Estruturas secuenciais
Como repasaches anteriormente, unha estrutura secuencial é un conxunto de instrucións que se executa unha despois doutra; non se fan saltos nin repeticións. As instrucións execútanse na orde en que están escritas e cada paso depende do anterior.
A continuación, farás dous programas secuenciais para entender mellor estas estruturas.
Con luces
- Se traballas con Adafruit PCE, neste programa aparecerán de forma secuencial tres cores: verde, vermello e azul. Nas transicións verás unha espera de 500 ms.
- Se traballas con micro:bit, neste programa aparecerán tres debuxos diferentes na pantalla LED.
Con son
Neste programa soará o inicio da popular canción "Parabéns para ti".
Para facelo terás que escoller a libraría de "Tons" na biblioteca de MicroBlocks. Ademais, se tes micro:bit tes que ter conectado o altofalante.
Lectura facilitada
Unha estrutura secuencial ten pasos en orde.
Os pasos fanse un despois do outro.
Neste tipo de estrutura non hai saltos nin repeticións.
Agora farás dous programas secuenciais.
Con luces
- En Adafruit PCE aparecerán tres cores en orde: verde, vermello e azul.
- En micro:bit aparecerán tres debuxos na pantalla LED.
Con son
Neste programa soará o inicio de “Parabéns para ti”.
Para facelo tes que escoller a libraría de Tons en MicroBlocks.
Se tes micro:bit, conecta tamén o altofalante.
Audio
Transcrición da infografía
Con luces
Inicio.
Acende as luces en verde.
Agarda 500 milisegundos.
Acende as luces en vermello.
Agarda 500 milisegundos.
Todas as luces póñense amarelas.
Programa para Adafruit Circuit Playground Express:
Ao comezar.
Pon os NeoPíxeles.
Agardar 500 milisegundos.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor vermella.
Agardar 500 milisegundos.
Pinta todos os NeoPíxeles coa cor azul.
Programa para micro:bit:
Ao comezar.
Pantalla de micro:bit.
Agardar 500 milisegundos.
Pantalla de micro:bit.
Agardar 500 milisegundos.
Pantalla de micro:bit.
Con sons
Inicio.
Tocar a nota dó durante 500 ms.
Tocar a nota re durante 500 ms.
Tocar a nota dó durante 500 ms.
Tocar a nota dó durante 500 ms.
Tocar a nota mi durante 500 ms.
Ao comezar.
Tocar a nota dó na oitava 0 durante 500 ms.
Tocar a nota dó na oitava 0 durante 500 ms.
Tocar a nota re na oitava 0 durante 1000 ms.
Tocar a nota dó na oitava 0 durante 1000 ms.
Tocar a nota fa na oitava 0 durante 1000 ms.
Tocar a nota mi na oitava 0 durante 2000 ms.

