Funcións estatísticas

Funcións estatísticas

Queres coñecer cantos atletas participaron nunha determinada proba? Ou cal foi o menor tempo nunha proba de velocidade? Todos estes datos poderás calculalos coas funcións estatísticas.

Funcións estatísticas

Que son as funcións estatísticas

As funcións estatísticas axúdannos na análise de datos, podendo contar os datos nun rango de celas ou ben os datos que cumpren unha condición concreta, facer medias, determinar o valor máximo ou mínimo dun rango de datos ou análises estatísticas máis complexas. 

Sintaxe das funcións estatísticas

A sintaxe das funcións estatísticas é: "=NOME_FUNCIÓN(Valor1;Valor2;...)" para operacións sinxelas como contar os números que hai nun conxunto de celas.

Captura de pantalla da sintaxe da función conta.

Para calcular os valores que verifican un determinado criterio nun intervalo de celas a sintaxe sería "=NOME_FUNCIÓN(Intervalo;Criterios)".

Captura de pantalla da función contarse.

Algunhas funcións estatísticas

Algunhas das funcións estatísticas máis empregadas e de utilidade para o reto son:

  • CONTA: conta o número de valores que contén unha lista de argumentos.
  • CONTARSE: conta o número de valores dentro dun intervalo que cumpren un determinado criterio.
  • MÁXIMO e MÍNIMO: devolven o valor máximo ou o valor mínimo dunha lista de argumentos.

Exemplos

A continuación, podes consultar como aplicar algunhas funcións estatísticas a un conxunto de datos: 

Función conta dun rango de celas

Exemplo da función CONTA a un rango de celas que conteñen unha serie de datos. 

Captura de pantalla da función conta a un conxunto de datos

Función valor máximo dun conxunto de números

Exemplo da función valor MÁXIMO dun conxunto de números.

Captura de pantalla da función valor máximo dun conxunto de números

Lectura facilitada

Queres coñecer cantos atletas participaron nunha determinada proba?

Queres saber cal foi o menor tempo nunha proba de velocidade?

Todos estes datos poderás calculalos coas funcións estatísticas.

Funcións estatísticas

Que son as funcións estatísticas

As funcións estatísticas axúdannos na análise de datos.

Estas funcións poden:

  • Contar os datos nun rango de celas.
  • Contar os datos que cumpren unha condición concreta.
  • Facer medias.
  • Determinar o valor máximo ou mínimo dun rango de datos.

Sintaxe das funcións estatísticas

A sintaxe das funcións estatísticas é:

"=NOME_FUNCIÓN(Valor1;Valor2;...)"

para operacións sinxelas como contar os números que hai nun conxunto de celas.

Captura de pantalla da sintaxe da función conta.

Para calcular os valores que verifican un determinado criterio nun intervalo de celas a sintaxe sería

"=NOME_FUNCIÓN(Intervalo;Criterios)".

Captura de pantalla da función contarse.

Algunhas funcións estatísticas

Algunhas das funcións estatísticas máis empregadas e de utilidade para o reto son:

  • CONTA: conta o número de valores que contén unha lista de argumentos.
  • CONTARSE: conta o número de valores dentro dun intervalo que cumpren un determinado criterio.
  • MÁXIMO e MÍNIMO: devolven o valor máximo ou o valor mínimo dunha lista de argumentos.

Exemplos

A continuación, podes consultar como aplicar algunhas funcións estatísticas a un conxunto de datos: 

Función conta dun rango de celas

Exemplo da función CONTA a un rango de celas que conteñen unha serie de datos. 

Captura de pantalla da función conta a un conxunto de datos

Función valor máximo dun conxunto de números

Exemplo da función valor MÁXIMO dun conxunto de números.

Captura de pantalla da función valor máximo dun conxunto de números

Adestramento: MÍNIMO

Neste adestramento tes que empregar a función estatística axeitada para calcular o tempo mínimo en que se completou a proba de 100 ml en cada un dos intentos. 

Abre en LibreOffice Calc a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3 e gárdaa co nome "tempo-minimo.ods".

A continuación, realiza as seguintes accións:

  1. Selecciona as celas C24, D24 e E24 e combínaas. A continuación, escribe nelas o texto "Valor mínimo en cada intento".
  2. Preme na cela F24 e emprega o asistente de funcións para buscar e seleccionar a función MÍNIMO.
  3. Insire a función MÍNIMO e escolle todo o rango de celas que contén os tempos do intento 1.
  4. Como resultado obterás o tempo mínimo de todos os escollidos nese rango de celas, é dicir, para o intento 1.
  5. Aplica unha referencia de celas adecuada para que ao premer e arrastrar esta cela F24, poidas obter os tempos mínimos para o intento 2 e o intento 3. Estes resultados deben aparecer nas celas G24 e H24.
  6. Garda o ficheiro co nome "tempo-minimo.ods" no cartafol do teu proxecto.

Lectura facilitada

Neste adestramento traballarás cos datos da proba de 100 metros lisos.

Vas empregar os datos dos 2 intentos.

Vas empregar a función axeitada para calcular o tempo mínimo en que se completou a proba de 100 ml en cada un dos intentos. 

Abre en LibreOffice Calc a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3.

Gárdaa co nome "tempo-minimo.ods".

A continuación, realiza as seguintes accións:

  1. Selecciona as celas C24, D24 e E24 e combínaas. A continuación, escribe nelas o texto "Valor mínimo en cada intento".
  2. Preme na cela F24 e emprega o asistente de funcións para buscar e seleccionar a función MÍNIMO.
  3. Insire a función MÍNIMO e escolle todo o rango de celas que contén os tempos do intento 1.
  4. Como resultado obterás o tempo mínimo de todos os escollidos nese rango de celas, é dicir, para o intento 1.
  5. Aplica unha referencia de celas adecuada para que ao premer e arrastrar esta cela F24, poidas obter os tempos mínimos para o intento 2 e o intento 3. Estes resultados deben aparecer nas celas G24 e H24.
  6. Garda o ficheiro co nome "tempo-minimo.ods" no cartafol do teu proxecto.

Como quedaría?

Captura de pantalla coa solución do adestramento da función mínimo.

Lectura facilitada

Adestramento: MEDIA

Outra función estatística moi empregada é aquela que nos permite calcular o valor medio dun conxunto de datos.

Neste adestramento calcularás o valor medio dos tres tempos nos que cada participante completou a carreira de 100 metros lisos (100 ml). Amosa este valor medio ou media na columna I, na cela que corresponde á fila de cada participante, e con dous decimais de precisión.

Abre en LibreOffice Calc a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3 e gárdaa co nome "valores-medios.ods".

A continuación, realiza as seguintes accións:

  1. Preme na cela I1 e escribe o texto "Valores medios".
  2. Preme na cela I2 e emprega o asistente de funcións para buscar e seleccionar a función MEDIA.
  3. Insire a función MEDIA e escolle todo o rango de celas que conteñen os tempos do participante desa fila 2 nos tres intentos.
  4. Como resultado obterás o tempo medio invertido por este participante na proba de 100 ml.
  5. Aplica unha referencia de celas adecuada para que, ao premer e arrastrar esta cela I2, poidas obter os tempos medios para o resto dos participantes. Estes resultados deben aparecer na columna I e nas filas correspondentes a cada un dos participantes.
  6. Garda o ficheiro co nome "valores-medios.ods" no cartafol do teu proxecto.

Lectura facilitada

Neste adestramento vas calcular o valor medio dun conxunto de datos.

Empregarás unha función axeitada.

Traballarás cos datos da proba de 100 metros lisos. 

Calcularás o valor medio dos tres tempos nos que cada participante completou a proba.

Amosarás os valores medios na columna I.

Empregarás dous decimais de precisión para os valores medios.

Abre en LibreOffice Calc a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3.

Gárdaa co nome "valores-medios.ods".

A continuación, realiza as seguintes accións:

  1. Preme na cela I1 e escribe o texto "Valores medios".
  2. Preme na cela I2 e emprega o asistente de funcións para buscar e seleccionar a función MEDIA.
  3. Insire a función MEDIA e escolle todo o rango de celas que conteñen os tempos do participante desa fila 2 nos tres intentos.
  4. Como resultado obterás o tempo medio invertido por este participante na proba de 100 ml.
  5. Aplica unha referencia de celas adecuada para que, ao premer e arrastrar esta cela I2, poidas obter os tempos medios para o resto dos participantes. Estes resultados deben aparecer na columna I e nas filas que corresponden a cada un dos participantes.
  6. Garda o ficheiro co nome "valores-medios.ods" no cartafol do teu proxecto.

Como quedaría?

Captura de pantalla coa solución do adestramento da función media.

Afondamento

Afonda un pouco máis nas funcións estatísticas.

Se revisas os exemplos que se amosan na explicación destas funcións, verás que o primeiro fai referencia á función CONTA. Esta función serve para contar un conxunto de valores nun rango de celas. Nesta práctica de afondamento vas aplicar criterios para que conte os datos que os cumpren. 

Sigue a traballar na base de datos "Adestramentos.ods", e emprega a función estatística apropiada para contar o número de participantes que son de sexo masculino e o número de participantes que son de sexo feminino. Os resultados deben aparecer nas celas D23 e D24 respectivamente.

Cando remates este afondamento garda o ficheiro co nome "contarse.ods" no cartafol do teu proxecto.

A continuación, emprega a mesma función para contar os participantes que naceron nos anos 2008, 2010 e 2012. Os resultados deben aparecer nas celas D26, D27 e D28 respectivamente.

Lectura facilitada

Afonda un pouco máis nas funcións estatísticas.

Revisa os exemplos que se amosan na explicación de funcións estatísticas.

Verás que o primeiro fai referencia á función CONTA.

A función CONTA conta un conxunto de valores nun rango de celas.

Nesta práctica de afondamento vas aplicar criterios para que conte os datos que os cumpren. 

Sigue a traballar na base de datos "Adestramentos.ods".

Escolle e emprega a función estatística apropiada para contar o número de participantes que cumpren o seguinte:

  • Son de sexo masculino. Amosa o resultado na cela D23.
  • Son de sexo feminino. Amosa o resultado na cela D24.

Garda o ficheiro co nome "contarse.ods" no cartafol do teu proxecto.

A continuación, emprega a mesma función para contar:

  • Os participantes que naceron no ano 2008. Amosa o resultado na cela D26.
  • Os participantes que naceron no ano 2010. Amosa o resultado na cela D27.
  • Os participantes que naceron no ano 2012. Amosa o resultado na cela D28.

Como quedaría?

Captura de pantalla coa solución do adestramento de ampliación da función contarse.

Páxina 11 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)