4.3. Cociñando por partes

A cociñar imaxes

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo
Nenas e nenos en grupos executando diferentes tarefas

Chega o momento de cociñar:

  • Repartide o traballo dentro do equipo, decidide quen se encarga de cada fotograma e quen se encargará de unir finalmente.
  • Seleccionade a ferramenta dixital máis axeitada en cada momento.
  • Traballade con coidado, editade, recortade e unide os elementos ata conseguir un resultado final equilibrado, no que todas as partes encaixen.
  • Mentres avanzades, comprobade a coherencia co traballo do voso equipo.
  • Unha vez rematados os fotogramas individuais poñédevos de acordo no tempo de cada fotograma e probade a animación.

Lectura facilitada

Duración: 2 sesións Agrupamento: Pequeno grupo

Agora comeza o traballo práctico:

  • Repartide as tarefas do equipo.
  • Cada persoa fai un fotograma.
  • Unha persoa encárgase de unir todo.
  • Escollede a ferramenta dixital axeitada.
  • Editade e recortade as imaxes con coidado.
  • Unide os elementos ata equilibrar o cartel.
  • Comprobade que todo encaixa co traballo do grupo.
  • Decidide o tempo de cada fotograma.
  • Probade a animación final.

Páxina 18 de 23

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)