Como funcionan as funcións?
|
As funcións en Calc son fórmulas predefinidas que permiten facer unha operación sen que teñas que escribila desde cero. Serven para sumar, contar, buscar datos, calcular medias, datas, etc. Pódese dicir que son como unha orde que está xa creada e ti só tes que completala cos valores cos que queiras traballar. Eses valores chámanse argumentos. |
Domina o básico de funcións
Para traballar con funcións en Calc debes ter en conta as seguintes cuestións básicas:
Sintaxe dunha función
É a estrutura que ten a función, que está composta por un signo igual "=", o nome da función e, entre paréntese, o argumento ou argumentos.
=FUNCIÓN(argumento)
Exemplo: En "=SUMA(D3;D4)"
- O nome da función é SUMA.
- Os argumentos son os valores das celas D3 e D4.
- O resultado será a suma dos valores das celas D3 e D4, é dicir, D3 + D4.
Como inserir unha función
Para inserir unha función en Calc tes dúas opcións:
- Picar no menú Inserir → Función
-

Ao seleccionar a opción "Función..." ábrese o asistente de funcións que che permite escoller a función exacta para introducir.
- Icona do "Asistente de funcións"
-

Ao premer na icona "fx" ábrese o asistente de funcións que che permite escoller a función exacta para introducir.
Categorías principais de funcións
No asistente de funcións podes atopar todas as funcións dispoñibles en LibreOffice Calc.
No despregable de categorías podes atopar as funcións de Calc agrupadas por tipoloxía. Este ano traballarás coas funcións matemáticas, estatísticas, lóxicas, de texto e de folla de cálculo.
Erros típicos
Cando comeces a traballar coas funcións en Calc é posible que atopes algún erro. Convén que coñezas os principais e saibas como solucionalos:
- #¡VALOR! - Revisa os argumentos da función, seguramente estás traballando cun formato de dato inapropiado (texto cando deberías ter un número).
- #¡N/A - Este erro aparece cando empregas unha función para buscar algo e ese "algo" non existe na folla, polo tanto non se pode atopar.
- #¡NUM! - Número inválido.
- #### - Ancho de columna insuficiente para amosar o contido da cela. Amplía o ancho da columna.
Lectura facilitada
|
As funcións en Calc son fórmulas predefinidas que permiten facer operacións sen ter que escribilas. Serven para sumar, contar, buscar datos, calcular medias, datas, etc. Para aplicar as funcións tes que completalas cos valores que queres traballar. Estes valores chámanse argumentos. |
Domina o básico de funcións
Para traballar con funcións en Calc debes ter en conta as seguintes cuestións básicas:
Sintaxe dunha función
É a estrutura que ten a función.
Está composta por:
- Un signo igual "=".
- O nome da función.
- Entre paréntese, o argumento ou argumentos.
=FUNCIÓN(argumento)
Exemplo: En "=SUMA(D3;D4)"
- O nome da función é SUMA.
- Os argumentos son os valores das celas D3 e D4.
- O resultado será a suma dos valores das celas D3 e D4, é dicir, D3 + D4.
Como inserir unha función
Para inserir unha función en Calc tes dúas opcións:
- Picar no menú Inserir → Función
-

Ao seleccionar a opción "Función..." ábrese o asistente de funcións que che permite escoller a función exacta a introducir.
- Icona do "Asistente de funcións"
-

Ao premer na icona "fx" ábrese o asistente de funcións que che permite escoller a función exacta a introducir.
Categorías principais de funcións
No asistente de funcións podes atopar todas as funcións dispoñibles en LibreOffice Calc.
No despregable de categorías podes atopar as funcións de Calc agrupadas por tipoloxía.
Nesta fase traballarás coas funcións matemáticas, estatísticas, lóxicas, de texto e de folla de cálculo.
Erros típicos
Cando comeces a traballar coas funcións en Calc é posible que atopes algún erro.
Os principais erros e como solucionalos:
- #¡VALOR! - Revisa os argumentos da función, seguramente estás traballando cun formato de dato inapropiado (texto cando deberías ter un número).
- #¡N/A - Este erro aparece cando empregas unha función para buscar algo e ese "algo" non existe na folla, polo tanto non se pote atopar.
- #¡NUM! - Número inválido.
- #### - Ancho de columna insuficiente para amosar o contido da cela. Amplía o ancho da columna.
