3. Centro de adestramento dixital

 

Glosario

Incidencia

Pictograma dunha bóla vermella rota.

Definición:

Problema inesperado que interrompe o funcionamento normal dun sistema informático ou dunha rede.

Exemplo:

Se estás traballando no teu portátil e o rato deixa de funcionar, estás ante unha incidencia informática.

Persoa usuaria

Imaxe na que unha persoa amosa unha bóla vermella

Definición:

Persoa que utiliza un sistema informático ou unha aplicación para realizar tarefas do seu día a día, como navegar por internet, redactar documentos ou xogar a videoxogos.

Exemplo:

A persoa que emprega Linux como sistema operativo no seu ordenador é unha persoa usuaria de Linux.

Adestramento técnico

Xa deches os primeiros pasos da misión, pero ningún tripulante sobe á nave sen adestrar antes, verdade? 

Ao longo desta fase farás unha serie de adestramentos que che permitirán mellorar os teus coñecementos técnicos para completar con éxito a misión. Imos aló!

Desliza o rato por enriba de cada imaxe para descubrir as partes do teu adestramento técnico: 

Lectura facilitada

Xa deches os primeiros pasos da misión.

Agora vas adestrar.

Os adestramentos permitiranche mellorar os teus coñecementos técnicos.

Estas son as partes do teu adestramento en coñecementos técnicos:

  • Hardware: compoñentes físicos que forman os dispositivos. 
  • Software: programas que fan funcionar o hardware. 
  • Ciberseguridade: técnicas que protexen os dispositivos e persoas usuarias dos ataques na rede.

Transcrición

Coñecementos técnicos:

  • Hardware: compoñentes físicos que forman os dispositivos.
  • Software: programas que fan funcionar o hardware.
  • Ciberseguridade: técnicas que protexen os dispositivos e persoas usuarias dos ataques na rede.

Plan de adestramento

Para que un adestramento sexa efectivo é necesario facer un plan. A continuación, podes ver o teu:

Plan de adestramento

Pictograma dun ordenador de sobremesaHardware

  • Coñecemento dos compoñentes do equipamento informático empregado na misión.
  • Identificación dos puntos febles do hardware.

Imaxe dun terminal de consolaSoftware

  • Análise do software que se empregará na misión.
  • Detección e resolución de fallos de software no sistema.

Imaxe dun hackerCiberseguridade

  • Formación sobre ciberataques e riscos de ciberseguridade.
  • Adestramento para a identificación dos principais sinais de alerta e a proposta de medidas preventivas.

Páxina 9 de 29

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)