Gráficas de columnas
Queres ter unha visión clara dos tempos de todos os participantes nunha proba atlética? Podes empregar a gráfica de columnas.
Gráficas de columnas
Que son as gráficas de columnas?
As gráficas de columnas son un tipo de gráfica na que os valores se representan mediante columnas verticais. A altura que ten cada columna indica o valor asociado.
Para que se empregan?
- Para comparar valores entre distintos elementos.
- Para ver de maneira rápida que atleta ten mellor ou peor marca.
- Para amosar diferenzas claras entre distintos participantes.
Exemplos
- Comparativa do primeiro intento de todos os participantes nunha proba de 100 metros lisos
-
Se temos a nosa táboa de adestramento, e simplemente queremos obter unha comparativa do intento 1 de todos os participantes polo nome, unicamente teremos que coller a columna na que aparece o nome, e a columna na que aparece o intento 1, e inserir unha gráfica de columnas. Para ver os valores dos datos, tes que darlle co botón dereito do rato sobre as columnas e marcar "Inserir etiquetas de datos". O resultado sería o seguinte:
- Comparativa do mellor intento dos participantes da categoría júnior nunha proba de 100 metros lisos
-
Se collemos a nosa táboa de adestramento, e queremos facer unha gráfica na que se represente o mellor intento de todo os participantes de categoría júnior, temos que escoller os alumnos e alumnas nados entre os anos que corresponden con esa categoría, despois engadir unha columna denominada "Mellor intento", na que empreguemos a función MÍNIMO para escoller o mínimo tempo entre os tres intentos, e finalmente inserir unha gráfica de columnas. O resultado sería o seguinte:
- Comparativa das precipitacións medias mensuais nunha determinada localidade durante un ano
-
Se conseguimos as precipitacións mensuais nunha determinada localidade (no exemplo, Lugo), durante un ano, podemos empregar unha gráfica de columnas para facer esta comparativa máis visual. Na imaxe pódese ver como empregamos unha gráfica de columna para as precipitacións, e de liña para as temperaturas.
Lectura facilitada
Queres ter unha visión clara dos tempos de todos os participantes nunha proba atlética?
Podes empregar a gráfica de columnas.
Gráficas de columnas
Que son as gráficas de columnas?
Nas gráficas de columnas os valores represéntanse mediante columnas verticais.
A altura que ten cada columna indica o valor asociado.
Para que se empregan?
- Para comparar valores entre distintos elementos.
- Para ver de maneira rápida que atleta ten mellor ou peor marca.
- Para amosar diferenzas claras entre distintos participantes.
Exemplos
- Comparativa do primeiro intento de todos os participantes nunha proba de 100 metros lisos
-
Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha comparativa do intento 1 de todos os participantes polo nome, temos que:
- Coller a columna na que aparece o nome, e a columna na que aparece o intento 1.
- Inserir unha gráfica de columnas.
- Para ver os valores dos datos, tes que darlle co botón dereito do rato sobre as columnas e marcar "Inserir etiquetas de datos".
- O resultado sería o seguinte:
- Comparativa do mellor intento dos participantes da categoría júnior nunha proba de 100 metros lisos
-
Se collemos a nosa táboa de adestramento, e queremos facer unha gráfica na que se represente o mellor intento de todo os participantes de categoría júnior, temos que:
- Escoller os alumnos e alumnas nados entre os anos que corresponden con esa categoría.
- Logo engadir unha columna denominada "Mellor intento", na que empreguemos a función MÍNIMO para escoller o mínimo tempo entre os tres intentos.
- Finalmente inserir unha gráfica de columnas.
- O resultado sería o seguinte:
- Comparativa das precipitacións medias mensuais nunha determinada localidade durante un ano
-
Se conseguimos as precipitacións mensuais nunha determinada localidade (no exemplo, Lugo), durante un ano, podemos empregar unha gráfica de columnas para facer esta comparativa máis visual.
Na imaxe pódese ver como empregamos unha gráfica de columna para as precipitacións, e de liña para as temperaturas.






