2. Preparar a mesa

Que sabedes xa?

Imaxe decorativa que amosa un gato bailando claqué encima dun teclado de ordenadorAntes de comezar a crear as vosas propias imaxes, ides facer unha pequena parada para repasar algúns conceptos básicos que todo bo deseñador ou deseñadora debe coñecer.

Na Internet hai moitísimas imaxes dispoñibles, pero non todas se poden usar libremente. Distinguiredes cales son adecuadas e como escoller aquelas que se poden empregar con seguridade e respecto pola autoría.

Tamén veredes que, cando se pasa unha imaxe real a formato dixital, pode gardarse de moitas formas diferentes. Aprenderedes a distinguir os tipos de imaxe segundo a extensión e a súa finalidade.

Por último, repasaredes algúns consellos prácticos para manter a orde nos vosos proxectos de deseño, como gardar ben os ficheiros, identificar o último que modificastes e anotar sempre a súa autoría.

Ser persoas ordenadas e responsables é parte do traballo das persoas deseñadoras, e tamén é o que fará que os vosos proxectos sexan profesionais.

Lectura facilitada

Antes de crear imaxes, imos repasar algúns conceptos básicos.

Non todas as imaxes de Internet se poden usar.

As imaxes dixitais teñen formatos diferentes.

É importante traballar de forma ordenada.

Isto axuda a facer proxectos mellores.

Páxina 5 de 23

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)