3. Adestramento

 

Glosario

Función

Imaxe con unha función representada, símbolos matemáticos e unha gráfica de barras

Definición:

É unha fórmula predeterminada que permite realizar de xeito automático cálculos específicos sobre un conxunto de datos nunha cela. Para introducir a fórmula emprégase o signo "=", seguido do nome da función e entre parénteses os argumentos ou datos que se empregan no cálculo.

Exemplo:

Se se introduce nunha cela o texto =suma(A1:A4) calculará a suma dos 4 números que estean nas celas A1, A2, A3 e A4. Se se introduce =suma(A1;B3;5) sumará os números que estean nas celas A1 e B3 e o número 5.

A rutina

Calendario cunha pesa de ximnasioContinúas avanzando cara á a consecución do reto. A fase anterior permitiuche lembrar o que sabías da folla de cálculo. Logo de ver a base de datos das probas deportivas seguro que te decataches de que é preciso que te fagas un pouco máis "profesional" no manexo desta ferramenta. Deste xeito poderás acceder a funcionalidades máis avanzadas que che permitirán aforrar tempo e cumprir coas esixencias do reto.

Sabes como chegan os deportistas a ser profesionais? Adestrando! E iso é o que farás ti tamén ao longo desta fase, na que:

  • Afondarás no manexo básico da folla de cálculo.
  • Traballarás con diferentes tipos de funcións: matemáticas, estatísticas, lóxicas, de texto...
  • Aprenderás a facer e personalizar unha variedade de gráficos e diagramas.

Lectura facilitada

Continúas avanzando cara ao reto.

Na fase 2 repasaches o que sabías da folla de cálculo.

Para traballar coa base de datos das probas deportivas debes mellorar o manexo desta ferramenta.

Para poder avanzar e mellorar é preciso adestrarse.

Nesta fase farás adestramentos que che permitirán:

  • Afondar no manexo básico da folla de cálculo.
  • Traballar con diferentes tipos de funcións: matemáticas, estatísticas, lóxicas, de texto e de base de datos.
  • Aprender a facer e personalizar unha variedade de gráficos e diagramas.

O equipamento

O teu "equipamento" para esta fase de adestramento será unha versión reducida da base de datos das probas deportivas que che proporcionou o concello, que che permitirá familiarizarte co manexo de grandes cantidades de datos antes de asumir o reto. Farás igual que os grandes deportistas, que dedican os adestramentos a traballar en detalle aquelas cuestións necesarias para afrontar os campionatos.

Pica na imaxe inferior para descargar a base de datos dos adestramentos e gárdaa no teu cartafol do proxecto co nome "Adestramentos.ods".

Base de datos para os adestramentos (descarga o documento)

Captura da base de datos para os adestramentos da Fase 3 (descarga o documento en fomato ODS)

Lectura facilitada

Nesta fase de adestramento empregarás unha versión reducida da base de datos das probas deportivas.

Nos adestramentos traballarás aquelas cuestións necesarias para poder acadar o reto.

Pica na imaxe inferior para descargar a base de datos dos adestramentos.

A continuación gárdaa no teu cartafol do proxecto co nome "Adestramentos.ods".

Base de datos para os adestramentos (descarga o documento)

Captura da base de datos para os adestramentos da Fase 3 (descarga o documento en fomato ODS)

Páxina 7 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)