Malware

 

Glosario

Firewall

Pictograma ARASAAC dun ordenador con diferentes símbolos de ciberseguridade

Definición:

Ferramenta de seguridade que controla o tráfico de datos entre redes, permitindo ou bloqueando conexións segundo unhas regras establecidas.

Exemplo:

O firewall do centro bloquea conexións sospeitosas para evitar accesos non autorizados á rede.

Firmware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador amosando un programa

Definición:

É o software básico que está integrado no hardware dun dispositivo e que permite que funcione correctamente.

Exemplo:

Actualizar o firmware do encamiñador mellora o seu funcionamento e pode corrixir fallos de seguridade.

Que é o "malware"?

O malware é todo aquel programa deseñado para infiltrarse nun sistema informático sen o consentimento da persoa usuaria e executar accións maliciosas como causar danos, roubar información, bloquear ficheiros, alterar o funcionamento ou controlar o dispositivo con fins ilícitos.

Desliza o rato por enriba das imaxes para descubrir os tipos de malware agachados en cada categoría. Ten en conta que, aínda que aparezan separados, na túa futura investigación poden entrelazarse os diferentes tipos entre si.

Lectura facilitada

O malware é un programa malicioso.

Entra nun dispositivo sen permiso da persoa usuaria.

Este tipo de programa pode:

  • Causar danos no sistema.
  • Roubar información.
  • Bloquear ficheiros.
  • Cambiar o funcionamento do dispositivo.
  • Controlar o equipo sen permiso.

Desliza o rato por enriba das imaxes para ver os tipos de malware.

Ten en conta algo importante:

  • Os tipos de malware aparecen separados.
  • Pero na realidade poden aparecer xuntos.
  • Nun mesmo ataque poden combinarse varios tipos.

"Malware" que causa dano e se propaga

Dentro dos diferentes tipos de malware, existe un grupo que, ademais de afectar ao funcionamento do dispositivo, ten a capacidade de espallarse e infectar outros sistemas. As principais consecuencias deste tipo de malware son, ademais do mal funcionamento do equipo, a perda de información e a expansión a outros dispositivos ou sistemas. 

Entre o malware con capacidade de propagación e infección destacan:

Virus

Un virus informático é un tipo de malware que precisa inserirse nun ficheiro ou programa para propagarse. Polo tanto, non funciona de xeito autónomo, sendo preciso que a persoa usuaria abra, execute ou active o programa ou o contido do ficheiro infectado. 

Os virus informáticos poden modificar, corromper ou alterar o comportamento dos arquivos infectados, así como do propio equipo.

Preme nas iconas para ver os problemas máis habituais que ocasionan os virus no hardware e software do equipo:

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Vermes

Un verme informático é un tipo de malware que é capaz de reproducirse e propagarse por si mesmo. A diferenza dos virus, non precisan inserirse nun ficheiro nin que a persoa usuaria o execute, pois é quen de espallarse de xeito autónomo a través de redes ou sistemas conectados. 

Os vermes poden explorar vulnerabilidades do sistema operativo, do software ou da rede e ser quen de abrir portas traseiras ou desactivar protección. A continuación, podes premer nas iconas para ver os problemas máis habituais que ocasionan os vermes no hardware e software do equipo:

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Lectura facilitada

Dentro dos tipos de malware, hai un grupo especial.

Este grupo non só afecta ao dispositivo.

Tamén pode espallarse e infectar outros equipos.

As consecuencias principais deste tipo de malware son:

  • Mal funcionamento do equipo.
  • Perda de información.
  • Propagación a outros dispositivos ou sistemas.

Entre os tipos de malware que se espallan destacan:

Virus

Un virus informático é un tipo de malware.

Precisa meterse nun ficheiro ou nun programa para propagarse.

Non funciona só.

Para activarse, a persoa usuaria ten que abrir ou executar o arquivo infectado.

Os virus poden:

  • Modificar arquivos.
  • Corromper arquivos.
  • Cambiar o funcionamento do equipo.

Preme para ver os problemas máis habituais que ocasionan os virus no hardware e software do equipo:

Hardware

Software

Vermes

Un verme informático é un tipo de malware.

Pode reproducirse e propagarse por si mesmo.

A diferenza dos virus, non precisa entrar nun ficheiro.

Tampouco necesita que a persoa usuaria o execute.

Espállase só por redes e sistemas conectados.

Os vermes poden:

  • Aproveitar fallos do sistema operativo.
  • Aproveitar erros no software.
  • Aproveitar problemas da rede.
  • Abrir portas traseiras.
  • Desactivar proteccións.

A continuación, podes premer nas iconas para ver os problemas máis habituais que ocasionan os vermes no hardware e software do equipo:

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

"Malware" que espía

Non todo o malware provoca fallos visibles no dispositivo, pois hai ameazas que aparentemente pasan desapercibidas, pero o seu obxectivo é interceptar información da persoa usuaria e espiar a súa actividade sen levantar sospeitas. Trátase de software que actúa en segundo plano, recompilando datos sensibles da vítima, como credenciais ou información persoal que pode chegar ás persoas ciberdelincuentes. Esta información pode ser empregada posteriormente para cometer fraudes dixitais ou realizar suplantacións de identidade.

Dentro do grupo de malware centrado na espionaxe destacan:

Spyware

O spyware é un tipo de malware creado para espiar a actividade da persoa usuaria sen que esta se decate e, por suposto, sen o seu consentimento. O seu principal obxectivo é recompilar información persoal, como hábitos de navegación, credenciais de acceso ou datos sensibles. Pode rexistrar a actividade do dispositivo, monitorizar o uso de aplicacións ou enviar información a terceiras persoas, comprometendo gravemente a privacidade da persoa usuaria.

Este software malicioso adoita instalarse de xeito oculto xunto con outros programas ou mediante descargas enganosas. Pode funcionar en segundo plano, de xeito oculto, durante longos períodos de tempo.

Preme nas iconas para ver os problemas máis habituais que pode ocasionar o spyware no hardware e software do equipo:

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Keylogger

Un keylogger é un tipo de malware especializado en rexistrar as teclas que se premen nun dispositivo. Pode obter información sensible sen que a persoa usuaria o perciba co obxectivo de enviarlla á persoa ciberdelincuente. Céntrase en conseguir credenciais de acceso, contrasinais ou datos bancarios introducidos a través do teclado.

Pode funcionar de maneira oculta no sistema, almacenando a información rexistrada ou enviándoa a terceiras persoas, comprometendo a seguridade e privacidade da persoa usuaria.

Preme nas iconas para ver os problemas máis habituais que pode ocasionar un keylogger no hardware e software do equipo:

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Lectura facilitada

Non todo o malware fai que o dispositivo falle de forma visible.

Hai ameazas que pasan desapercibidas.

Algún malware ten o obxectivo é espiar á persoa usuaria.

Queren interceptar información sen levantar sospeitas.

Este tipo de software actúa en segundo plano.

Recollen datos sensibles, por exemplo:

  • Credenciais de acceso.
  • Información persoal.

Despois, esa información pode chegar ás persoas ciberdelincuentes.

Pode usarse para:

  • Cometer fraudes dixitais.
  • Suplantar a identidade da vítima.

Dentro do malware que espía, destacan estes tipos:

Spyware

O spyware é un tipo de malware.

Está creado para espiar a actividade da persoa usuaria.

Faino sen que a persoa se decate e sen o seu consentimento.

O seu obxectivo principal é recoller información persoal, como:

  • Hábitos de navegación.
  • Credenciais de acceso.
  • Datos sensibles.

O spyware pode:

  • Rexistrar a actividade do dispositivo.
  • Controlar o uso das aplicacións.
  • Enviar información a terceiras persoas.

Isto pode afectar gravemente a privacidade da persoa usuaria.

Este software malicioso adoita instalarse de forma oculta.

Moitas veces chega xunto con outros programas.

Outras veces entra por descargas enganosas.

Pode funcionar en segundo plano durante moito tempo.

Preme para ver os problemas máis habituais que pode ocasionar o spyware no hardware e software do equipo:

Hardware

Software

Keylogger

Un keylogger é un tipo de malware.

Está especializado en rexistrar as teclas que se premen nun dispositivo.

Pode conseguir información sensible sen que a persoa usuaria o note.

O seu obxectivo é enviar esa información á persoa ciberdelincuente.

Busca sobre todo:

  • Credenciais de acceso.
  • Contrasinais.
  • Datos bancarios escritos co teclado.

Pode funcionar de maneira oculta no sistema.

Pode gardar a información rexistrada.

Tamén pode enviala a terceiras persoas.

Isto compromete a seguridade e a privacidade da persoa usuaria.

Preme para ver os problemas máis habituais que pode ocasionar un keylogger no hardware e software do equipo:

Hardware

Software

Apoio visual

"Malware" que controla e secuestra

Existen ameazas informáticas que van máis alá de espiar ou propagarse e buscan tomar o control do dispositivo ou empregalo para algún beneficio. Nestes casos, a persoa usuaria perde total ou parcialmente o control do seu dispositivo sen ter coñecemento do que está a acontecer. Este control pode empregarse de diferentes xeitos, como a execución de accións sen autorización, o uso dos recursos do dispositivo para fins maliciosos ou o bloqueo da información almacenada.

As consecuencias poden ir desde un funcionamento anómalo do sistema ata a perda de acceso a ficheiros ou o uso indebido do dispositivo por parte de terceiras persoas.

Entre o malware que se caracteriza por controlar ou secuestrar o funcionamento do equipo cabe sinalar:

Malware que controla e secuestra

Pictograma ARASAAC dun cabaloTroianos

Un troiano é un tipo de malware que se presenta como software aparentemente lexítimo para enganar á persoa usuaria. Unha vez executado, pode abrir accesos non autorizados, descargar outros compoñentes maliciosos ou permitir o control remoto do dispositivo. Adoita chegar camuflado en instaladores, programas pirateados ou anexos e non ten a capacidade de replicarse por si mesmo. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware e no software.

Pictograma dun ordenador Hardware

Pantalla de ordenador que amosa un documento de texto aberto Software

Pictograma ARASAAC dun robotBotnet

Unha botnet é unha rede de dispositivos que foron previamente comprometidos e que quedaron baixo o control remoto dunha persoa atacante para executar accións coordinadas, como o envío masivo de spam, ataques distribuídos ou envío doutro malware. Pode pasar desapercibida durante bastante tempo, xa que o equipo segue funcionando mentres participa en actividades maliciosas en segundo plano. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware e no software.

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Pictograma ARASAAC no que se visualiza unha persoa que está secuestradaRansomware

O ransomware é un tipo de malware que cifra os ficheiros do dispositivo ou bloquea o acceso ao dispositivo coa finalidade de pedir un rescate económico. O seu impacto adoita ser inmediato e moi visible, especialmente cando afecta documentos. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware e no software.

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Pictograma ARASAAC de varias moedas de EuroCryptojacking

O cryptojacking consiste no uso non autorizado dun dispositivo para minar criptomoedas aproveitando a súa capacidade de procesamento. A diferenza doutras ameazas, non sempre busca roubar información nin bloquear o equipo, senón manterse o maior tempo posible consumindo recursos sen ser detectado. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware e no software.

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Pictograma ARASAAC no que se visualiza unha televisión con anunciosAdware

O adware mostra publicidade intrusiva, introduce redireccións ou altera a navegación para xerar ingresos por clics ou número de visualizacións. Adoita instalarse xunto con programas aparentemente lexítimos, extensións dubidosas ou paquetes gratuítos modificados. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware e no software.

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Pictograma ARASAAC onde se está tapando un obxecto cun pano vermelloRootkits

Os rootkits están deseñados para ocultar a presenza doutro malware e manter acceso privilexiado ao sistema ás persoas ciberdelincuentes sen seren detectadas. A súa perigosidade radica na capacidade de actuar a niveis moi profundos do sistema, alterando a visión que as ferramentas de seguridade teñen do equipo comprometido. Preme nas iconas para coñecer os principais problemas que poden ocasionar no hardware, no firmware e no software.

Pictograma ARASAAC dun ordenador de sobremesa Hardware e firmware

Pictograma ARASAAC dunha pantalla dun ordenador no que se observa un programa aberto Software

Lectura facilitada

Hai ameazas informáticas que buscan controlar o dispositivo.

Non só espían ou se espallan.

Estas ameazas poden:

  • Controlar o equipo sen permiso.
  • Usar os seus recursos.
  • Bloquear a información.

A persoa usuaria pode non decatarse do que pasa.

As consecuencias poden ser:

  • O equipo funciona mal.
  • Non se pode acceder aos ficheiros.
  • Outras persoas usan o dispositivo.

A continuación, tes exemplos deste tipo de malware:

Malware que controla e secuestra

 Troianos

Un troiano parece un programa seguro.

Un troiano é malware na realidade.

Cando se executa pode:

  • Abrir accesos sen permiso.
  • Descargar outros virus.
  • Permitir o control remoto.

Non se copia por si mesmo.

Adoita chegar en programas descargados ou correos.

Preme para ver os problemas no hardware e no software.

Hardware

Software

 Botnet

Unha botnet é un conxunto de equipos infectados.

Están controlados por unha persoa atacante.

Úsanse para:

  • Enviar spam.
  • Facer ataques.
  • Distribuír malware.

O equipo segue funcionando, pero está controlado.

Preme para ver os problemas no hardware e no software.

Hardware

Software

 Ransomware

O ransomware bloquea ficheiros ou o equipo.

Pide diñeiro para recuperalos.

Preme para ver os problemas no hardware e o software.

 Hardware

 Software

 Cryptojacking

Usa o equipo para minar criptomoedas.

Non pide permiso.

Preme para ver os problemas no hardware e o software.

 Hardware

 Software

 Adware

Mostra publicidade molesta.

Cambia a navegación.

Preme para ver os problemas no hardware e o software.

 Hardware

 Software

 Rootkits

Ocultan outros virus.

Permiten acceso oculto ao sistema.

Preme para ver os problemas no hardware e o software.

 Hardware e firmware

 Software

Como podes protexerte?

A prevención da infección por malware require combinar medidas técnicas co uso responsable dos dispositivos, pois a maioría das infeccións prodúcense por accións da propia persoa usuaria ou pola explotación de vulnerabilidades do sistema non corrixidas. A continuación, contas coas recomendacións fundamentais para reducir o risco de infección por malware

Lectura facilitada

Para evitar o malware, é importante ter coidado.

Hai que combinar:

  • Medidas técnicas.
  • Un bo uso dos dispositivos.

Moitos problemas ocorren por erros das persoas usuarias.

Outras pasan por fallos no sistema que non están actualizados.

A continuación, tes recomendacións importantes:

Caderno forense dixital

Duración: 15 minutos  Agrupamento: parellas

No terceiro capítulo do voso manual forense debedes recoller os tipos de malware que coñecedes cunha lista de indicios identificativos, así como o hardware e software que pode estar afectado. Debedes incluír:

Capítulo 3 do manual forense: malware

Pictograma dunha persoa cun texto debaixo ao que lle faltan as letrasNome do tipo de malware

Debedes incluír todos os tipos de malware analizados ata o momento, clasificados segundo os tres grupos vistos anteriormente.

Pictograma dunha lista con 5 elementosLista de indicios

Fixádevos en cada un dos casos anteriores e analizade que problemas pode ocasionar cada tipo de malware no hardware e software do equipo. Creade unha lista de comprobación para cada tipo de malware, a cal vos servirá como guía na investigación da seguinte fase.

Pictograma dun ordenador Hardware e software comprometido

Facede unha listaxe do hardware e software que pode estar comprometido nun equipo afectado por malware

Lectura facilitada

Duración: 15 minutos Agrupamento: parellas

No terceiro capítulo do voso manual forense ides traballar co malware.

Debedes identificar:

  • Os tipos de malware que coñecedes.
  • Os sinais para recoñecelos.
  • As partes do equipo poden estar afectadas.

Debedes incluír o seguinte:

Capítulo 3 do manual forense: malware

 Nome do tipo de malware

Incluíde todos os tipos de malware que vistes.

Organizádeos segundo os tres grupos traballados.

 Lista de indicios

Observade os exemplos anteriores.

Pensade que sinais indican a presenza de malware.

Analizade tamén que problemas pode causar.

Facede unha lista de comprobación para cada tipo.

Esta lista axudaravos na seguinte fase.

 Hardware e software comprometido

Indicade que partes do equipo poden verse afectadas.

Podedes incluír:

  • Hardware (CPU, memoria, cámara...).
  • Software (sistema operativo, aplicacións, contas...).

Facede unha listaxe xeral para todos os tipos de malware.

Páxina 20 de 29

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)