É unha placa programable que permite ler entradas, procesar información mediante código e controlar saídas.
Exemplo:
Adafruit e micro:bit son controladoras que se empregan para programar e controlar dispositivos electrónicos de forma sinxela.
Sensa
Definición:
Palabra en latín, traducible por sentimentos, pensamentos, ensinanzas ou cousas percibidas, dependendo do contexto.
Exemplo:
Sensa é o plural neutro do participio pasivo sensus, do verbo sentire (sentir).
O misterio do Sensa6
O curso encara a súa recta final e no teu instituto xa comezan as tarefas de limpeza e organización para preparar o vindeiro ano. Como cada curso, o persoal da biblioteca encárgase de revisar, clasificar e organizar xogos e outros materiais.
Este ano, porén, ocorreu algo inesperado: entre o material de Educación Dixital atoparon un taboleiro dun xogo descoñecido chamado Sensa6. O xogo viña acompañado de instrucións, fichas para poder xogar e seis placas controladoras. Cando tentaron probalo para descubrir como funcionaba, atopáronse cun problema: as controladoras non tiñan ningún programa instalado, polo que era imposible xogar. Unha mágoa, xa que todo indicaba que podía ser un xogo dinámico e entretido.
Haberá posibilidade de arranxalo e deixalo listo para o vindeiro curso? Que pensades?
Lectura facilitada
No instituto están preparando o próximo curso.
Na biblioteca revisan e ordenan materiais.
Este ano atoparon un xogo chamado Sensa6.
O xogo tiña taboleiro, instrucións, fichas e seis placas controladoras.
As controladoras non tiñan ningún programa.
Por iso non se podía xogar.
Agora hai que pensar se o xogo se pode arranxar.
O obxectivo é deixalo listo para o próximo curso.
Audio
Que vas aprender?
Ao longo deste reto, vas aprender sobre:
Os algoritmos que usan os programas e as controladoras.
Os diferentes tipos de datos e variables utilizados na programación de dispositivos dixitais.
O uso de sensores e actuadores en diferentes placas controladoras.
O desenvolvemento dunha aplicación para unha placa controladora.