Gráficas en Calc
As gráficas son unha ferramenta da folla de cálculo que nos permite transformar unha táboa chea de números e datos nunha visión clara dos resultados. Nas probas atléticas, por exemplo, poden axudarnos a comparar marcas, ver progresións, analizar diferenzas entre categorías...
Para inserir unha gráfica do tipo que sexa, o primeiro que tes que facer é marcar as celas nas que queres facer a gráfica, ir á barra de menús e darlle a Inserir → Gráfica.
Aparecerá o seguinte asistente:
Lectura facilitada
A folla de cálculo permite representar datos mediante gráficas.
Os datos adoitan estar nunha táboa.
As gráficas ofrecen unha visión máis clara dos resultados.
Poden facerse gráficas das probas atléticas.
As gráficas poden axudar a:
- Comparar marcas.
- Ver progresións.
- Analizar diferenzas entre categorías.
Para inserir unha gráfica tes que seguir os seguintes pasos:
- Marcar as celas cos datos que queres empregar na gráfica.
- Picar en "Inserir" na barra de menú.
- Escoller "Gráfica". Aparecerá o seguinte asistente:
Audio
Axuda cos menús do asistente!
Os parámetros que se poden modificar no menú son:
- Tipo de gráfica: nesta parte do menú podes escoller o tipo de gráfica que vas empregar. Por exemplo, as gráficas de columnas, barras, sectores, ou de liña.
- Intervalo de datos: neste apartado do menú o que se selecciona son todas as celas que se van incluír nas gráficas.
- Series de datos: esta opción do asistente permite axustar os datos en detalle. Desta maneira, por exemplo, cada serie de datos que aparecen na gráfica pode aparecer cunha cor diferente.
- Elementos da gráfica: aquí podes engadir ou eliminar títulos, subtítulos e nomes de eixes.
