1.1. Análise da situación

 

Glosario

Exercicio físico

Persoa facendo ximnasiaDefinición:

É a actividade física planificada, estruturada e repetitiva que nos permite mellorar a nosa condición física

Exemplo:

Hoxe vou facer algo de exercicio físico con meu equipo de voleibol

Inactividade física

Saen dúas persoas sentadasDefinición:

É o movemento corporal que  non chega ás recomendacións mínimas para considerarse saudable

Exemplo:

Non son sedentario porque non paso o día sentado, pero si inactivo fisicamente porque non fago máis que 1 hora de actividade física á semana

Saúde

catro esquinas con cousas relacionadas coa saúdeDefinición:

É o estado de benestar físico, mental e social e non só a ausencia de enfermidades

Exemplo:

Grazas a que fago actividade física teño unha boa saúde

Sedentarismo

Persoa vendo a televisión desde un sofáDefinición:

É a situación onde as persoas pasan maioría do tempo sentadas ou tumbadas facendo moi pouca actividade física

Exemplo:

Teño que evitar o sedentarismo polo que vou ir camiñar unha hora pola praia cada día nesta semana

Análise da situación


Impresora cun telegrama da Axencia S.A.U.D.E.

[TELEGRAMA ENTRANTE: Bip, bibi-bip, bip, bibi-bip, bip, biiiip...]

Atención, Axente!

Hoxe comeza a túa misión porque o planeta está en apuros. Hai unha pandemia de sedentarismo que nos rouba a enerxía.

A Axencia S.A.U.D.E. (Servizo de Axuda Urxente e Desenvolvemento da Enerxía) investigou o problema e descubrimos 3 grandes ameazas:

   - Ameaza 1: A Inactividade Total. Ti mesmo o podes ver, non si? Máis móbiles e menos exercicio físico. Isto non é saudable!

   - Ameaza 2: Mal coidado do corpo. Mala alimentación, mala hixiene, malas posturas e pouca relaxación que nos fan perder enerxía.

   - Ameaza 3: Falta de Coñecementos Vitais. Moita xente non sabe como axudar en situacións de perigo nin aplicar Primeiros Auxilios se hai un accidente.

O causante? Un ser noxento chamado “Sedentor”, que acaba de enviarche unha mensaxe en vídeo. 

Explícoche a continuación máis en detalle todo sobre esta besta que está poñendo patas arriba a saúde mundial.

Vittalo Motore.

[FIN DA TRANSMISIÓN]

Lectura facilitada

MENSAXE DE VITTALO MOTORE

Hai unha pandemia de sedentarismo que nos rouba a enerxía.

A Axencia S.A.U.D.E. descubriu que se debe a 3 grandes ameazas:

  • Ameaza 1: A inactividade total. A xente non se move e non fai exercicio.
  • Ameaza 2: Mal coidado do corpo. Mala alimentación, mala hixiene, mala postura e pouca relaxación.
  • Ameaza 3: Falta de Coñecementos Vitais. Moita xente non sabe actuar en situacións de perigo.

O causante desta situación é un ser noxento chamado “Sedentor”.

Falaremos del no seguinte apartado.






Transcrición da mensaxe do Sedentor

"Vaia, vaia, vaia...

Así que estes son os novos Axentes desa parvada de axencia?

Pois ben, preparádevos para o voso fracaso! A miña forza procede da preguiza e do descoido. Canto menos enerxía tedes os humanos, máis enerxía teño eu... E neste mundo, ides ter que traballar arreo para me deter, porque estades a servirmo en bandexa!

Cada vez que unha persoa prefire o sofá a moverse, a miña forza aumenta.
Cada bocado de comida lixo, é un agasallo directo para min.
Penso recoller enerxía de cada recuncho do planeta. Alí onde a xente estea destruíndo a súa saúde, alí estarei eu, absorbendo máis e máis enerxía.

Por se fora pouco, a vosa falta de coñecementos ante accidentes é o meu golpe de graza! Ha, ha, ha.

Tentade collerme se podedes, os vosos esforzos serán en balde!

O meu poder non terá límites! Ha, ha, ha"

O sedentor

Aquí o tes! Este é o perigoso inimUn monstro feo con cara de malvadoigo ao que nos enfrontamos: O Sedentor.

O Sedentor é un ser malvado que se fai máis e máis forte a medida que a xente perde a súa enerxía. É dicir, aliméntase da enerxía dos seres humanos. Na imaxe podes ver como é fisicamente (Puff! Noxento!).

Tocará facerlle fronte. Pero aínda non estamos preparados. Loitar agora con el sería correr un risco enorme. Teremos que prepararnos ben, conseguir as ferramentas necesarias para poder gañar a batalla final. Anota os seus puntos fortes e débiles para derrotalo. Que imos necesitar para non caer no sedentarismo? 

Para dar un xiro de 360º a esta crise e combater o Sedentor, o noso reto é explicar á sociedade como ser máis activos e como ter mellores hábitos de vida, e así venceremos a este malvado ser dunha vez por todas.

Veste con forzas para ser Axente Especial do Movemento?

Lectura facilitada

PRESENTÁMOSCHE AO SEDENTOR

Este é o perigoso inimigo ao que non enfrontamos: O Sedentor.

Aliméntase da enerxía dos seres humanos.

Tocará facerlle fronte, pero aínda non estamos preparados.

Antes temos que prepararnos ben: conseguir as ferramentas necesarias para poder gañar a batalla final.

O reto é explicar á sociedade como ser máis activos e como ter mellores hábitos de vida (como ser menos sedentarios).

Veste con forzas para ser Axente Especial do Movemento?

Que sabes do sedentarismo

Contesta as preguntas co que ti sabes do tema e comproba ao final o teu resultado. 

Pregunta 1

1. Unha persoa sedentaria é a que pasa a maioría do día sentada

Pregunta 2

2. Sedentarismo e inactividade física son o mesmo

Pregunta 3

3. Os nenos e os maiores teñen as mesmas recomendacións de actividade física diaria

Pregunta 4

4. Estar saudable é o mesmo que non ter enfermidades

Pregunta 5

5. Non se pode estar san se non se fai actividade física

Pregunta 6

6. Os escolares xa cumprimos coas recomendacións diarias de actividade física coas clases de educación física

Páxina 3 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)