Evento de ciencia cidadá no que, nun período moi curto e intensivo, equipos de persoas percorren unha área concreta para rexistrar o maior número posible de especies vivas.
Exemplo:
Durante o bioblitz de aula, o alumnado de 1ºB documentou en Natusfera máis de 40 especies de plantas, fungos, protoctistas e bacterias.
Facendo ciencia
Neste reto de ciencia cidadá empregaremos a plataforma Natusfera para estudar bacterias, protoctistas, fungos e plantas nunha triple vertente práctica:
Crear e subir as nosas propias observacións, baseadas nos traballos xa realizados.
Verificar as observacións doutras persoas participantes, axudando a que acaden o grao de investigación.
Contribuír nun proxecto temático do centro cun obxectivo científico ou de conservación concreto.
De seguido, amósanse tres táboas que describen, paso a paso, cada unha destas modalidades de participación. O teu profesor ou profesora organizará os equipos e a participación dos mesmos nunha ou varias destas modalidades.
A
Creadores/as de entradas
A – Creadores/as de entradas
Paso
Acción
Detalles prácticos
1
Selección de material e/ou bioblitz
Revisar microxardín, intermareal, actividade clave de árboles e de plantas invasoras. Tamén se pode ampliar organizando un bioblitz na contorna do centro nunha sesión ou xornada.
2
Escolla de táxons
Elegir 3 organismos de cada un de 3 reinos distintos (non animais)
Documento con foto, datos de xeoposicionamento, taxón determinado máis próximo á especie.
5
Revisión e subida
O/a docente publica na conta de Natusfera do centro. Recoméndase uso de etiquetas (#microxardin, #invasoras,etc.)
6
Seguimento
Revisar comentarios e notificacións da comunidade e consensuar respostas.
B
Detectives de verificación
B – Detectives de verificación
Paso
Acción
Ferramenta / Consello
1
Filtro xeográfico
Explorar → Galicia ou nun radio determinado arredor do centro; reinos do RE.
2
Distribución de tarefas
Lista de 20–30 observacións por equipo (URLs) facilitadas polo docente.
3
Indagación
Motores de procura da web / Guías de identificación / Biblioteca
4
Argumentación
Comentario breve xustificando a identificación con referencias usadas.
5
Identificación
Ferramenta 'Identificar' de Natusfera: propoñer novo ID ou concordar co existente.
6
Rexistro de impacto
Táboa de seguimento: nº revisións total / nº revisións que acadano o 'grao de investigación'.
C
Proxecto temático do centro
C – Proxecto temático do centro
Paso
Acción
Exemplo / Consello
1
Definición do obxectivo
Exemplo: Detectar a expansión de Tradescantia fluminensis
2
Creación do proxecto en Natusfera
Exemplo Presenza de Tradescantia fluminensis no concello
3
Proxectos relacionados
Procura doutros proxectos relacionados co obxectivo que podan existir na plataforma.
4
Plan de mostraxe
Saída organizada e/ou achegas dos e das estudantes.
5
Ficha de proposta
Documento con foto, reino, explicación e fontes
6
Revisión e subida
O/a docente publica no proxecto dentro da conta de Natusfera do centro.
7
Seguimento
Revisar comentarios e notificacións da comunidade e consensuar respostas.
Lectura facilitada