Tamén chamado IDE en inglés (Contorno de Desenvolvemento Integrado), é un programa para programar ou para aprender a programar.
Exemplo:
Scratch foi o primeiro IDE de programación por bloques.
Pasos para conectar
Xa repasaches as partes dunha placa controladora real... Lembras como conectala por cable USB ao teu ordenador?
A continuación repasaremos como conectar a túa placa empregando un programa de software libreMicroBlocks,que é un contorno de programación moi parecido ao de Scratch. Segue atentamente as instrucións.
Audio
Pasos para conectar a unha controladora
Paso 1: Abrir o programa
Abre o programa MicroBlocks en Chrome ou Chromium.
Lembra configurar o idioma en galego para poder realizar os teus programas.
Paso 2: Conectar a placa
Conecta o cable USB á controladora e preme na opción "Conectar" de MicroBlocks.
Das tres opcións que che aparecen ("connect USB", "connect BLE", "open Board"), fai clic en "connect USB".
Aparecerache unha pantalla emerxente que che indica onde debes conectar a controladora que esteas a empregar: "Circuit Playground Express" ou "micro:bit". Fai clic en "Conectar".
Paso 3: Comprobar que está ben conectada
Cando teñas a placa conectada, comproba se:
Aparecen as librarías da controladora, na parte inferior esquerda.
Aparece o nome da controladora na parte superior dereita (en cor verde).
Paso 4: Ola mundo!
Se lembras de cursos anteriores, o primeiro programa que se executa para comprobar se a controladora funciona é “Ola mundo!”.
Serás quen de facelo nas placas Adafruit e/ou micro:bit? Tes unha axuda nos seguintes botóns.
Ola mundo en micro:bit
Ola mundo en Adafruit
Simúlao na placa premendo dúas veces enriba do programa.
Lectura facilitada
Pasos para conectar a unha controladora
Paso 1: Abrir o programa
Abre MicroBlocks en Chrome ou Chromium.
Escolle o idioma galego.
Paso 2: Conectar a placa
Conecta a controladora co cable USB.
Preme en "Conectar" en MicroBlocks.
Escolle a opción "connect (USB)".
Despois escolle a túa controladora.
Pode ser Circuit Playground Express ou micro:bit.
Preme en "Conectar".
Paso 3: Comprobar que está ben conectada
Comproba se a conexión funciona.
Na parte inferior esquerda deben aparecer as librarías da controladora.
Na parte superior dereita debe aparecer o nome da controladora en verde.
Paso 4: Ola mundo!
Agora toca probar se a controladora funciona.
Para iso farás o programa Ola mundo.
Podes facelo en micro:bit ou en Adafruit.
Ola mundo en micro:bit
Ola mundo en Adafruit
Audio
Como gravar os programas
Ao longo desta aventura de programación precisarás gardar os teus programas. En función de se estes teñen unha ou máis secuencias, tes dúas opcións:
Unha secuencia
Se queres gardar o programa cunha secuencia, fai clic co botón dereito do rato e selecciona a opción: "gardar a imaxe do programa".
Garda unha imaxe destes bloques como ficheiro PNG.
Máis dunha secuencia
Fai clic na imaxe do portafolios e selecciona a opción "Gardar" como se indica na imaxe. Pon un nome ao teu arquivo e gardarase en formato .UBP. Ademais premendo na pantalla pódense gardar todos os programas visibles en formato .png.
Abrir un programa xa feito
Se o programa é en formato .UBP, MicroBlocks ábreo directamente.
Se o programa está en formato .PNG, hai que seleccionar a opción "Todos los archivos".
Lectura facilitada
Tes que gardar os teus programas.
A forma de gardar depende do número de secuencias.
Unha secuencia
Se o programa ten unha soa secuencia, fai clic co botón dereito do rato.
Despois escolle a opción "gardar a imaxe do programa".
O programa gárdase como ficheiro .PNG.
Máis dunha secuencia
Se o programa ten varias secuencias, preme na icona do portafolios.
Despois escolle a opción "Gardar".
Pon un nome ao ficheiro.
O programa gárdase en formato .UBP.
Os programas visibles tamén se poden gardar en formato .PNG.
Abrir un programa xa feito
Se o programa está en formato .UBP, MicroBlocks ábreo directamente.
Se o programa está en formato .PNG, hai que escoller a opción "Todos los archivos".