3. Cultivar os ingredientes

Preparando o terreo

Grupo de alumnas e alumnos preparando un traballoVaia repaso acabas de facer!

A fase 2 serviuche para lembrar moitas cousas que empregarás no deseño do cartel do alimento típico da túa zona. Agora precisas subir un chanzo máis e aprender sobre os formatos de documentos de imaxe dixital, as paletas de cores, os tipos de letras que se poden empregar nos títulos, e todo isto sen esquecer a organización dos teus ficheiros, tal e como aprendiches na fase anterior.

Antes de poñerte mans á obra co reto, é necesario que fagas un percorrido polas seguintes partes.

En primeiro lugar, vas descubrir a importancia da cor cando observas un cartel, unha imaxe ou un produto. Ademais, aprenderás a escoller a cor máis adecuada para cada ocasión.

Despois, vas empregar un programa de deseño que che permita recortar imaxes, modificar cores, engadir texto e traballar con capas para poder cambiar só as partes que che interesen dunha imaxe.

No caso das letras, traballarás cunha ferramenta que tamén che permita ampliar ou reducir imaxes sen perder calidade. Seguro que xa tes en mente algún dos deseños tipográficos que coñeciches na Fase 1!

Lectura facilitada

Fixeches un bo repaso.

Agora toca avanzar.

Vas aprender sobre cores.

Vas aprender sobre formatos de imaxe.

Vas aprender sobre tipos de letras.

Vas usar programas de deseño.

Cal será a túa estratexia?

Para realizar o deseño do cartel vas centrarte en tres aspectos fundamentais:

  1. Comprenderás como funcionan as cores no ámbito dixital e como escoller aquelas que mellor se adapten ao traballo que queiras realizar.
  2. Aprenderás a editar imaxes en mapa de bits con GIMP, empregando capas e ferramentas básicas para modificar e axustar os elementos visuais.
  3. Formaraste no retoque de imaxes vectoriais coa ferramenta Inkscape.

O obxectivo é que, ao finalizar este bloque, sexas quen de utilizar estas ferramentas de maneira eficaz para facer o deseño do cartel. Esfórzate para recoller bos froitos!

Lectura facilitada

Para deseñar o cartel terás en conta tres aspectos.

  1. Aprenderás a usar as cores dixitais.
  2. Aprenderás a editar imaxes con GIMP.
  3. Aprenderás a traballar con imaxes vectoriais en Inkscape.

O obxectivo é usar estas ferramentas para crear o cartel.

Páxina 10 de 23

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)