Glosario
Cartafol
-
Definición:
-
Nun ordenador, un cartafol é un espazo virtual onde se gardan e organizan os ficheiros.
-
Exemplo:
-
Gardei o traballo nun ficheiro chamado traballo.png dentro do cartafol “Educación Dixital”.
Definición:
Nun ordenador, un cartafol é un espazo virtual onde se gardan e organizan os ficheiros.
Exemplo:
Gardei o traballo nun ficheiro chamado traballo.png dentro do cartafol “Educación Dixital”.
Antes de comezar a descargar imaxes e crear documentos, é importante seguir uns pasos que axuden a mantelos en orde. Se non os colocas con claridade desde o inicio, logo custarache atopar as imaxes cando as precises para o cartel ou para avanzar no proxecto.
Para manter a orde, debes crear cartafoles específicos e poñer nomes claros aos ficheiros. Así saberás sempre onde está cada cousa e evitarás perder tempo buscando.
Cando no futuro empeces a crear as túas propias imaxes ou documentos, tamén deberás gardalos seguindo esta mesma estrutura. Ademais deberás nomear axeitadamente os teus ficheiros para poder identificalos rapidamente.
Antes de descargar imaxes e crear documentos, segue uns pasos para ter todo en orde.
Se organizas mal desde o inicio, despois custa atopar as imaxes para o cartel.
Crea cartafoles e pon nomes claros aos ficheiros. Así atopas todo máis rápido.
Garda tamén as túas imaxes e documentos novos coa mesma estrutura. Ponlles un nome claro para identificalos ao momento.
Cando traballades en grupo é importante que todas as persoas garden os ficheiros seguindo o mesmo criterio de nomes. Así é máis fácil compartir, revisar e unir o traballo final.
Nomea sempre os teus ficheiros seguindo estes consellos:
O nome do ficheiro debe estar relacionado coa imaxe que contén e non levar acentos nin espazos en branco. Aínda que o teu sistema operativo che permita poñer acentos e espazos non é un bo costume pois pode dar problemas de compatibilidade.
.png)
Numera as versións do teu documento de maneira que saibas sempre cal é a última versión e teñas tamén copias de versións anteriores ás que poidas querer volver.

Para manter os teus datos seguros é esencial crear sempre unha copia de seguridade dos teus ficheiros. Lembra que todo o que gardas no ordenador depende dese dispositivo, e calquera erro pode facer que perdas o teu traballo.
Para evitalo, sigue unha rutina sinxela: ao final de cada clase comprime o teu cartafol e súbeo á aula virtual. Para comprimilo, só tes que abrir o menú contextual do cartafol e elixir a opción “comprimir”, tal e como se amosa na imaxe.
Se aínda non tes un espazo habilitado na aula virtual, pídelle á persoa docente que o active para poder gardar alí as túas copias con seguridade.
Se traballades en grupo, usade os mesmos nomes. Así é máis doado compartir e xuntar o traballo.
O cartafol principal leva o nome do proxecto e do grupo. Por exemplo:
Sigue estes consellos para poñer nomes:
O nome describe o que hai na imaxe. Non uses acentos nin espazos.
.png)
Se tes varias versións, engade un número. Así sabes cal é a última.

Fai unha copia de seguridade para non perder o traballo.
Un fallo no ordenador pode borrar os teus ficheiros.
Ao final de cada clase, comprime o teu cartafol e súbeo á aula virtual.
Para comprimir un cartafol, abre o menú do cartafol e escolle “comprimir”.
Se non tes espazo na aula virtual, pídelle á persoa docente que o active.
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Agora que xa sabes como debes nomear os ficheiros, reúnete co teu grupo e acorda unha terminoloxía común para os cartafoles que ides empregar e para os carteis que deseñaredes.
Crea no teu ordenador os cartafoles co nome que o teu grupo acordou.
Reúnete co teu grupo.
Acordade os mesmos nomes para cartafoles e carteis.
Crea no teu ordenador eses cartafoles.
Páxina 6 de 23
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0