5. Podio

O que aprendiches

Aquí tes un resumo visual do proceso levado a cabo ao longo deste recurso, no que os datos, a información e a folla de cálculo foron os protagonistas:

Infografía que resume o REA 04 - CÁLCulo Olímpico

Conclusións

  • Fixeches un quecemento para repasar as partes da folla de cálculo, as operacións básicas, e a maneira de organizar os ficheiros e cartafoles.
  • O adestramento serviuche para mellorar coa folla de cálculo, tanto no manexo básico como no emprego de novas funcións e creación de gráficas a partir de táboas.
  • Finalmente levaches a cabo, xunto co teu grupo, o campionato, no que aplicaches o aprendido durante os adestramentos a unha proba atlética.

Cerimonia de entrega de medallas

O mellor dun campionato é o momento do podio, no que os e as deportistas comparten xuntos a alegría e o orgullo polo esforzo realizado. Vós ides recrear ese momento, pero neste caso, presentaredes, con orgullo, os informes que fixestes ao resto da clase. 

Para iso ides levar a cabo unha exposición oral na aula na que cada grupo presentará a súa proba, e explicará as conclusións ás que chegou.

É importante que prestes atención as conclusións dos outros equipos, xa que terás que coavaliar os seus informes.

Prepárate para subir ao podio, compartir aprendizaxes e celebrar o camiño percorrido!

Subida ao podio

Pictograma organizarO guión

Cada equipo preparará o guión da súa exposición, é dicir, o que lle vai contar ao resto da clase.

Lembrade incluír:

  • As conclusións relativas a cada categoría.
  • As conclusións conxuntas da vosa proba.
  • Unha breve valoración do proceso: as dificultades que atopastes, como as solucionastes, etc.

Pictograma exposiciónA exposición

Cada equipo proxectará o seu informe final e irá explicándoo ao resto da clase.

Establecede ben as quendas para as intervencións de cada membro do equipo, xa que todas as persoas integrantes deben participar.

Pictograma avaliadorA avaliación

Mentres que non estás facendo a túa presentación, debes valorar as do resto de equipos. 

Para iso, emprega a rúbrica de cooavaliación que atoparás máis abaixo.

A túa opinión é moi valiosa, así que fai valoracións obxectivas e construtivas.

Pictograma premiarO peche

Ao peche da cerimonia, teranse en conta os resultados da coavaliación para outorgar as seguintes medallas:

  • Informe máis claro.
  • Deseño máis creativo e traballado.
  • Contido máis rigoroso.

Lectura facilitada

É o momento de presentar o teu informe ao resto da clase.

Farás unha exposición oral co teu grupo.

Presentarás a túa proba e explicarás as conclusións grupais.

Prestarás atención ao resto de exposicións.

Valorarás os informes dos outros grupos cunha rúbrica de coavaliación.

Atoparás a rúbrica de coavaliación máis abaixo. 

Prepárate para subir ao podio e compartir aprendizaxes!

Subida ao podio

Pictograma organizarO guión 

Cada equipo prepara o que lle dirá ao resto da clase

Lembrade incluír:

  • As conclusións relativas a cada categoría.
  • As conclusións conxuntas da vosa proba.
  • Unha breve valoración do proceso: as dificultades que atopastes, como as solucionastes, etc.

Pictograma exposiciónA exposición

Cada equipo proxectará o seu informe.

Cada equipo explicará o informe ao resto da clase.

Todas as persoas integrantes deben participar.

Pictograma avaliadorA avaliación

Valora ao resto de grupos.

Emprega a rúbrica de coavaliación que atoparás máis abaixo. 

Fai valoracións obxectivas e construtivas.

Pictograma premiarO peche

Ao peche da cerimonia, daranse as seguintes medallas ao:

  • Informe máis claro.
  • Deseño máis creativo e traballado.
  • Contido máis rigoroso.

Teranse en conta as valoracións da rúbrica.

Rúbrica de coavaliación

A continuación, tedes a rúbrica de coavaliación, que vos servirá para valorar os informes dos demais equipos e enriquecer, de forma cooperativa, o voso propio.

Rúbrica de coavaliación do informe final
 EspecialistaProfesionalPrincipiante
Organización O contido está ben organizado e maquetado. A simple vista compréndese claramente o que está representado no informe (2,0)O contido está organizado ou maquetado. Compréndese axeitadamente o que está representado no informe (1,0)O contido non está suficientemente organizado e maquetado, e non se comprende o informe (0,5)
Deseño e gráficasO deseño está coidado e o acabado é orixinal. As gráficas están ben elixidas e son claras. (2,0)Ten partes creativas e orixinais, pero o deseño é común. As gráficas poderían mellorarse (1,0)O deseño presenta formas comúns e pouco creativas. As gráficas non son axeitadas (0,5)
ResultadosInterpretan ben os datos, e os resultados son coherentes e teñen rigor. (2,0)Interpretan os datos, pero os resultados poderían explicarse mellor (1,0)Non se analizan os datos, ou as conclusións non son claras (0,5)
Traballo en equipoTodos os membros do grupo participan de forma equilibrada (2,0)Todos participan, aínda que un/ha fala máis có resto (1,0)Hai algún membro do grupo que non participa (0,5)
ExplicaciónA explicación foi clara, permitiu comprender mellor a información presentada nas táboas e gráficas. (2,0)Explican axeitadamente, aínda que ás veces dubidan ou len demasiado (1,0)Enténdese pouco, ou non se expón ben o traballo (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de coavaliación do informe final (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Ventá nova

Reflexión final

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Finalizado o reto, é o momento de valorar o traballo feito por todos os grupos da clase.

Abre o teu diario de aprendizaxe e completa a táboa de coavaliación que atoparás na Fase 5.

Despois, comenta co resto dos grupos as puntuacións deste apartado para escribir un resumo das conclusións xerais.

Lectura facilitada

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Finalizaches o reto.

Valora o traballo feito por todos os grupos da clase.

Abre o teu diario de aprendizaxe.

Completa a táboa de coavaliación que atoparás na Fase 5.

Comenta co resto dos grupos as puntuacións que obtiveches.

Escribe un resumo das conclusións xerais.

Páxina 24 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)