Nos últimos días houbo varios problemas no centro educativo.
Algúns problemas afectaron aos dispositivos do profesorado.
Outros problemas afectaron á sala de profesorado.
A continuación, podes ver un resumo da situación.
Tamén se explican os distintos incidentes.
Situación actual
Nas últimas 72 horas:
- O profesor de Inglés perdeu o acceso á súa conta de traballo.
- A profesora de Francés soubo que hai un perfil falso co seu nome nunha rede social.
- Un ordenador da sala de profesorado funciona de forma estraña desde que se abriu un documento recibido por correo.
- Varias persoas docentes recibiron mensaxes sobre un trámite profesional supostamente pendente.
Todo indica que estes problemas poden estar relacionados entre si.
Problema 1: conta de correo dun profesor
O profesor de Inglés foi a unha xornada de formación do profesorado.
A xornada celebrouse o sábado na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Durante unha pausa, conectouse a unha rede wifi chamada "wifi_formacion_Profesorado".
Esa rede non pedía datos de acceso.
Nese momento aproveitou para mirar o correo corporativo e escribiu as súas credenciais:
Acceso ao correo corporativo
Correo electrónico
nome.apelidos@edu.xunta.gal
Contrasinal
••••••••••••
Acceder
Ao principio, puido entrar no correo con normalidade.
Horas despois, perdeu o acceso á súa conta @edu.xunta.gal.
Pero outras persoas do centro seguiron recibindo correos enviados desde esa conta durante a fin de semana.
O profesor está moi preocupado.
Usa esa conta para falar co resto do profesorado.
Por esa conta tamén recibe información da dirección e envía información das titorías do alumnado.
Problema 2: redes sociais dunha profesora
Ao día seguinte, a profesora de Francés recibiu avisos de varias familias por Abalar.
As familias dicían que había un perfil nunha rede social co seu nome.
Nese perfil publicábanse mensaxes ofensivas e comentarios inadecuados dirixidos ao alumnado.
Ao revisar a conta, obsérvase que:
- Usa unha foto real da profesora.
- Usa o seu nome e apelidos correctos.
- Di que é profesora de Francés.
- Indica o centro no que traballa.
- Comeza as publicacións con "Salut les amis!"
- Remata as publicacións con "On y va!".
Desde ese perfil tamén se envían mensaxes privadas ao alumnado.
Nesas mensaxes aparecen datos sobre:
- Situacións recentes da aula.
- Temas tratados por correo con outras persoas docentes.
- Temas sobre cualificacións.
A profesora di que ela non creou ese perfil.
Tampouco publicou esa información en ningún lugar.
Problema 3: ordenador compartido da sala de profesorado
O luns, o profesor de Matemáticas entrou no seu correo corporativo.
Alí viu unha mensaxe enviada o día anterior ás 10:14 horas.
A mensaxe parecía enviada pola profesora de Inglés.
O asunto era "Acta da reunión de avaliación".
Tiña un arquivo adxunto chamado "Acta_avaliacion_2T.docm".
Ao abrir o documento, o sistema pediu habilitar edición e contido para poder velo ben, pois tiña macros.
O profesor aceptou as opcións.
Pouco despois, o ordenador compartido da sala de profesorado empezou a funcionar de forma estraña:
- O navegador péchase e ábrese de novo sen que ninguén o use.
- Houbo inicios de sesión en contas do profesorado desde dispositivos descoñecidos.
- Algúns docentes din que se enviaron correos desde as súas contas sen escribilos eles.
- O equipo seguía intercambiando datos, aínda que non se estivese usando ningunha aplicación.
- Ás veces, a luz da cámara acéndese sen haber videoconferencia.
Ante esta situación, decidiron apagar o equipo e avisar do problema.
Problema 4: móbil de varias persoas docentes
Nas horas seguintes, varias persoas docentes recibiron mensaxes SMS personalizadas.
As mensaxes falaban dun trámite profesional supostamente pendente:
04/04/2026 · 19:12
Ola, [Nome da persoa docente], detectouse un erro na validación dos seus datos no XADE.
Revise a información no seguinte enlace para evitar a perda de acceso e introduza os seus datos urxentemente.
http://xestion-d0cente.gal
As persoas docentes din que a mensaxe leva o seu nome real.
Esa mensaxe só a recibiron as persoas afectadas polo problema anterior.
Todas elas tiñan posto o seu número de teléfono na firma do correo electrónico.