1.3. Obxectivos

Obxectivos

  • Comprender a relación entre exercicio físico e saúde, identificando os efectos negativos do sedentarismo e os beneficios dun estilo de vida activo.
  • Mellorar a condición física (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade) coa práctica regular de exercicio físico.
  • Recoñecer emerxencias e aplicar as técnicas básicas de primeiros auxilios, fomentando a seguridade e o coidado dos demais.
  • Participar activamente en desafíos individuais e cooperativos de tipo motriz, con estratexias de esforzo, superación e traballo en equipo.
  • Identificar espazos da contorna ideais para a práctica de actividade física saudable.

Lectura facilitada

  • Comprender o exercicio físico e a saúde.
  • Mellorar a condición física.
  • Coñecer os primeiros auxilios básicos.
  • Participar en actividades físicas.
  • Coñecer espazos para facer actividade física.

Que vas aprender?

Debuxo do sedentor1. A identificar que é o sedentarismo e como podes evitalo

pictograma dun salto horizontal

2. A levar a cabo e analizar os resultados das probas ou test de valoración da condición física

Pictograma de actividade física

3. A mellorar a túa saúde a través do desenvolvemento das capacidades física básicas

Pictograma dunha botica de primeiros auxilios

4. A actuar en caso de emerxencia ou accidente a través da aplicación dos primeiros auxilios

Pictograma de persoa sana

5. A recoñecer a importancia dunha alimentación e uns estilos de vida para a nosa saúde

Pictograma dun espazo deportivo 
6. A valorar os diferentes espazos como lugares válidos para a realización de actividade física

Lectura facilitada

¿Que vas a aprender?

  1. Identificar o sedentarismo.
  2. Analizar resultados.
  3. Mellorar saúde.
  4. Actuar ante emerxencia.
  5. Dar importancia aos hábitos saudables.
  6. Valorar espazos para facer actividade física.

Páxina 5 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)