Formato creado cun programa libre que se pode copiar, distribuír e modificar libremente.
Exemplo:
O formato .png é un formato libre mentres que o .jpeg é privativo.
Píxel
Definición:
É a unidade máis pequena dunha imaxe dixital que garda información da súa cor.
Exemplo:
Esta imaxe está debuxada por píxeles.
Non é calquera imaxe
Nos teus traballos escolares seguro que xa utilizaches moitas imaxes, pero non todas as que atopamos en Internet son iguais. Cada imaxe ten unhas características que é importante coñecer antes de empezar a deseñar o noso cartel. Para que o resultado sexa atractivo, a imaxe debe verse clara, nítida e ben integrada co texto. Por iso, é necesario fixarse en dúas cuestións principais: o formato e a resolución da imaxe.
Formato
O formato da imaxe é o tipo de ficheiro no que está gardada. Podes recoñecelo polas tres letras que aparecen ao final do nome, despois do punto (por exemplo: .jpg, .png, .svg). O formato indícanos se a imaxe é vectorial ou por puntos e se o fondo é transparente ou non. Cando queremos facer un cartel, é importante escoller ben o formato, porque determina se a imaxe se pode editar facilmente, se se verá ben impresa e se se poderá combinar con outras imaxes sen que apareza un fondo branco que rompa o deseño.
Os principais formatos que vas atopar son:
Formato .jpeg ou .jpg
É o máis común para as fotografías que atopamos en Internet. Utilízase porque comprime a imaxe e ocupa pouco espazo, pero esa compresión tamén pode facer que perda algo de calidade. É importante lembrar que non admite transparencia, polo que sempre terá un fondo rectangular.
queixo.jpg
Formato .png
É un formato libre e moi utilizado en debuxos, logotipos e composicións gráficas, xa que permite gardar a transparencia do fondo. Isto resulta moi útil cando queres colocar a imaxe sobre outra sen que apareza un cadrado branco arredor.
queixo.png
Formato .svg
O formato .svg indica que a imaxe é vectorial, é dicir, está creada mediante liñas e formas definidas por algoritmos matemáticos e non por píxeles. Isto significa que podes ampliar o seu tamaño todo o que queiras sen que perda calidade e ademais podes editala por partes.
queixo.svg
Resolución
A resolución da imaxe refírese ao número de píxeles que a compoñen. Canto maior sexa a resolución, máis nítida e detallada se verá a imaxe, e tamén máis se poderá ampliar sen perder calidade. Para facer un cartel, debemos escoller imaxes con alta resolución, xa que as imaxes pequenas ou de baixa calidade vólvense borrosas ou pixeladas cando as editamos e modificamos.
Preme nos seguintes exemplos e observa a resolución de cada imaxe.
Imaxe en baixa resolución
400 píxeles x 323 píxeles
Imaxe en resolución media
800 píxeles x 647 píxeles
Imaxe en alta resolución
2000 píxeles x 1617 píxeles
Lectura facilitada
Non todas as imaxes de Internet son iguais.
Para que un cartel quede ben, a imaxe debe verse clara.
Hai dúas cousas importantes nunha imaxe: o formato e a resolución.
Formato
O formato é o tipo de ficheiro da imaxe.
O formato indícase nas letras do final do nome, como .jpg, .png ou .svg.
.jpg
Úsase en fotografías.
Non ten fondo transparente.
queixo.jpg
.png
Permite fondo transparente.
É moi útil en carteis.
queixo.png
.svg
Pódese ampliar sen perder calidade.
queixo.svg
Resolución
A resolución indica cantos píxeles ten unha imaxe. Canta máis resolución, mellor se ve.
Baixa resolución
400 × 323 píxeles
Resolución media
800 × 647 píxeles
Alta resolución
2000 × 1617 píxeles
Audio
Formato e resolución
Perfecto! Agora xa podes continuar coa seguinte sección.
Completa o texto arrastrando as palabras que faltan para repasar o que é o formato e a resolución dunha imaxe dixital.
O formato .svg é un formato @@vectorial@@, o que significa que podes ampliar a imaxe sen perder @@calidade@@. O formato .png permite gardar a @@transparencia@@ do fondo, polo que é moi útil para facer carteis. O formato .jpg é o máis usado nas @@fotografías@@, pero nunca ten @@transparencia@@. A resolución dunha imaxe é o número de @@píxeles@@ que ten: canto maior sexa, mellor se verá a @@imaxe@@.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Primeiras achegas
Busca en Internet e descarga ficheiros coas seguintes características:
Unha imaxe de patacas con fondo transparente e resolución maior de 1500 x 1500 píxeles.
Unha imaxe de patacas vectorial.
Unha imaxe de patacas con fondo branco (non transparente) e resolución maior de 1500 x 1500 píxeles.
Para facer este traballo, emprega imaxes obtidas de:
Wikipedia: imaxes con diferentes licencias Creative Commons.
Openclipart: ten unha colección de imaxes de Dominio Público.
Lectura facilitada
Busca en Internet e descarga estas imaxes:
Patacas con fondo transparente e tamaño maior de 1500 × 1500 píxeles.
Patacas en formato vectorial.
Patacas con fondo branco e tamaño maior de 1500 × 1500 píxeles.