Glosario
Consumo sostible
-
Definición:
-
Mercar obxectos e alimentos tendo en conta criterios medioambientais.
-
Exemplo:
-
O consumo sostible axuda a deter o cambio climático.
Definición:
Mercar obxectos e alimentos tendo en conta criterios medioambientais.
Exemplo:
O consumo sostible axuda a deter o cambio climático.
Nos últimos anos, moitos produtos que compramos viaxan miles de quilómetros antes de chegar ás nosas mans. Iso fai que se consuma máis enerxía no transporte, que se xeren máis emisións contaminantes e que non se saiba nada sobre as condicións das persoas que os producen nin sobre se se cultivan ou elaboran de maneira sostible.
Mentres tanto, preto de nós, hai persoas que traballan o campo, o mar ou o gando e producen alimentos de gran calidade que ás veces non reciben o recoñecemento que merecen.
Por sorte, existe unha ferramenta que pode servir para facer visibles os alimentos galegos, poñer en valor o traballo das persoas que os producen e animar a xente a que aposte polo consumo local e sostible. Esa ferramenta é a publicidade.
Serías quen de publicitar un produto da túa contorna? Como o presentarías para que esperte interese e chegue ao público? É o momento de poñer a creatividade en marcha e demostrar que un bo deseño tamén pode vender o sabor de Galicia. Atréveste?

Moitos produtos viaxan moito e iso contamina máis.
Moitas veces non sabemos como se producen eses alimentos.
En Galicia prodúcense alimentos de gran calidade preto de nós.
A publicidade serve para dar a coñecer os alimentos galegos.
A publicidade pode animar ao consumo local e sostible.
Vas crear un deseño para presentar un produto da túa contorna.
Ao longo deste recurso aprenderás a:
Neste recurso aprenderás a facer estas cousas:
Páxina 2 de 23
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0