Gráficas de proporción

Gráficas de sectores

Imaxe da gráfica de sectores en LibreOffice Calc

Queres visualizar cantos participantes pertencen a cada categoría, ou cantos atletas son homes e cantas son mulleres? Podes empregar a gráfica de sectores.



Gráficas de sectores

Que son as gráficas de sectores?

As gráficas de sectores son gráficas circulares nas que cada porción representa unha porcentaxe do total.

Para que se empregan?

  • Para mostrar proporcións ou porcentaxes.
  • Para ver como se reparte un conxunto entre distintos grupos.

Exemplos

Comparativa do número de participantes en cada categoría nunha proba dos 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha gráfica que compare o número de atletas participantes en cada categoría, temos que empregar as funcións correspondentes para contar cantos atletas cumpren que son dun xénero e unha categoría determinadas, para despois, co número de atletas en cada unha das seis opcións, xerar a gráfica de sectores correspondentes, que nos quedaría así:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de sectores

Que deporte practicas?

Imaxina que nunha clase con 30 alumnos/as, facemos unha enquisa para saber que deportes practican. A partir dunha táboa, sería axeitado utilizar unha gráfica de sectores na que se poden ver as proporcións de cada deporte dentro do total. Quedaría algo así:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de sectores

Lectura facilitada

Imaxe da gráfica de sectores en LibreOffice Calc

Queres visualizar cantos participantes pertencen a cada categoría, ou cantos atletas son homes e cantas son mulleres?

Podes empregar a gráfica de sectores.



Gráficas de sectores

Que son as gráficas de sectores?

As gráficas de sectores son gráficas circulares nas que cada porción representa unha porcentaxe do total.

Para que se empregan?

  • Para mostrar proporcións ou porcentaxes.
  • Para ver como se reparte un conxunto entre distintos grupos.

Exemplos

Comparativa do número de participantes en cada categoría nunha proba dos 100 metros lisos

Se queres obter unha gráfica que compare o número de atletas participantes en cada categoría, tes que:

  1. Empregar as funcións correspondentes para contar cantos atletas cumpren que son dun xénero e dunha categoría determinada.
  2. Co número de atletas en cada unha das seis opcións, xera a gráfica de sectores correspondentes.
  3. O resultado sería o seguinte:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de sectores

Que deporte practicas?

Imaxina que nunha clase con 30 alumnos/as, facemos unha enquisa para saber que deportes practican.

A partir dunha táboa, sería axeitado utilizar unha gráfica de sectores na que se poden ver as proporcións de cada deporte dentro do total.

O resultado sería o seguinte:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de sectores

Adestramento: Gráfica de sectores

Vas facer dúas gráficas de sectores: a primeira representará o total de homes e o total de mulleres na proba dos 100 metros lisos; a segunda representará o total de participantes en cada categoría (infantil, cadete e júnior). 

Abre, en LibreOffice Calc, a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3 e gárdaa co nome "graficasectores.ods".

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha cela na que calcules o total de homes, e outra na que calcules o total de mulleres (emprega a función CONTARSE).
  2. Insire unha gráfica co total de homes e co total de mulleres.
  3. Engade celas para calcular os/as participantes na categoría infantil (nados en 2008 e 2009), cadete (nados en 2010 e 2011) e júnior (nados en 2012 e 2013). 
  4. Insire outra gráfica de sectores a partir das celas de participantes en cada categoría.
  5. Gárdaa co nome "graficasectores.ods".

Lectura facilitada

Vas facer dúas gráficas de sectores:

  1. A primeira representará o total de homes e o total de mulleres na proba dos 100 metros lisos.
  2. A segunda representará o total de participantes en cada categoría (infantil, cadete e júnior). 

Abre, en LibreOffice Calc, a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3. 

Gárdaa co nome "graficasectores.ods".

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha cela na que calcules o total de homes, e outra na que calcules o total de mulleres (emprega a función CONTARSE).
  2. Insire unha gráfica co total de homes e co total de mulleres.
  3. Engade celas para calcular os/as participantes na categoría infantil (nados en 2008 e 2009), cadete (nados en 2010 e 2011) e júnior (nados en 2012 e 2013). 
  4. Insire outra gráfica de sectores a partir das celas de participantes en cada categoría.
  5. Gárdaa co nome "graficasectores.ods".

Como quedaría?

Aquí podes ver unha mostra do resultado ao que deberías chegar:

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Adestramento - Gráfica de sectores

Afondamento: Gráfica de sectores

Superaches sen suar o adestramento básico das gráficas de sectores? Entón aínda che quedan forzas para afondar un pouco máis no manexo destas gráficas.

Vas facer unha gráfica de sectores na que comprobes cal dos tres intentos é o mellor para cada atleta. Na gráfica de sectores comprobarás o número de atletas co mellor intento no 1, no 2 e no 3. 

O primeiro que tes que facer será calcular o mellor dos tres intentos para cada atleta. Despois, busca unha función que che permita saber se ese é o intento 1, o 2 ou o 3 (función SE).

Podes empregar o formato condicional para darlle unha color diferente ás celas en función do mellor intento (o 1, o 2 ou o 3).

Toca saber cantos son os atletas que teñen como mellor intento cada un dos tres (función CONTARSE).

Procura darlle aos sectores a mesma color que lle deches ás celas.

Podes probar a facer o mesmo para os distintos xéneros, ou separando por categorías.

Lectura facilitada

Tes facer unha gráfica de sectores na que comprobes cal dos tres intentos é o mellor para cada atleta.

Na gráfica de sectores comprobarás o número de atletas co mellor intento no 1, no 2 e no 3. 

Sigue os seguintes pasos:

  1. Calcula o mellor dos tres intentos para cada atleta.
  2. Busca unha función que che permita saber se ese é o intento 1, o 2 ou o 3 (función "SE").
  3. Podes empregar o formato condicional para darlle unha cor diferente ás celas en función do mellor intento (o 1, o 2 ou o 3).
  4. Toca saber cantos son os atletas que teñen como mellor intento cada un dos tres (función CONTARSE).
  5. Procura darlle aos sectores a mesma color que lle deches ás celas.

Podes probar a facer o mesmo para os distintos xéneros, ou separando por categorías.

Como quedaría?

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Afondamento - Gráfica de sectores

Páxina 16 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)