auxilios desde o inicio da parte de socorrer. Tedes que facer cinco ciclos de RCP completos (no vídeo saen dous) e rematade colocándoo na posición lateral de seguridade (PLS). 

Os dous niveis que che propoñemos son:

Coa axuda do vídeo.

Sen a axuda do vídeo nin o audio.

Gravádeo e envíadello a #017 para que vexa o ben que o facedes.

Páxina 11 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)