1.2. Temos a solución!

O gran reto: a guía de supervivencia

Como ves, o problema é grave... pero cremos ter a solución!

Para derrotar a Sedentor e devolver a saúde á poboación, precisarás dunha ferramenta potente: tes que crear a GUÍA DE SUPERVIVENCIA definitiva!

Imaxe dunha guía de supervivenciaImaxínao! Unha guía que porás á disposición de toda a poboación e que lles axudará a combater paso a paso cada problema que causou este malvado bicho.

Pero coidado! Ao longo desta misión, Sedentor non parará de lanzarche desafíos para poñerte a proba:

  • Terás que entender que é o sedentarismo e como combatelo.
  • Será crucial saber como auxiliar aos teus compañeiros caídos na batalla (Primeiros Auxilios).
  • Debes mellorar a túa Condición Física (forza, resistencia, velocidade, flexibilidade) para ter máis enerxía.

Cada vez que resolvas unha misión, deberás anotar certas instrucións (pautas, estratexias, protocolos) na túa Guía de Supervivencia. Cando a guía estea completa, terás no teu poder o manual de instrucións para unha vida activa e saudable!

Ben, agora si, non hai volta atrás. Aceptas a misión de converterte en Axente do cambio e derrotar a Sedentor?

Lectura facilitada

A GUÍA DE SUPERVIVENCIA

Para derrotar a Sedentor temos que crear unha guía de supervivencia.

  • É unha guía para entregar a toda poboación afectada.
  • A guía axudará a combater paso a paso cada problema de saúde.

Cada vez que resolvas un desafío, deberás anotar unhas instrucións na túa Guía de Supervivencia: protocolos, estratexias, pautas...

Cando a guía estea completa, terás o manual de instrucións para unha vida activa e saudable!

Fagamos a guía de supervivencia!

Aceptas o reto? 

Páxina 4 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)