3.1. Manexo básico

Formatos. Como se gardan os arquivos?

Cando traballas con follas de cálculo, podes gardar os arquivos que xeres en varios formatos. Podes ver aquí algúns dos máis habituais:

.ODS

Icona dun ficheiro ODS

  • É un formato libre e aberto. O recomendado para traballar con LibreOffice Calc.
  • Conserva fórmulas, estilos e a maior parte das características do documento.
  • Pode almacenar fórmulas, gráficos, táboas, e o formato visual das celas.

.XLSX

Icona dun ficheiro XLSX

  • É o formato empregado por Excel. Moi difundido. Ata 2003 empregaba a extensión .XLS.
  • Pode almacenar fórmulas, gráficos, táboas, e o formato visual das celas. 
  • É un formato propietario de Microsoft.

.CSV

Icona dun ficheiro CSV

  • É un formato de arquivo de texto que almacena datos nunha táboa estruturada.
  • Moi útil para a transferencia de datos entre distintas aplicacións.
  • Non garda estilos, fórmulas... Unicamente datos e separadores.

.PDF

Icona dun ficheiro PDF

  • Só para gardar.
  • Non permite editar.
  • Os ficheiros realizados con LibreOffice Calc permiten exportar a este formato.                    

Lectura facilitada

Cando traballas con follas de cálculo, vas xerar arquivos.

Podes gardar eses arquivos en varios formatos.

Aquí podes ver algúns dos máis habituais:

.ODS

Símbolo dun ficheiro ODS

  • É un formato libre e aberto.
  • É o recomendado para traballar con LibreOffice Calc.
  • Conserva fórmulas, estilos e a maior parte das características do documento.
  • Pode almacenar fórmulas, gráficos, táboas e o formato visual das celas.

.XLSX

Símbolo dun ficheiro XLSX

  • É o formato empregado por Excel.
  • Está moi difundido.
  • Ata 2003 empregaba a extensión .XLS.
  • Pode almacenar fórmulas, gráficos, táboas, e o formato visual das celas. 
  • É un formato propietario de Microsoft.

.CSV

Símbolo dun ficheiro CSV

  • É un formato de arquivo de texto que almacena datos nunha táboa estruturada.
  • Moi útil para a transferencia de datos entre distintas aplicacións.
  • Non garda estilos, fórmulas... Só datos e separadores.

.PDF

Símbolo dun ficheiro PDF

  • Só para gardar.
  • Non permite editar.
  • Os ficheiros realizados con LibreOffice Calc permiten exportar a este formato.

Como gardas os arquivos?

Para gardar un ficheiro no que esteas traballando, tes que pulsar Ficheiro → Gardar Como...

Terás que elixir un nome para o ficheiro, unha carpeta onde gardar, e o formato no que o gardas.

Na imaxe pódese ver como gardar un ficheiro

Lectura facilitada

Cando esteas traballando cun ficheiro, terás que gardalo.

Para gardar o ficheiro, tes que pulsar Ficheiro → Gardar Como...

Terás que elixir un nome para o ficheiro.

Tamén tes que escoller un cartafol onde gardalo.

E o formato no que o gardas.

Na imaxe pódese ver como gardar un ficheiro

Formato das celas

O formato de celas permite controlar como se amosan os datos na túa folla de cálculo. Para abrir o menú completo de opcións, selecciona unha cela ou un conxunto de celas, e emprega unha das dúas seguintes opcións:

  • Ctrl + 1 (atallo de teclado).
  • Botón dereito do rato → Formatar celas...

O formato de celas é moi útil, e ademais pode facer a túa folla de cálculo moito máis atractiva. Podes escoller entre distintas opcións do formato:

Números

Imaxe do menú formato de celas - números

Este é o apartado máis interesante do formato se estás a traballar con datos numéricos, xa que permite modificar:

  • Categoría (número, porcentaxe, moeda...).
  • Formato (con ou sen punto para os miles, con ou sen decimais...).
  • Lugares decimais.

Na imaxe pódense ver algunhas iconas que poden modificar o formato numéricoCabe destacar que na barra de ferramentas hai iconas nas que se pode modificar o formato numérico, como se pode ver na imaxe superior. Pódese cambiar o formato a moeda, a porcentaxe, engadir decimais...

Tipo de letra

Imaxe do menú formato de celas - letra

Neste caso, podes modificar:

  • A familia da letra.
  • O estilo (estándar, grosa, cursiva ou cursiva grosa).
  • O tamaño.



Efectos do tipo de letra

Imaxe do menú formato de celas - efectos

Neste apartado, podes actuar sobre a letra da cela ou celas escollidas, modificando:

  • A cor da letra.
  • A decoración do texto: superliñado, riscado ou subliñado.
  • Outros efectos: relevo, contorno, sombra.



Aliñamento

Imaxe do menú formato de celas - aliñamento

Esta lapela permite distintas opcións relacionadas co aliñamento do texto, tanto horizontal como verticalmente.



Bordos

Imaxe do menú formato de celas - bordos

Neste caso, podes modificar as liñas que hai nos bordos, actuando sobre:

  • Disposición das liñas: podes decidir se se ven todos os bordos da cela, ningún ou uns si e outros non.
  • Liña: podes escoller o estilo, a cor e a largura das liñas que forman o bordo.
  • Recheo interior.
  • Estilo de sombra.



Fondo

Imaxe do menú formato de celas - fondo

Nesta lapela podes escoller algunha cor de fondo para as celas seleccionadas.



Protección de celas

Imaxe do menú formato de celas - protección

Activando a casa de "protexida" evitas modificacións accidentais.



Lectura facilitada

O formato de celas permite controlar como se amosan os datos na túa folla de cálculo.

Para abrir o menú de opcións, selecciona unha cela ou varias.

Despois tes 2 opcións:

  • Ctrl + 1 (atallo de teclado).
  • Botón dereito do rato  → Formatar celas...

O formato de celas é moi útil.

Ademais pode facer a túa folla de cálculo moito máis atractiva.

Podes escoller entre distintas opcións do formato:

Números

Imaxe do menú formato de celas - números

Este é o apartado máis interesante do formato para traballar con números.

Permite modificar:

  • Categoría (número, porcentaxe, moeda...).
  • Formato (con ou sen punto para os miles, con ou sen decimais...).
  • Lugares decimais.

Na imaxe pódense ver as algunas iconas que poden modificar o formato numéricoNa barra de ferramentas hai iconas nas que se pode modificar o formato. 

Podes velo na imaxe superior.

Pódese cambiar o formato para que sexa moeda, porcentaxe, ou data.

Tamén se poden engadir ou quitar decimais

Tipo de letra

Imaxe do menú formato de celas - letra

Neste apartado podes modificar:

  • O tipo de letra.
  • O estilo (estándar, grosa, cursiva ou cursiva grosa).
  • O tamaño.



Efectos do tipo de letra

Imaxe do menú formato de celas - efectos

Neste apartado podes actuar sobre a letra da cela ou celas escollidas.

Podes modificar:

  • A cor da letra.
  • A decoración do texto: superliñado, riscado ou subliñado.
  • Outros efectos: relevo, contorno, sombra.



Aliñamento

Imaxe do menú formato de celas - aliñamento

Esta lapela permite cambiar o aliñamento do texto.

Pódese facer co aliñamento horizontal

Podes axustar o texto á esquerda ou á dereita da cela.

Tamén podes centralo ou xustificalo.

Xustificar un texto significa axustalo de xeito que quede aliñado na esquerda e na dereita.

Tamén podes axustar o texto verticalmente na cela.

Podes axustalo á parte superior da cela, á parte inferior, ou deixalo centrado.



Bordos

Imaxe do menú formato de celas - bordos

Neste menú podes modificar as liñas que hai nos bordos.

Podes seleccionar que bordos se verán e cales non.

Tamén podes actuar sobre:

  • Liña: podes escoller o estilo, a cor e a largura das liñas que forman o bordo.
  • Recheo interior.
  • Estilo de sombra.



Fondo

Imaxe do menú formato de celas - fondo

Nesta lapela podes escoller algunha cor de fondo para as celas seleccionadas.



Protección de celas

Imaxe do menú formato de celas - protección

Activando a casa de "protexida" evitas modificacións accidentais.



Adestramento: Formato de celas

Abre a base de datos para os adestramentos (lembra que a descargaches ao principio da Fase 3) e gárdaa co nome "formato.ods".

A continuación, realiza as seguintes tarefas:

  1. Números: expresa as datas no formato DD/MM/YY (as dúas últimas cifras do ano).
  2. Tipo de letra: cambia o tipo de letra da primeira fila a outro tipo (por exemplo, Liberation Sans), letra grosa, e tamaño 14. Adapta o alto da fila e o ancho das columnas para que entren todas as letras.
  3. Efectos do tipo de letra: aplica unha cor diferente ás letras da primeira fila (por exemplo, azul claro). Engade contorno e sombra.
  4. Aliñamento: pon aliñamento horizontal centrado en todas as celas. Na primeira fila, pon unha altura de 1,50 cm, e pon o aliñamento centrado para toda a fila.
  5. Bordos: para os bordos exteriores e da primeira fila, pon bordos de cor negra e largura 1,50 pt. Para o resto dos bordos da táboa, pon bordos doutra cor, e tamaño 0,75 pt.
  6. Fondo: pon dúas cores de fondo, unha para a primeira fila e outra para o resto da táboa.
  7. O resultado deste adestramento debe estar gardado no arquivo "formato.ods".

Lectura facilitada

Abre a base de datos para os adestramentos.

Descargáchela ao principio da Fase 3 co nome de Adestramentos.ods.

Gárdaa co nome "formato.ods".

A continuación, realiza as seguintes tarefas:

  1. Números: expresa as datas no formato DD/MM/YY (as dúas últimas cifras do ano).
  2. Tipo de letra:
    • cambia o tipo de letra da primeira fila.
    • Pon, por exemplo, Liberation Sans.
    • Cambia a letra grosa e tamaño 14.
    • Axusta o alto da fila e o ancho das columnas para que entren todas as letras.
  3. Efectos do tipo de letra:
    • Aplica unha cor diferente ás letras da primeira fila (por exemplo, azul claro).
    • Engade contorno e sombra.
  4. Aliñamento:
    • Pon aliñamento horizontal centrado en todas as celas.
    • Na primeira fila, pon unha altura de 1,50 cm.
    • Pon o aliñamento vertical centrado para a primeira fila.
  5. Bordos:
    • Pon bordos de cor negra e largura 1,50 pt na parte exterior da táboa.
    • Usa o mesmo bordo para toda a primeira fila.
    • Para o resto dos bordos da táboa, pon bordos doutra cor, e tamaño 0,75 pt.
  6. Fondo:
    • Pon dúas cores de fondo.
    • Unha cor será para a primeira fila.
    • A outra para o resto da táboa.
  7. O resultado deste adestramento debes gardalo no arquivo "formato.ods".

Como quedaría?

Aquí podes ver unha mostra do resultado. Deberías obter un resultado similar.

Captura de pantalla do resultado da tarefa Adestramento - Formato de celas

Domina o básico

Antes de avanzar cara a tarefas máis complexas, é importante controlar varias accións esenciais nas follas de cálculo de LibreOffice Calc:

Crear novas follas

Podes ter varias follas de cálculo no mesmo ficheiro. Algo ideal para separar datos, cálculos ou resultados. Hai varias maneiras de inserir follas:

Na barra de menús: Folla → Inserir unha folla
Captura de pantalla do Menú folla de LibreOffice Calc
Captura do cadro inserir unha folla de Calc

Ao picar en "Inserir unha folla" ábrese un cadro no que se pode seleccionar a posición da nova folla ou modificar o seu nome. Tamén permite inserir máis dunha folla á vez.

No navegador de follas: premendo o botón +

Captura de pantalla do navegador de follas de LibreOffice Calc

Neste caso, engádese unha folla automaticamente. Facendo dobre clic sobre a folla pódeselle cambiar o nome. Tamén é posible movela, picando sobre a folla e desprazando o rato á dereita ou á esquerda (segundo se queira).

Picando co botón dereito do rato sobre unha folla
Captura do navegador de follas de LibreOffice Calc
Captura de pantalla do cadro inserir unha folla de LibreOffice Calc

Ao picar en "Inserir unha folla" ábrese un cadro no que se pode seleccionar a posición da nova folla ou modificar o seu nome. Tamén permite inserir máis dunha folla á vez.

Combinar e desunir celas

Isto é moi útil para títulos, cabeceiras e zonas que necesitan máis espazo.

Combinar: 

Primeiro seleccionas as celas que queres combinar ou unir. A continuación, tes dúas opcións para unilas:

Captura de pantalla do menú combinar celas de LibreOffice Calc
1. Desde o Menú Formato → Combinar e desunir celas.
Captura de pantalla do menú combinar celas de LibreOffice Calc
2. Picando co botón dereito do rato nas celas que queres unir.

Desunir:

Primeiro seleccionas as celas que queres desunir. A continuación, tes dúas opcións para separalas:

Captura de pantalla do menú desunir celas de LibreOffice Calc
1. Desde o Menú Formato → Combinar e desunir celas.
Captura de pantalla do menú desunir celas de LibreOffice Calc
2. Picando co botón dereito do rato nas celas que queres desunir.

Ordenar datos

Imaxe do menú para ordenar datos

Ordenar datos pode ser moi útil para traballar con táboas grandes, listaxes, resultados deportivos... Permite ordenar de maneira ascendente ou descendente segundo algunha clave, como pode ser de menor a maior tempo nunha proba deportiva.

  1. Selecciona toda a táboa.
  2. Datos → Ordenar.
  3. Elixe a columna na que queres aplicar o criterio de ordenación.

Filtrar datos

Imaxe dos encabezamentos dunha táboa onde se poden filtrar datos

O filtrado permite que dentro dunha táboa podamos escoller unha serie de datos que cumpran as condicións que queiramos, por exemplo, coller só os datos do xénero "Muller" nunha táboa con datos de homes e mulleres.

O único que hai que facer e ir no menú a Datos → Filtro automático, e quedará un despregable en cada columna no que podes escoller a columna na que queres facer o filtro.

Formato condicional

Imaxe do menú para o formato condicional

O formato condicional permite que as celas cambien automaticamente de aspecto (color, estilo...), segundo o valor que teñan, ou segundo calquera condición que queiramos introducir:

  1. Selecciona as celas nas que queiras introducir o formato condicional.
  2. Formato → Condicional.
  3. Elixe as distintas condicións que queiras introducir, e o estilo que se vai aplicar se se cumpre cada condición.

Arrastrar un valor a outras celas

Imaxe que mostra como arrastrar valores a outras celas

Para copiar o valor dunha cela a outras contiguas:

  1. Activa a cela orixe (a que contén o dato que queres copiar).
  2. Sitúate na esquina inferior dereita ata que vexas o símbolo "+".
  3. Pulsa a tecla Ctrl do teu teclado e mantena pulsada ata que termines de copiar os valores.
  4. Preme no símbolo "+" e desprázate tantas celas como queiras encher co valor orixinal.

Lectura facilitada

É importante controlar varias accións esenciais nas follas de cálculo de LibreOffice Calc.

Despois poderás facer tarefas máis complexas.

Crear novas follas

Podes ter varias follas de cálculo no mesmo ficheiro.

Isto é algo ideal para separar datos, cálculos ou resultados.

Hai varias maneiras de inserir follas:

Na barra de menús: Folla → Inserir unha folla
Captura de pantalla do Menú folla de LibreOffice Calc
Captura do cadro inserir unha folla de Calc

Ao picar en "Inserir unha folla" ábrese un cadro.

Nel pódese seleccionar a posición da nova folla e modificar o seu nome.

Tamén permite inserir máis dunha folla á vez.

No navegador de follas: premendo o botón +

Captura de pantalla do navegador de follas de LibreOffice Calc

Neste caso, engádese unha folla de forma automática.

Facendo dobre clic sobre a folla pódeselle cambiar o nome.

Tamén é posible movela. Para iso hai que picar sobre a folla e mover o rato á dereita ou á esquerda (segundo se queira).

Picando co botón dereito do rato sobre unha folla
Captura do navegador de follas de LibreOffice Calc
Captura de pantalla do cadro inserir unha folla de LibreOffice Calc

Ao picar en "Inserir unha folla" ábrese un cadro.

Nel pódese seleccionar a posición da nova folla ou modificar o seu nome.

Tamén permite inserir máis dunha folla á vez.

Combinar e desunir celas

Isto é moi útil para títulos, cabeceiras e zonas que necesitan máis espazo.

Combinar: 

Primeiro seleccionas as celas que queres combinar ou unir.

A continuación, tes dúas opcións para unilas:

Captura de pantalla do menú combinar celas de LibreOffice Calc
1. Desde o Menú Formato → Combinar e desunir celas.
Captura de pantalla do menú combinar celas de LibreOffice Calc
2. Picando co botón dereito do rato nas celas que queres unir.

Desunir:

Primeiro seleccionas as celas que queres desunir.

A continuación, tes dúas opcións para separalas:

Captura de pantalla do menú desunir celas de LibreOffice Calc
1. Desde o Menú Formato → Combinar e desunir celas.
Captura de pantalla do menú desunir celas de LibreOffice Calc
2. Picando co botón dereito do rato nas celas que queres desunir.

Ordenar datos

Imaxe do menú para ordenar datos

Ordenar datos pode ser moi útil para traballar con táboas grandes.

Por exemplo, listaxes, resultados deportivos...

Permite ordenar de maneira ascendente ou descendente segundo algunha clave.

Por exemplo, de menor tempo a maior tempo nunha proba deportiva.

Segue estes pasos:

  1. Selecciona toda a táboa.
  2. Datos → Ordenar.
  3. Elixe a columna na que queres aplicar o criterio de ordenación.
  4. Decide se queres ordenalos en orde ascendente ou descendente. Marca a casa correspondente.

Filtrar datos

Imaxe dos encabezamentos dunha táboa onde se poden filtrar datos

O filtrado permite seleccionar os datos que cumpran unha condición.

Dentro dunha táboa podes escoller os datos que cumpran as condicións que queiras.

Por exemplo, coller só os datos do xénero "Muller" nunha táboa con datos de homes e mulleres.

O único que hai que facer e ir no menú a Datos → Filtro automático.

Quedará un despregable en cada columna da táboa.

Podes escoller a columna na que queres facer o filtro facendo clic.

Formato condicional

Imaxe do menú para o formato condicional

O formato condicional permite que as celas cambien de xeito automático o seu aspecto (color, estilo...).

Para que se realice ese cambio automático tes que introducir unha condición na cela.

Os pasos son os seguintes:

  1. Selecciona as celas nas que queiras introducir o formato condicional.
  2. Formato → Condicional.
  3. Elixe as distintas condicións que queiras introducir.
  4. Escolle o estilo que se vai aplicar cando se cumpra cada condición.

Arrastrar un valor a outras celas

Imaxe que mostra como arrastrar valores a outras celas

Para copiar o valor dunha cela a outras contiguas:

  1. Activa a cela orixe (a que contén o dato que queres copiar).
  2. Sitúate na esquina inferior dereita ata que vexas o símbolo "+".
  3. Pulsa a tecla Ctrl do teu teclado. Mantena pulsada ata que termines de copiar os valores.
  4. Preme no símbolo "+" e desprázate tantas celas como queiras encher co valor orixinal.

Adestramento: Domina o básico

Abre base de datos para os adestramentos (lembra que a descargaches ao principio da Fase 3) e gárdaa co nome "basico.ods"

A continuación, realiza as seguintes tarefas:

  1. Crear novas follas: crea unha nova folla que sexa unha copia da Folla 1. Noméaa co nome que escollas.
  2. Combinar celas: engade unha fila enriba da fila 1. Pon o texto "Clasificación dos 100 metros lisos de mulleres", ou "Clasificación dos 100 metros lisos de homes". Combina todas as celas da nova fila 1 entre o A e o H. Pon o texto desta fila 1 en letra grosa, tamaño 16, e dálle á fila unha altura adecuada.
  3. Ordenar datos: ordena os datos en función do intento 1, en orde ascendente (de menor a maior).
  4. Filtrar datos: filtra os datos co filtro automático para que só aparezan os datos de homes ou de mulleres, como prefiras.
  5. O resultado deste adestramento debe estar gardado no arquivo "basico.ods".

Lectura facilitada

Abre base de datos para os adestramentos.

Xa a descargaches ao principio da Fase 3.

Gárdaa co nome "basico.ods".

A continuación, realiza as seguintes tarefas:

  1. Crear novas follas:
    • Crea unha nova folla que sexa unha copia da Folla 1.
    • Noméaa co nome que escollas.
  2. Combinar celas:
    • Engade unha fila enriba da fila 1.
    • Pon o texto "Clasificación dos 100 metros lisos de mulleres", ou "Clasificación dos 100 metros lisos de homes".
    • Combina todas as celas da nova fila 1 entre o A e o H.
    • Pon o texto desta fila 1 en letra grosa.
    • Cambia o tamaño de letra a 16.
    • Dálle á fila unha altura adecuada.
  3. Ordenar datos:
    • Ordena os datos en función do intento 1.
    • Selecciona en orde ascendente (de menor a maior).
  4. Filtrar datos:
    • Filtra os datos co filtro automático para que só aparezan os datos de homes ou de mulleres.
    • Escolle o que prefiras.
  5. O resultado deste adestramento debe estar gardado no arquivo "basico.ods".

Como quedaría?

Aquí podes ver unha mostra do resultado. Debes chegar a algo similar.

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Adestramento - Domina o básico

Audio

Páxina 8 de 27

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)