Verdadeiro ou falso?
As variables lóxicas, tamén chamadas binarias, só teñen dous valores posibles. Representan situacións nas que algo pode estar nun estado ou noutro: aceso ou apagado, si ou non, 1 ou 0. Nas linguaxes de programación, estes valores adoitan representarse como "True" (verdadeiro) ou "False" (falso).
Nas placas que estás a utilizar tamén podes atopar este tipo de variables. Por exemplo, o valor é "verdadeiro" cando o botón A ou B está premido e "falso" cando non o está.
Ademais, na placa Adafruit PCE tamén podes atopar unha variable lóxica no interruptor da placa, que só pode ter dous estados: activado ou desactivado.
Lectura facilitada
As variables lóxicas só teñen dous valores.
Poden indicar dous estados distintos.
Por exemplo: aceso ou apagado.
Por exemplo: si ou non.
En programación escríbense como "True" ou "False".
Nas placas tamén hai variables lóxicas.
Un botón ten valor "verdadeiro" cando está premido.
Un botón ten valor "falso" cando non está premido.
O interruptor da placa tamén ten dous estados.
Audio
Transcrición da infografía
A imaxe mostra exemplos de entradas dixitais nunha placa compatible con MicroBlocks.
Na parte esquerda aparecen dous botóns da placa:
- Botón A. Cando está premido o valor é "True". Cando non está premido o valor é "False".
- Botón B. Cando está premido o valor é "True". Cando non está premido o valor é "False".
Estes botóns atópanse no menú Entrada.
No medio aparece o interruptor da Adafruit PCE.
- Cando o interruptor está activado o valor é "True".
- Cando o interruptor está desactivado o valor é "False".
Este interruptor atópase no menú "Circuit Playground".
Na dereita aparece o sensor "TouchPin" da placa micro:bit.
- Cando se toca o logo o valor é "True".
- Cando o logo non se toca o valor é "False".
Esta orde atópase na biblioteca "TouchPin".
.png)



.png)


