Glosario
Conta regresiva
-
Definición:
-
É unha conta atrás, unha secuencia de contar atrás para indicar o tempo que queda antes de que ocorra un evento programado.
-
Exemplo:
-
A conta regresiva para o lanzamento comezou ás dez da mañá.
Dispositivo dixital
-
Definición:
-
Un dispositivo dixital é un aparello electrónico que funciona usando información en formato dixital, é dicir, datos que poden ser representados principalmente por números binarios (0 e 1).
-
Exemplo:
-
Hoxe en día, case todos usamos algún dispositivo dixital, como móbiles ou computadores, para comunicarnos ou buscar información.
Forense informático
-
Definición:
-
Persoa especialista en informática que se encarga de analizar e preservar datos dixitais para investigar delitos ou incidentes relacionados con computadoras e sistemas informáticos.
-
Exemplo:
-
A forense informática analizou a computadora e atopou probas de que un hacker puido roubar datos cun ciberataque.
