Temos unha mensaxe do Sedentor!

[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]
Ola de novo, Axente!
Xa sabes cal é o problema e xa podes intuír que vai tocar traballar arreo para solucionalo. O Sedentor pode aparecer en calquera momento e en calquera lugar. Terás que prepararte. Ou xa estás listo para a batalla?
Nesta fase vas valorar as túas condicións para a loita a través dos contidos traballados en cursos anteriores que nunca debemos esquecer. Ao longo das seguintes actividades vas avaliar o teu rendemento actual e despois adestraremos para melloralo.
Chegarás máis forte para o día decisivo?
Por certo! Temos novas do Sedentor. Anda a merodear pola nosa contorna. Non te deixes atrapar...
Temos que poñernos a actuar canto antes! Imos a por el!
Vittalo Motore
[FIN DA TRANSMISIÓN]
Lectura facilitada
MENSAXE DE VITTALO MOTORE
Nesta fase vas valorar as túas condicións para a loita.
As actividades basearanse en contidos de cursos anteriores que nunca debemos esquecer.