4.3. A liña de meta

Cortando a cinta

Parabéns! Logo da superación persoal e o esforzo colectivo, chegastes á liña de meta! Agora, só cómpre cortar a cinta e atravesala, é dicir, entregar o informe final.

A entrega do informe realizarase en dous formatos: ODS e PDF. Antes de exportalo a PDF, terás que organizar ben o contido para que quede colocado de forma axeitada.

Ide paso a paso para que o informe quede claro, vistoso e comprensible.

A organización

O seguinte vídeo amosa como preparar o contido das follas antes de xerar un informe en LibreOffice Calc:

A maquetaxe

Queres mellorar a maquetaxe do informe? Podes engadirlle cabeceira e rodapé, tal e como se amosa no seguinte vídeo:

A exportación

Unha vez feito isto, a exportación é moi sinxela. Basta despregar o menú "Ficheiro" e seleccionar en "Exportar como PDF". Tamén hai unha icona para facelo directamente.

Captura de pantalla do menú despregable ficheiro de Calc.
Imaxe da icona de exportación a PDF

Unha vez feita a exportación gárdao co nome "Resultado_Nomedaproba.pdf" e gárdao no cartafol "Resultados_Nomedaproba".

A entrega

Para rematar comprime o cartafol que contén estes dous ficheiros en formato ZIP.

Sigue as instrucións do profesorado para a súa entrega no curso virtual da materia.

Lectura facilitada

Parabéns! Con superación persoal e esforzo colectivo, chegastes á liña de meta!

Agora, precisades cortar a cinta e atravesala. É dicir, entregar o informe final.

A entrega do informe realizarase en dous formatos: ODS e PDF.

Antes de exportalo a PDF, terás que organizar ben o contido. 

Así, quedará colocado de forma axeitada.

Ide paso a paso para que o informe quede claro, vistoso e comprensible.

A organización

Tedes que preparar o contido, ordenalo e organizalo.

Logo podedes xerar o informe.

O seguinte vídeo amosa como facelo en LibreOffice Calc:

A maquetaxe

Queres mellorar a maquetaxe do informe?

Podes engadirlle cabeceira e rodapé.

No seguinte vídeo amósase como:

A exportación

Despois de preparar o informe, a exportación é moi sinxela.

Basta despregar o menú "Ficheiro" e seleccionar en "Exportar como PDF".

Tamén hai unha icona para facelo directamente.

Captura de pantalla do menú despregable ficheiro de Calc.
Imaxe da icona de exportación a PDF

Despois de facer a exportación garda o ficheiro co nome "Resultado_Nomedaproba.pdf".

Gárdao no cartafol "Resultados_Nomedaproba".

A entrega

Para rematar comprime o cartafol que contén estes dous ficheiros en formato ZIP.

Entrega o ficheiro comprimido no curso virtual da materia.

O profesorado darache as instrucións para facer a entrega.

Reflexionamos

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns! Acabas de superar o reto. Nel, traballaches en equipo para entregar un informe final que resume todo o voso traballo. Ao longo destas fases puideches avanzar no manexo e emprego dunha folla de cálculo e na xestión dun conxunto de datos para extraer información relevante, facendo cálculos e representándoa en gráficos.

Agora chega o momento de reflexionar sobre o teu traballo ao longo deste reto e das túas achegas ao teu grupo. Como valoras este reto? Que dificultades atopaches na elaboración do teu informe? E na elaboración do informe grupal? 

Abre o teu diario de aprendizaxe e completa as preguntas da fase 4, recollendo tamén as conclusións do teu grupo logo de compartir as vosas respostas e impresións.

Lectura facilitada

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns!

Acabas de superar o reto.

Traballaches en equipo para entregar un informe final.

Avanzaches no manexo e emprego dunha folla de cálculo.

Tamén xestionaches datos para extraer información relevante, facendo cálculos e representándoa en gráficos.

Agora chega o momento de reflexionar sobre o teu traballo.

Como valoras este reto?

Que dificultades atopaches na elaboración do teu informe?

E na elaboración do informe grupal? 

Abre o teu diario de aprendizaxe e completa as preguntas da fase 4.

Comparte as respostas co teu grupo.

Páxina 23 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)