Olimpíada de datos
O concello no que vivides está a organizar unhas competicións de atletismo autonómicas para as categorías infantil, cadete e júnior ás que asistirán deportistas de toda Galicia. Estas competicións traerán á vila a centos de deportistas. Para asegurar o éxito destas competicións precisan axuda no tratamento dos datos dos deportistas, das competicións nas que participan, das marcas que acadarán en cada proba, etc.
O voso reto consiste en facer o mantemento, a xestión e o tratamento dos datos dos participantes e dos resultados acadados nas diferentes probas, e tamén elaborar informes e gráficos que permitan aos organizadores e ao concello obter información detallada sobre o desenvolvemento destas competicións.
Lectura facilitada
O concello está a organizar unhas competicións de atletismo autonómicas.
Participan deportistas de todas Galicia nas categorías infantil, cadete e júnior.
O concello precisa axuda para que as competicións sexan un éxito.
O reto consiste na xestión e tratamento dos datos dos participantes e dos resultados acadados en cada proba.
Tamén debedes elaborar informes e gráficos para a organización e o concello coa información máis importante destas competicións.
Audio
Apoio visual

Que pasos tedes que seguir?
1. Recepción de datos
O concello proporcionaravos unha base de datos con todos os rexistros persoais dos deportistas, a categoría á que pertencen, as probas nas que participaron e os resultados acadados en cada unha delas.
2. Formación de grupos e repartición do traballo
Para facilitar o tratamento dun volume de datos tan grande, traballaredes en grupos de 3 estudantes. Cada membro do grupo será o encargado da xestión e tratamento dos datos dunha das categorías: infantil, cadete ou júnior. Tamén será o encargado de elaborar os informes e gráficos coa información máis relevante para esa categoría.
3. Preparación do terreo
Antes de comezar a traballar coa base de datos, teredes que extraer os rexistros que fan referencia á categoría que cada membro do grupo escolleu no paso anterior.
4. Traballo cos datos
Organizaredes e filtraredes os datos, realizaredes cálculos, aplicaredes funcións e presentaredes informes e gráficos.
5. Posta en común dos datos e resultados
Xuntaredes as análises de cada membro do grupo nun único documento para facer valoracións conxuntas.
6. Conclusións
En grupo elaborades un informe final no que recolledes as conclusións do voso traballo para compartilas co resto da clase.
Lectura facilitada
Que pasos tedes que seguir?
1º) Recepción de datos.
O profesorado entrégavos unha folla de cálculos con todos os datos persoais dos deportistas.
2º) Formación de grupos e reparto do traballo.
Traballaredes en grupos de 3 estudantes e repartiredes o traballo.
Cada membro do grupo encárgase da xestión e tratamento dos datos dunha categoría.
3º) Preparación do terreo.
Extraer da folla de cálculo os datos que fan referencia á categoría que escolliches no paso anterior.
4º) Traballo cos datos.
Organizar e filtrar os datos.
Facer cálculos e aplicar funcións.
Presentar a información en informes e gráficos.
5º) Posta en común de datos e resultados.
Xuntar as análises de cada membro do grupo nun único documento para facer valoracións conxuntas.
6º) Conclusións.
En grupo, elaborar un documento de texto ou unha presentación das conclusións do voso traballo para compartilas co resto da clase.
