| Título |
Xogo programado, reto superado |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe xira en torno a un xogo de mesa tipo party game chamado Sensa6, cuxas probas debe deseñar e programar o alumnado. Para iso, as persoas estudantes traballarán contidos relacionados coa programación (estruturas básicas, traballo con variables, e listas...) e empregarán as placas controladoras micro:bit e/ou Adafruit PCE. O reto consiste en elaborar unha aplicación con 6 programas e cargala nunha placa controladora. As controladoras programadas por todos os grupos da aula pasarán a formar parte do material do xogo Sensa6. |
| Persoas elaboradoras |
Begoña Cortés Redín Daniel Rodríguez Pizarro Peregrina Pintos Testa |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Xogo programado, reto superado"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
