Congreso de Ciberseguridade
Chegou o momento de poñer en común os casos que resolvestes. Para iso, levaredes a cabo o primeiro Congreso de ciberseguridade do voso centro. Será unha sesión de "educACCIÓN" dixital intensa á que poderedes invitar a outras aulas ou persoas docentes que poidan estar interesadas nos coñecementos que ides compartir.
Prestade atención ás seguintes pautas para actuar como verdadeiros/as poñentes.
Lectura facilitada
Participaredes no primeiro Congreso de Ciberseguridade do voso centro.
Nel explicaredes os casos resoltos.
Será unha sesión de "educACCIÓN" dixital intensa.
Poderedes invitar a outras aulas ou persoas docentes.
Prestade atención ás seguintes pautas:
Audio
Congreso de Ciberseguridade
O guión
Preparade o guión da vosa exposición, é dicir, o que lle ides contar ao resto da clase.
Lembrade incluír:
- Unha breve introdución ao caso que vos tocou resolver.
- A explicación do proceso de resolución que aplicastes.
- As conclusións do grupo (medidas preventivas, ferramentas de diagnose a empregar no futuro...).
A exposición
Proxectade o produto visual que elaborastes e explicádello ao resto da clase.
Establecede ben a quenda de intervención de cada membro do equipo, xa que todas as persoas integrantes deben participar.
Podedes ter o voso informe forense dispoñible, pero tede en conta:
- Non leades todo o texto, explicade coas vosas palabras.
- Empregade o voso documento como apoio, non como guión completo.
- Falade cun volume adecuado, e mirade ao público durante a presentación.
- Escoitade con atención as preguntas ou comentarios que vos faga o público e respondédeas con solvencia. Recordade que, se non os usastes na resolución do caso, dispoñedes de dous comodíns por se algunha pregunta non sabedes ou preferides que a responda outra persoa.
A avaliación e reflexión final
Mentres que non estás a facer a túa intervención, debes valorar a do resto de equipos.
Para iso, emprega a rúbrica de coavaliación que atoparás máis abaixo.
A túa opinión é moi valiosa, así que fai valoracións obxectivas e construtivas.
Ao finalizar a exposición de todos os equipos, podedes facer unha mesa redonda a modo de reflexión grupal das conclusións obtidas deste congreso.
Lectura facilitada
Congreso de Ciberseguridade
O guión
Preparade o guión da vosa exposición.
O guión é o que lle ides contar ao resto da clase.
Lembrade incluír:
- Unha breve introdución ao caso que vos tocou resolver.
- A explicación do proceso de resolución que aplicastes.
- As conclusións do grupo (medidas preventivas, ferramentas de diagnose a empregar no futuro...).
A exposición
Proxectade o produto visual elaborado.
Explicádelle o produto visual ao resto da clase.
Establecede ben a quenda de intervención de cada membro do equipo.
Todas as persoas integrantes deben participar.
Podedes ter o voso informe forense dispoñible, pero tede en conta:
- Explicade coas vosas palabras.
- O documento é un apoio, non se le.
- Falade cun volume adecuado.
- Mirade ao público.
- Respondede as preguntas ou comentarios que vos faga o público
- Podedes empregar os comodíns non usados anteriormente.
- Os comodíns vos poden axudar a responder as preguntas que vos fagan.
A avaliación e reflexión final
Debes valorar a exposición do resto de equipos.
Emprega a rúbrica de coavaliación que atoparás máis abaixo.
Fai valoracións obxectivas e construtivas.
Ao final, reflexionade en grupo sobre o Congreso.

