Un fogar para todos!


Somos moitos e moi variados os organismos que convivimos no planeta Terra: pensa nunha árbore, unha miñoca, un mosquito… A simple vista, parece que somos moi diferentes entre nós. E sabes que? Tampouco chegamos ao planeta ao mesmo tempo. Con todo, ao longo destas páxinas descubrirás que, curiosamente, non somos tan distintos como parece.
Para iso, propoñémosvos o seguinte reto:
Seguramente cerca do instituto ou na túa localidade hai un espazo natural cheo de vida e historia. Agora tendes a oportunidade de coñecelo, protexelo e compartir a súa importancia cos demais. Invitámosvos a deseñar, en equipo, un calendario da biodiversidade exemplificado nun espazo natural. Para logralo debedes pensar en aspectos clave: que seres vivos habitan alí? Como os clasificarías? De que se alimentan? Que estratexias teñen para sobrevivir no seu ecosistema?
Deixa voar a túa imaxinación mentres aprendes sobre a biodiversidade e as características dos seres vivos!
Ao longo deste recurso aprenderás a:
Pensa sobre as seguintes cuestións co teu grupo sobre a vida, concretamente , sobre a gran diversidade que existe neste planeta. Logo escribe as respostas obtidas no bloque 1 do teu diario de aprendizaxe.
Definición:
Grupo de individuos que comparten características semellantes e poden reproducirse entre si dando descendencia fértil.
Exemplo:
Os burros e os cabalos, aínda que son semellantes, pertencen a especies diferentes, xa que o seu cruzamento dá lugar á mula, un animal estéril.
Definición:
Acción que non pon en risco a vida na Terra nin dana o medio ambiente, tanto no presente como no futuro.
Exemplo:
Unha acción sostible consiste en preservar a biodiversidade do noso planeta.
Hoxe propoñémosvos un reto apaixonante: crear un calendario da biodiversidade baseado nun espazo natural da vosa contorna próxima. Cada especie, por pequena que sexa, xoga un papel crucial no equilibrio do noso planeta. Todas as persoas temos un papel que xogar no mantemento da biodiversidade; que mellor que comezar pola nosa contorna próxima.
Queremos que cada persoa que vexa o noso calendario se sinta inspirada para protexer e valorar a biodiversidade e coñeza a riqueza que temos preto. Necesitamos a vosa creatividade, a vosa paixón e máis o voso compromiso. Cada mes do calendario destacará unha especie dun espazo concreto coas súas características (clasificación, como se alimenta, etc.) ou unha calidade propia, mostrando a súa beleza e importancia. Ademais, cada mes escribiredes unha mensaxe (slogan, copla...) en relación ao que ides aprender ao longo desta unidade.
O calendario será o pretexto para facer a nosa contribución na protección dos seres vivos sendo entón importante promover o uso sostible dos nosos espazos naturais.
Mans á obra! Xuntos, podemos facer que a nosa mensaxe chegue lonxe e que cada persoa se sinta motivada para actuar de seu no obxectivo de conseguir un mundo mellor. Visualiza o vídeo e descobre algo interesante da Península Ibérica, comentado polo pai da biodiversidade.
Agora que viches o vídeo, cal é o país con maior biodiversidade de Europa? E do mundo?
Con este reto descubriredes os segredos e a riqueza do voso entorno natural! Un verdadeiro tesouro diante dos ollos!
Como xa dixemos, a biodiversidade é a gran variedade de seres vivos que habitan no noso planeta ou nun ecosistema, e, cada un, cumpre un papel importante no equilibrio da natureza. Concretamente, proporcionan alimentos, medicinas, osíxeno, etc. Sen ela, moitos ecosistemas deixarían de funcionar correctamente, afectando tamén aos seres humanos. A continuación observa atentamente o seguinte vídeo, onde descubrirás a gran importancia da biodiversidade. Poderías mencionar algún exemplo de beneficio que se destaca no vídeo e engadir outro que non mencionásemos ata o de agora? Ademais, enumera algunhas accións que contribúen á perda de biodiversidade. Por último, fíxate nas solucións que se propoñen para frear a crise ambiental. Presta atención!
Por todo isto as Nacións Unidas crearon os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 2030) que son un conxunto metas para mellorar o futuro do planeta. Un destes obxectivos, o número 15, céntrase en protexer a vida na Terra, detendo a perda de biodiversidade e conservando os ecosistemas. Para logralo, é fundamental coidar os bosques, ríos, mares e todos os espazos naturais onde viven os diferentes organismos.
Por conseguinte, é clave protexer os lugares onde hai gran diversidade de seres vivos como parques nacionais, reservas naturais e áreas protexidas. O noso reto é crear un calendario de biodiversidade baseado nun lugar próximo a nós, para coñecer mellor as especies que nos rodean e a importancia da súa conservación. Poderías mencionar algúns espazos naturais da túa contorna? E en Galicia, pescuda se temos parques nacionais?
Segue estes pasos para usar o seguinte mapa interactivo:
Definición:
Organismo capaz de producir os seus propios nutrientes mediante a fotosíntese ou quimiosíntese.
Exemplo:
Algunhas algas microscópicas autótrofas realizan a fotosíntese.
Definición:
Microorganismo unicelular sen núcleo definido.
Exemplo:
As bacterias beneficiosas son moito máis numerosas que as que producen enfermidades.
Definición
Unidade básica estrutural e fisiolóxica dos seres vivos.
Exemplo
A célula da raíz de cebola estase a dividir.
Definición:
Organismo que obtén o seu alimento a partir doutros seres vivos.
Exemplo:
Os animais herbívoros son heterótrofos.
Para comezar o camiño cara ao reto final imos remexer nos nosos miolos. Nos cursos anteriores aprendestes moitas cousas sobre a organización dos seres vivos que cómpre recordar.
Os seres vivos son moi distintos entre sí pero todos están formados por unidades moi pequenas chamadas células, que se asocian e coordinan para dar lugar a un ser vivo. Os primeiros organismos foron as bacterias formadas por células sen núcleo e unicelulares denominadas procariotas; máis adiante apareceron as células eucariotas que son descendentes das procariotas. Ademais, como lembras todos os seres vivos realizan tres funcións: nutrición, relación e reprodución.
E nós, como pensas que somos? Unicelulares ou pluricelulares? Autótrofos ou heterótrofos? Procariotas ou eucariotas? A que reino pertencemos: moneras, protoctistas, fungos, plantas ou animais?
Nas redes, lin o seguinte: "Os seres vivos, como as algas, as bacterias do iogur, os cogomelos ou as amebas, non se reproducen porque non nacen como os demais organismos. Estás de acordo?
Se pensas así, que algún deles xorde sen necesidade doutro ser vivo, estas seguindo unha teoría chamada xeración espontánea. No pasado, a xente cría que algúns organismos podían aparecer da nada, coma se xurdisen por arte de maxia. Por exemplo, pensaban que os ratos nacían do trigo vello ou que as moscas saían do aire. Co tempo, os científicos e científicas demostraron que isto non era certo. Louis Pasteur, un famoso científico do século XIX, fixo experimentos que probaron que os seres vivos só podían xurdir doutros seres vivos. Así, a xeración espontánea foi descartada, e hoxe sabemos que a vida se orixina a partir de células preexistentes.
Este descubrimento foi clave para a bioloxía e axudou a entender mellor como funciona a vida. Grazas á ciencia, agora sabemos moito máis sobre a orixe dos seres vivos! E nesta unidade aprenderás moito máis sobre isto! Anímaste?
Este roscón resolverédelo en gran grupo, poñendo en común coñecementos que xa vistes en cursos anteriores. Non te preocupes se non o sabes, porque neste curso estudarémolo. É un dos pasos que ides dar camiñando cara ao voso reto.
Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan. Non esquezas colocar o acento nas palabras que corresponda!
Moitas mulleres no mundo loitan por un futuro mellor! Gustaríache ser coma elas?
No seguinte vídeo presentamos unha científica en maiúsculas, e é galega!
A ferrolá Ángeles Alvariño foi unha científica moi importante no campo da oceanografía.
Chegou a descubrir 22 especies mariñas!
Coñece máis sobre ela na seguinte ligazón.
Nacida en 1955, na actualidade é profesora británica de ecoloxía na Universidade de St Andrews (Escocia).
Comezou a súa carreira contando avelaíñas nun bosque do norte de Irlanda, cando o estudo da diversidade biolóxica era unha ciencia moi nova. Máis tarde estudou pirañas do Amazonas.
Foi pioneira na medición da biodiversidade.
Cres que é importante cuantificar a biodiversidade?
Certamente, poder medir a biodiversidade é de vital importancia para poder facer programas de conservación e avaliar a súa eficacia. Ademais, permítenos observar como evoluciona un ecosistema.
Pensa e reflexiona sobre as seguintes cuestións co teu grupo sobre estas científicas. Logo escribe as respostas obtidas no bloque 2 do teu diario de aprendizaxe.
De certo que non é a primeira vez que o escoitas:
O home descende do mono!
Pois se trata dunha cuestión científica que non é certa e cómpre aclarar.

Esta afirmación foi feita por primeira vez para ridiculizar e poñer en cuestión a teoría da evolución de Darwin, e, como moitas outras cousas, foi sendo transmitida ata que se converteu en algo que a maioría da xente dá por certo.
Cando dicimos "o home descende do mono" todo o mundo pensa nun chimpancé como antepasado noso, máis iso non é así e convén aclaralo.
O ser humano e os monos actuais compartimos un devanceiro común. Desde o punto de vista evolutivo, todos os seres vivos estamos relacionados. Compartimos antepasados cos monos actuais, pero tamén cos ratos, coas galiñas e con todos os seres vivos. A clave disto é saber cando se separaron as liñas evolutivas.
Si é certo que compartimos máis características xenéticas cos monos actuais que cos ratos, xa que o noso predecesor común é máis recente. Os científicos estiman que o antepasado común entre o ser humano e os monos viviu hai entre 4 e 13 millóns de anos.
En ciencia é moi importante empregar termos adecuados baseados no saber científico. Polo tanto, os humanos non descendemos dos monos, o que pasa é que compartimos un antepasado común.
Cóntocho no seguinte son:
Responde no teu caderno (fai clic na imaxe para vela ampliada):
Como primeiro paso para completar o reto, embarcámonos nunha viaxe fascinante para explorar a incrible diversidade de vida no noso planeta. Sabías que, aínda que coñecemos arredor de 2 millóns de especies, os científicos estiman que poderían existir entre 30 e 100 millóns de especies diferentes? É hora de poñer a proba os teus coñecementos e descubrir máis sobre este marabilloso mundo.
Serías quen de nomear dez seres vivos diferentes?
Discusión en grupo:
Definición:
Capa de gases que rodea o noso planeta.
Exemplo:
A atmosfera é como unha manta que retén o calor, mantendo así a temperatura media do planeta.
Observa a seguinte fotografía. Que pensas que pode ser? Algo inerte ou un ser vivo? Se pensaches que son rochas, acertaches pero tamén foron seres vivos. Si, aínda que non o pareza, foron.
Trátase de estromatolitos, estruturas rochosas formadas por microorganismos diminutos, como as bacterias. Estes seres vivos existiron na Terra hai miles de millóns de anos e desempeñaron un papel clave na produción do osíxeno que respiramos hoxe. Actualmente, atópanse nalgunhas praias e lagos.
A vida na Terra é o resultado dunha serie de condicións e factores que se combinaron ao longo de miles de millóns de anos. O Sistema Solar comezou a formarse hai uns 4.600 millóns de anos, dando orixe ao Sol e aos oito planetas que o acompañan. Nos seus inicios, a Terra era unha enorme bóla de materiais fundidos rodeados de gases. Co paso do tempo o noso planeta foi arrefriándose, e nesa etapa carecía de osíxeno na súa atmosfera e non existía vida.
Con todo, a Terra experimentou unha serie de transformacións, como a incorporación de osíxeno na súa atmosfera. Lembras quen foron os responsables? Isto, xunto coa distancia adecuada ao Sol creou as condicións necesarias para o xurdimento dunha gran diversidade de vida.
Agora ben, saberías dicir por que ditas características -a distancia ao Sol e a presenza da atmosfera- son fundamentais para a habitabilidade da Terra? Descúbreo na seguinte actividade.
Emparella cada factor coa súa causa
Despois de relacionar as parellas, responde ás seguintes cuestións no teu caderno:
Que é o que permite que a auga estea en estado líquido?
Realiza unha frase que conteña as seguintes palabras: Sol, atmosfera e temperatura.
Definición:
É unha capa que rodea o planeta, creada polo movemento do núcleo externo, e funciona como escudo protector contra as tormentas solares.
Exemplo:
A Terra compórtase como se tivera un imán no interior, xerando un campo magnético que dá lugar a magnetosfera.
Como acabamos de estudar, aínda que o Sol é clave para a vida tamén pode supor unha ameaza. As tormentas solares que emite poden causar problemas nos sistemas eléctricos e de comunicación.
Que repercusión tivo no noso planeta a tormenta solar de 1859. Que ocorrería se fose na actualidade?
Para protexerse das tormentas solares, a Terra conta cun escudo natural: a magnetosfera. O noso planeta actúa como un enorme imán, xerando un campo magnético que desvía e protexe das tormentas solares. Podes velo máis claramente con este simulador:
A continuación, segue as indicacións e responde no teu caderno:
Desactiva todos os campos e preme en:
Debúxao
Fíxate ben e responde: o norte magnético coincide co norte xeográfico?
Definición:
Parte da bioloxía que se ocupa das moléculas que forman os seres vivos.
Exemplo:
A bioloxía molecular estuda o ADN.
Definición:
Cada un dos grupos nos que se clasifican os seres vivos.
Exemplo:
A especie é unha categoría taxonómica.
Definición:
Parte da ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos.
Exemplo:
Grazas á taxonomía, podemos entender mellor as relacións entre as diferentes especies de seres vivos.
Neste apartado veremos como os científicos e científicas puxeron orde na biodiversidade para simplificar o seu estudo.
Xa vimos que os seres vivos son moi parecidos nalgunhas cousas e moi distintos noutras, agora toca poñer orde. Para facelo, os científicos e científicas clasificaron os seres vivos en distintos grupos segundo a súa orixe e as súas características, establecendo distintas categorías taxonómicas. A taxonomía é a parte da ciencia que se encarga de establecer esta clasificación.
Os grupos máis grandes inclúen categorías máis pequenas. Por exemplo, o reino animal contén distintos filos, e, cada filo, contén, á súa vez, distintas clases e as clases conteñen á súa vez distintas ordes, e así sucesivamente. Dentro de cada grupo, os organismos teñen características comúns tanto a nivel interno (xenético e molecular) como a nivel externo (características externas observables).
A día de hoxe, debido aos avances na bioloxía molecular, os criterios de clasificación internos colleron máis relevancia.
Na seguinte imaxe podes ver as categorías taxonómicas ás que pertence o raposo, Vulpes vulpes.

A categoría máis pequena na que está é a de especie, xa que está el só. Esta categoría non pode ter máis dun elemento.
A seguinte categoría na que está é a de xénero. Pertence ao xénero Vulpes, no que hai preto de 20 especies, como o Vulpes lagopus.
A familia á que pertence é a dos cánidos, que ten unha morea de xéneros e especies como o lobo e o can (Canis lupus), o coyote (Canis latrans) ou o can salvaxe africano (Lycaon pictus).
A medida que ascendemos nos grupos, temos máis especies, pero ten en conta que tamén comparten menos características. O can e o raposo, que pertencen á mesma familia, comparten máis características que o raposo e o cangrexo, que pertencen ao reino animal.
Definición:
Utilización dos seres vivos ou sustancias derivadas deles para obter alimentos, medicamentos ou calquera outra aplicación na industria.
Exemplo:
A biotecnoloxía permite obter a insulina que precisan os diabéticos a partir dun proceso industrial, no que intervén unha bacteria que permite producir a insulina en grandes cantidades a baixo custo.
Definición:
Sustancia que forma parte da parede celular vexetal aportando rixidez. Obtense industrialmente da madeira xa que ten moita celulosa. Ten moitas aplicacións na industria: a máis coñecida é a fabricación de papel.
Exemplo:
A celulosa úsase para fabricar papel.
Definición:
Proceso no cal as feces, ouriños e seres vivos mortos son transformados por bacterias e fungos en sustancias que se incorporan aos solos e poden ser absorbidas de novo polas plantas.
Exemplo:
Os fungos interveñen na descomposición e reciclaxe da materia transformándoas en sales minerais que as plantas poden absorber.
Definición:
Visible sen a utilización do microscopio. Calquera cousa que se pode ver a simple vista.
Exemplo:
Os liques son organismos macroscópicos.
Definición:
Organismo que vive doutro causándolle un prexuízo.
Exemplo:
Os fungos parasitos da madeira nútrense desta causando dano ás árbores que invaden.
Definición:
Organismos microscópicos que flotan na auga de océanos, ríos e lagoas.
Exemplo:
As algas unicelulares forman parte do plancto.
Definición:
Organismos que viven xuntos e obteñen beneficio mutuo. Dicimos que viven en simbiose.
Exemplo:
As bacterias que viven no noso intestino son simbiontes.
Definición:
Conxunto de células semellantes que fan unha función común.
Exemplo:
O tecido muscular contráese permitindo o movemento das partes do corpo.
Imos revisar as características principais dos distintos reinos de seres vivos. Preme nas distintas lapelas para ver as súas características. Non esquezas revisar o apoio visual!
O reino Moneras inclúe organismos microscópicos e unicelulares, como as bacterias e as arqueas. As moneras teñen células procariotas. Como verás no apartado 3.4, as procariotas son células moi sinxelas, sen núcleo, e, xa que son unicelulares, de ningún xeito poden formar tecidos.
O feito de seren microscópicas fai que pasen desapercibidas para o ollo humano, máis as bacterias e arqueas están moi presentes nas nosas vidas e nos ecosistemas terrestres. Algunhas viven como simbiontes, tanto no corpo humano como nos animais, nestes casos as bacterias aportan beneficios. Tamén poden ser parasitas e causar enfermidades. As bacterias son imprescindibles nos procesos de descomposición da materia e na súa reciclaxe para incorporarse aos solos.

No reino Moneras temos organismos autótrofos e heterótrofos (conceptos xa estudados), que poden vivir en moitos ambientes distintos. Dicimos, por iso, que son cosmopolitas. Aparecen bacterias en ambientes extremos como zonas salgadas, augas termais ou ambientes moi fríos.
Algunhas bacterias son moi útiles para nós, xa que se utilizan na industria alimentaria. Por exemplo, na elaboración de iogur interveñen as bacterias. Tamén se usan para producir medicamentos. Ao uso de organismos para mellorar as nosas vidas chamámoslle biotecnoloxía.
O reino protoctista inclúe distintos tipos de organismos moi diversos, desde os protozoos ata as algas. Están formados por células eucariotas. Como verás no apartado 3.4, as eucariotas son células máis complexas, con núcleo.
A maioría dos organismos do reino protoctista son microscópicos como os protozoos ou as algas microscópicas, pero tamén pertencen a este reino as algas macroscópicas, que podemos ver nas nosas costas que son pluricelulares, pero non teñen tecidos especializados.

Respecto á súa nutrición, poden ser autótrofos ou heterótrofos.
A maioría viven na auga, tanto doce como salgada, ou senón en ambientes húmidos ou no solo.
Boa parte do plancto pertence ao reino protoctista.
Os fungos son organismos que ás veces confundimos cos vexetais, máis non o son. Os fungos están formados por células eucariotas e poden ser macroscópicos, ou microscópicos unicelulares, como os lévedos.

Nos fungos macroscópicos, a parte que vemos a simple vista é o cogomelo, estrutura reprodutora que produce esporas. É o caso do champiñón ou doutros cogomelos que podemos ver na nosa contorna.
Os fungos son moi importantes nas nosas vidas, poden causar beneficios, pero tamén prexuízos. O lévedo do pan é un exemplo de fungo beneficioso, e os fungos parasitos, causantes de enfermidades como a candidiase, son prexudiciais.
Os fungos son heterótrofos e, nos ecosistemas, fan unha importante tarefa, xa que descompoñen e transforman a materia facilitando a súa incorporación ao solo para que poida, de novo, ser utilizada polas plantas.
O reino das plantas inclúe organismos autótrofos e fotosintéticos que teñen células eucariotas, con cloroplastos, que son os orgánulos celulares responsables da fotosíntese. As células das plantas teñen parede celular, composta por celulosa como compoñente principal, o que as diferencia doutras paredes celulares como as dos fungos e as algas.
As plantas teñen tecidos especializados para realizar distintas funcións.

Outra das características das plantas é que, na maioría dos casos, non se desprazan.
As plantas poden ter reprodución sexual ou asexual.
Pertencen a este reino as árbores, os fieitos, os musgos e as plantas herbáceas.
O reino dos animais é un dos que nos resulta máis familiar e coñecido, xa que nós mesmos pertencemos a este reino e os animais cos que convivimos e nos relacionamos, tamén.
As características que comparten os organismos pertencentes a este reino é que son eucariotas pluricelulares con tecidos, heterótrofos, e que se reproducen maioritariamente de xeito sexual, aínda que hai casos de reprodución asexual en animais.

Os animais teñen un sistema nervioso máis ou menos complexo e órganos e tecidos especializados en realizar funcións específicas, o que tamén os diferencia doutros reinos. O feito de poderen desprazarse tamén é unha característica moi relevante dos animais.
Imos revisar as características principais dos distintos reinos de seres vivos. Preme nas distintas lapelas para ver as súas características. Non esquezas revisar o apoio visual!
Imos xogar cos seres vivos. Neste xogo tes que emparellar os seres vivos da columna esquerda cos reinos que aparecen na columna dereita.
Imos xogar cos seres vivos. Neste xogo tes que emparellar os seres vivos da columna esquerda cos reinos que aparecen na columna dereita.
","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/bacteria.1.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Unicelulares%2C%20as%20s%C3%BAas%20c%C3%A9lulas%20non%20te%C3%B1en%20n%C3%BAcleo","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20moneras"},{"url":"resources/mofo_en_laranxa.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Heterotrofos%2C%20con%20c%C3%A9lulas%20eucariotas.%20","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20fungos"},{"url":"resources/arana2.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Te%C3%B1en%20tecidos%20e%20%C3%B3rganos.%20Poden%20moverse","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20animais"},{"url":"resources/512px-Paramecium__and__Coleps_-_160x_-_Ciliensystem_(8356969695).jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Os%20protozoos%20pertencen%20a%20este%20reino","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20protoctistas"},{"url":"resources/hepatica.JPG","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Fan%20a%20fotos%C3%ADntese%20e%20te%C3%B1en%20c%C3%A9lulas%20eucariotas%20con%20parede%20celular%20de%20celulosa","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Reino%20plantas"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202511172245-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}A clasificación dos seres vivos, como xa vimos, axuda no seu estudo. Nesta actividade vas traballar coma un científico ou científica para facer unha clasificación en forma de árbore dos distintos reinos.
Pero antes, para que che sirva de axuda, imos ver un exemplo de como se fixo a clasificación dunhas figuras xeométricas. Fíxate ben na imaxe!
Na base da árbore temos un grupo de figuras xeométricas. A medida que ascendedes pola árbore, tedes que escoller a rama coa característica que corresponda á figura.
Por exemplo, se a nosa figura escollida é o triángulo azul, no primeiro nodo, escolleremos a rama da esquerda que nos indica "con vértices", no nodo seguinte escolleremos a rama da dereita xa que nos indica "menos de 4 vértices". Podes facer ti agora os camiños a seguir para chegar ás outras figuras xeométricas.
O importante é escoller ben as características.
Agora tócache a ti traballar como unha persoa científica e poñer os criterios de clasificación na árbore dos seres vivos para identificar os distintos reinos. Para que a tarefa che resulte máis doada, parte da árbore xa ten os criterios establecidos.
Ánimo, que o vas a facer moi ben!
INSTRUCCIONS:
Arrastra os criterios de clasificación que aparecen na parte inferior dereita á zona correspondente da rama da árbore.
Definición:
Conxunto de regras para poñer nome aos seres vivos.
Exemplo:
A nomenclatura binomial foi establecida por Linneo no ano 1735.
Definición:
Que é entendido e aceptado por calquera en calquera parte do mundo.
Exemplo:
A clasificación dos seres vivos en 5 reinos é universal.
Castaño, castiñeiro, sweet chestnut, son os nomes que recibe en distintos idiomas o mesmo ser vivo, que nós en Galicia coñecemos como castiñeiro. O feito de reciban os nomes comúns ou vulgares en distintos idiomas, xera un problema de comunicación entre os científicos de todo o mundo. Para evitar isto, ideouse unha nomenclatura científica. Deste xeito, ao utilizar o nome científico, calquera persoa en calquera lugar do mundo pode entendelo, xa que é unha linguaxe universal.
Foi Linneo o que estableceu as bases desta nomenclatura.

A nomenclatura científica das especies, chámase tamén nomenclatura binomial e baséase en dúas palabras latinas. A primeira palabra é o xénero ou nome xenérico; a segunda palabra é a especie ou nome (epíteto) específico. Vexamos un exemplo:
Castanea sativa é o nome científico do castiñeiro, e, como podes ver, a primeira palabra comeza con maiúscula e a segunda con minúscula. Fíxate tamén que está escrita en cursiva. Cando escribimos a man, en lugar de usar cursiva, temos que subliñar o nome, Castanea sativa.
A lavandeira real e a lavandeira branca son dúas especies de paxaros moi comúns nos nosos prados, terras de cultivo, xardíns e beiras de ríos.

Busca na rede o seu nome científico e escríbeo correctamente.
Indica tamén a clase e a orde á que pertencen.
Pertencen ao mesmo xénero? Argumenta a resposta.
Lembra que o reto final que che propuxemos na fase 1 consiste en elaborar unha campaña de sensibilización para a conservación dun
espazo natural próximo ao teu centro.
Despois de escoller ese espazo natural, agora toca traballar un pouco sobre os seres vivos que nel habitan.
Coas instrucións que vos facilitará a persoa docente e traballando en grupos de 2 – 4 integrantes, ides elaborar unha ficha sinxela sobre un dos seres vivos máis relevantes dese espazo natural. Debedes indicar:
Esta ficha servirá para ter os datos recollidos para despois incluílos no documento do reto final.
Ficheiros anexos ao REA 3.
Sabemos que somos moitos e diferentes, verdade? Agora imos descubrir de onde ven esta incrible variedade.
Os seres vivos dos cinco reinos que acabamos de estudar: animal, plantas, fungos, protoctistas e moneras teñen algo en común? Ou cada un vén do seu pai e da súa nai?
Prepárate para aprender como a vida está conectada de forma sorprendente!
Todos os seres vivos, dende as bacterias aos animais, forman parte dunha gran familia da vida. Aínda que a simple vista parecen moi diferentes, teñen aspectos que os conectan. Imaxina unha gran árbore á que lle saen ramas onde se atopan os reinos; todas elas levan a un antepasado común: LUCA. Non é o primeiro ser vivo, pero é o antepasado común de todos os seres vivos.
LUCA non era un animal, planta ou fungo, senón un organismo unicelular parecido ás bacterias actuais. Eran grupo de células microscópicas moi simples que viviron hai uns 3.500 millóns de anos e deron lugar a toda a vida na Terra. A comunidade científica denominouno LUCA, acrónimo de "Last Universal Common Ancestor" (último antepasado común universal). Baseándonos en todo o anterior, onde situarías a LUCA nesa árbore? Na raíz ou nas pólas?

A conexión entre LUCA e os reinos ensínanos que, aínda que somos moi diferentes, todos compartimos un pasado común. Iso fai que a vida sexa tan fascinante! Tan iguais e tan distintos!
Le o texto e enche os ocos coas palabras que faltan.
Hai uns 3500 @@millóns@@ de anos unha célula ou grupo de células deu lugar a toda a @@vida@@ que existe na Terra. Denominárona LUCA acrónimo de “Last Universal Common Ancestor” ou “Último @@Antepasado@@ @@Común@@ Universal”. Non era un animal, planta ou fungo senón un organismo unicelular non moi diferente ás @@bacterias@@ actuais. LUCA está situada na @@raíz@@ da árbore filoxenética de todos os organismos que conforman a vida na Terra.
Definición:
Característica dun ser vivo (anatómica, fisiolóxica ou de conduta) que lle permite vivir nun hábitat determinado.
Exemplo:
As prolongacións do corpo dos dragóns de mar son adaptacións que fan que se poidan camuflar e pasar desapercibidos para os seus depredadores.
Definición:
Conxunto de individuos da mesma especie que viven nun lugar e nun momento determinado.
Exemplo:
Poboación pertencente á especie de Lepas anatifera (falso percebe) atopada nas nosas costas.
Hai moitísimo tempo, a Terra era un lugar moi diferente ao que coñecemos hoxe. Non había animais, nin árbores, nin flores. Só había mares, océanos cheos de pequenas formas de vida.
Organismos semellantes ás algas verdes foron as primeiras en iniciar unha aventura fascinante: saír da auga e colonizar a terra firme! Ás veces, quedaban fóra da auga por un intre. Algúns destes organismos posuían estruturas de protección do sol para non secar, é dicir, algunhas puideron vivir nas beiras. Así foi como apareceron as primeiras plantas terrestres, que eran pequenas e simples, como os musgos que vemos hoxe. Co tempo, esas primeiras plantas simples evolucionaron, pois algunhas comezaron a desenvolver raíces, o que fixo posible que buscasen auga no chan, e creasen talos e follas para captar a luz do sol, flores e sementes. Isto posibilitoulles estenderse por todo o planeta.
Mentres tanto, os océanos estaban cheos de vida: peixes, medusas e outras criaturas. Algúns animais comezaron a saír da auga, como fixeron as plantas moito tempo antes. Os primeiros en facelo foron uns peixes con aletas fortes, onde algúns posuían patas, o que lles permitiu colonizar a terra. Así, naceron os anfibios, como as ras, que podían vivir tanto na auga como na terra. Co tempo, os anfibios evolucionaron en réptiles, e, máis tarde, apareceron os mamíferos (como os ratos e raposos) e as aves (como as gaivotas e os gorrións). Mesmo nós, os seres humanos, evolucionamos de mamíferos máis antigos, como os primates. Ocórreseche algunha adaptación que os seres humanos tiveramos e que fora beneficiosa? Tes a resposta no son no apartado 2 "pero... ti que dis?
Os seres vivos desenvolveron estratexias para sobrevivir nos diferentes ambientes. Desde os desertos máis áridos ata os océanos máis profundos, cada poboación evolucionou para adaptarse á contorna e asegurar a supervivencia. A continuación observa o vídeo e descobre algunhas adaptacións dalgúns organismos ao seu entorno.
Toda esta evolución foi un proceso lento que durou millóns de anos. Dentro de cada poboación hai diferenzas como, por exemplo, a cor da pelaxe, que axuda aos seres vivos a sobrevivir cando cambia o ambiente, como nas secas, nas inundacións ou nos terremotos. A evolución mostra como a vida se adapta aos cambios no planeta. Grazas a ela, temos unha gran diversidade de vida: animais, plantas, protozoos, fungos e microorganismos que fan que a Terra sexa un lugar único.
Resultouche interesante? Ten en conta que debes identificar unha adaptación dos seres vivos que elixiches para o teu calendario. Por exemplo, se estiveses en Australia, poderías elixir o koala. As súas garras longas e afiadas, xunto con almofadas rugosas nas súas patas, fan que poida subir e aferrarse ben ás árbores.
Baseándote no vídeo, reflexiona e aplica os coñecementos con respecto ás adaptacións.
Escolle as respostas correctas e preme sobre o botón "responder".
Moi ben!
Que che pareceu descubrir como os seres vivos se adaptan á súa contorna? Cómpre saber que ditas adaptacións poden ser de diferentes tipos:
Son cambios na forma ou estrutura, como por exemplo as espiñas dos cactos, pois as follas foron substituídas por espiñas para reducir a perda de auga.
Son cambios no funcionamento interno dun organismo, como, por exemplo, a produción de sustancias urticantes pola ortiga para defenderse dos herbívoros. Cómpre aclarar que os pelos urticantes que conteñen dita sustancia son unha adaptación morfolóxica.
Son cambios nos hábitos ou comportamentos dun organismo, como, por exemplo, a emigración das cegoñas para evitar o frío e a escaseza de alimentos durante o inverno.

Como podemos explicar a gran cantidade de organismos que existen na Terra? Durante séculos, pensábase que as especies nunca cambiaban, que eran inmutables. Non obstante, uns científicos chamados Charles Darwin e Alfred Russel Wallace atrevéronse a cuestionar esta idea. Sabes que descubriron? Que as especies si cambian co tempo.
Investiga sobre a vida e o traballo científico de Charles Darwin e responde no teu caderno:
a) Onde e cando naceu Charles Darwin?
b) Que lugares visitou durante o súa famosa viaxe a bordo do barco Beagle?
c) Que papel tivo Wallace?
Darwin propuxo a teoría da selección natural, segundo a cal o ambiente no que viven os seres vivos dunha poboación inflúe na súa capacidade de supervivencia e reprodución. Aqueles individuos con características máis favorables para o seu entorno, como a cor da pelaxe no caso de animais que dependen da camuflaxe, teñen maiores probabilidades de reproducirse.
Non o entendes de todo? Non te preocupes! Explicarémoscho con máis detalle no seguinte apartado.
Durante séculos, pensábase que as especies nunca cambiaban.
Charles Darwin e Alfred Russel Wallace demostraron que cada poboación faino co tempo.
Darwin propuxo a selección natural.
A selección natural di que cando o ambiente cambia aumenta a reprodución dos seres vivos que conteñan algunha característica favorable (como por exemplo unha determinada cor de pelaxe).
Como xa mencionamos anteriormente, a diversidade dentro dunha poboación é fundamental para a súa supervivencia fronte a cambios ambientais como glaciacións, inundacións, secas ou movementos tectónicos, xa que permite unha maior adaptación ás novas condicións.
Máis polo miúdo:
Imos con este exemplo das avelaíñas dos bidueiros de Inglaterra para que o entendas ben!
Ultimamente, estanse controlando as emisións das industrias, a contaminación comeza a reducirse e volven aparecer os liques nas cortizas das árbores.
Imaxinade unha zona húmida que adoita estar verde durante case todo o ano, onde viven uns insectos que están moi ben adaptados a súa contorna, polo que terán unha cor verde para camuflarse mellor e uns poucos de cor marrón. Chega unha longa seca que dura varios anos. O campo que antes era verde vólvese seco e marrón. Agora en parellas, reflexionade como representariades esta situación?
Definición
Unidade básica estrutural e fisiolóxica dos seres vivos.
Exemplo
A célula da raíz de cebola estase a dividir.
Definición
Calquera cambio ou sinal do entorno que un ser vivo pode percibir e ao que pode responder.
Exemplo
As abellas responden ao estímulo que constitúen as flores para recoller o néctar..
Definición
Cada unha das células reprodutivas que se xuntan na reprodución sexual.
Exemplo
Os espermatozoides e os óvulos son gametos.

Os seres vivos obteñen e utilizan nutrientes para producir materia e enerxía e realizar as súas funcións vitais. Existen dous tipos principais de nutrición:
Os seres vivos teñen a capacidade de reproducirse para xerar novos individuos. Existen dous tipos principais de reprodución:
Os seres vivos son capaces de percibir estímulos procedentes do seu entorno e elaborar respostas. Esta función permite que os organismos se adapten ás condicións ambientais e interactúen con outros seres vivos. Por exemplo, as plantas cando se orientan cara a luz ou os animais cando reaccionan a un perigo.
Pensabas que na ciencia non hai dúbidas? Non é así.
Existen uns organismos que para uns son seres vivos e para outros non poden ser considerados como tales. Seguro que che sonan, ultimamente son trending-topic. Trátase dos virus.
Que son os virus?
Os virus son partículas microscópicas, que poden infectar células vivas e causar enfermidades, non só aos humanos, tamén a outros animais, a plantas e mesmo a bacterias. Son moi simples, están compostos por material xenético (ADN ou ARN) rodeado por unha envoltura constituída por proteínas. Os virus non teñen estrutura celular e non poden realizar funcións vitais por si mesmos. Para multiplicarse, precisan invadir unha célula hóspede para poder facer copias do material xenético e producir novas partículas virais.
Controversia: son os virus seres vivos?
A cuestión de se os virus son seres vivos é un tema de debate entre os científicos. Algúns argumentan que os virus non son seres vivos porque non poden realizar funcións vitais de forma independente e dependen completamente das células que parasitan para se reproducir. Outros, con todo, consideran que os virus son unha forma de vida porque teñen material xenético, poden evolucionar e adaptarse ao seu entorno, e poden interactuar coas células vivas.
Os virus son partículas microscópicas que poden infectar células vivas.
Poden causar enfermidades aos humanos, a outros animais, a plantas e mesmo a bacterias.
Son moi simples, están compostos por material xenético (ADN ou ARN) rodeado por unha envoltura de proteínas.
Os virus non teñen estrutura celular e non poden realizar funcións vitais por si mesmos.
Para multiplicarse, precisan invadir unha célula hóspede para poder facer copias do material xenético e producir novas partículas virais.
Os científicos debaten se os virus son seres vivos ou non.
Argumentos en contra de consideralos seres vivos:
Non poden realizar funcións vitais de forma independente.
Dependen completamente das células que parasitan para se reproducir.
Argumentos a favor:
Teñen material xenético.
Poden evolucionar e adaptarse ao seu entorno.
Poden interactuar coas células vivas.
Definición:
Organismos cuxas células teñen núcleo definido e outros orgánulos rodeados por membranas.
Exemplo:
Tanto un animal como a herba (e tamén as algas, os fungos e os protozoos) son organismos eucariotas.
Definición:
Instrumento que permite observar cousas moi pequenas que doutro xeito non poderíamos ver.
Exemplo:
Precisamos un microscopio para ver células.
Definición:
Organismo unicelular que non ten un núcleo definido nin outros orgánulos rodeados por membranas.
Exemplo:
As bacterias e as arqueas son organismos procariotas.
Temos logo tres tipos fundamentais de células, as procariotas, as eucariotas animais e as eucariotas vexetais. As células procariotas foron as primeiras en aparecer na Terra e as eucariotas evolucionaron a partir das procariotas. Imos ver as súas características principais:
As células procariotas son un tipo de célula moi sinxela que se atopa en organismos como as bacterias. Aquí tes algunhas das súas principais características (preme na imaxe para vela rotulada):
As células eucariotas animais son un tipo de célula máis complexa que se atopa en organismos como os humanos, os animais e moitos outros seres vivos. Aquí tes algunhas das súas principais características (preme na imaxe para vela rotulada):
As células eucariotas vexetais son un tipo de célula máis complexa que se atopa en organismos como as plantas. Aquí tes algunhas das súas principais características (preme na imaxe para vela rotulada):
Estas características fan que as células eucariotas vexetais sexan únicas e especializadas, permitindo que realicen funcións vitais para a vida das plantas, como a fotosíntese e o almacenamento de nutrientes.
Hai tres tipos fundamentais de células:
Cando falamos de células, o tamaño importa. As células adoitan ser tan pequenas que, para poder velas, precisamos usar un microscopio. Nesta actividade imos ver e comparar as células procariotas coas eucariotas e, dentro destas últimas, as vexetais coas animais.
Na primeira preparación, compararemos células procedentes do iogur con células de fermento de panadería.
Agora imos preparar células da epiderme de cebola para a súa observación.
Como modelo de célula eucariota animal escollemos as células da nosa propia mucosa bucal.
Baixo a dirección da persoa docente, segue este procedemento para observación ao microscopio das preparacións:
Fai no teu caderno un debuxo de cada preparación. Trata de identificar:
Aquí tes tres imaxes tomadas logo de facer as mesmas preparacións que viches nos vídeos. Preme na miniatura para velas ampliadas.
(1) Bacterias do iogur con lévedos de panadería.
(2) Células da epiderme de cebola.
(3) Células da mucosa bucal humana.
1.
2.
3.
Compararemos células procedentes do iogur con células de fermento de panadería.
Baixo a dirección da persoa docente, segue este procedemento:
Fai no teu caderno un debuxo de cada preparación. Trata de identificar:
Na seguinte actividade imos traballar o concepto de adaptación?
Seriades quen de crear un ser vivo?
Non, non se trata de xogar a ser o doutor Frankenstein, máis ben, podemos asumir o rol dunha persoa experta en asesoría científica para unha película de ciencia ficción. A idea é crear seres vivos imaxinarios; pero teñen que ser cribles. Xa que logo, cómpre pensar con mente científica e dar veracidade ás creacións. Para conseguilo, pensemos que un ser vivo presenta adaptacións que lle permiten cumprir as funcións vitais no medio no que se desenvolve.
Guiados pola persoa docente, seguide estes pasos para deseñar o ser vivo:
O primeiro paso é escoller o grupo ao que pertence o ser vivo que ides crear. Lembra o tratado en 'Cal é o teu reino?'.
Pode que queirades crear un animal, un vexetal ou un fungo. Pero pode que, de entrada, non o teñades claro. Tamén pode que de entrada, teñades algún na cabeza. En calquera caso, cómpre facer unha escolla baseada nalgo. É importante ter máis información, pensar antes de actuar.
Investigade algúns representantes do grupo escollido para inspirarvos nas súas características.
Por exemplo se pensabades nun animal, investigade distintos animais (un mamífero -coma o raposo-, un réptil -coma un lagarto- ou, un insecto, coma un escaravello). Facede o mesmo se pensastes nun vexetal (unha árbore, unha planta sen flores, un cacto). Pode que sexa boa idea barallar animais, vexetais e fungos.
Despois de facer a escolla, poden xurdir atrancos. Pode que non atopedes de xeito doado información de abondo. Non hai problema, cambiade de grupo e repetide o proceso.
Unha vez decidido o ser vivo, toca facer unha nova escolla.
O ser vivo habita nun ambiente determinado. Daquela, é o momento de que escollades un medio concreto.
Malia que tedes liberdade para elixir o que queirades (deserto, bosque autóctono, mar aberto, costa batida, selva tropical), pensade que todo será máis doado se o ambiente ten algunha característica extrema. As condicións extremas, calquera que sexa o seu sentido, impoñen condicións máis estritas, o que se traduce en adaptacións especiais, que non se atopan noutras contornas.
Segundo a contorna seleccionada, debedes decidir como serán as características do ser vivo que lle permitan vivir adaptado a ela. Axúdate do seguinte mapa mental para organizar as ideas.
{"id":"9193f1ec-d926-451f-9553-20594c51bad5","title":"Deseñando un ser vivo","mindmap":{"root":{"id":"2f11a1a3-7990-47e0-b40a-975c732d9491","parentId":null,"text":{"caption":"Deseñando un ser vivo","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":20,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"78e9657f-9a6d-43f5-8ec8-43b5c71ff21c","parentId":"2f11a1a3-7990-47e0-b40a-975c732d9491","text":{"caption":"Hábitat (p.ex. deserto)","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":39,"y":-134},"foldChildren":false,"branchColor":"#94dd64","children":[{"id":"8fc4abbe-d2ea-494d-989c-1825f44f808f","parentId":"78e9657f-9a6d-43f5-8ec8-43b5c71ff21c","text":{"caption":"Temperatura alta polo día e baixa pola noite","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":190,"y":-91},"foldChildren":true,"branchColor":"#94dd64","children":[{"id":"45237db6-2703-4e1a-8807-dca61c495a8c","parentId":"8fc4abbe-d2ea-494d-989c-1825f44f808f","text":{"caption":"Tamaño/cor","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#232efa"}},"offset":{"x":176,"y":17},"foldChildren":false,"branchColor":"#94dd64","children":[]}]},{"id":"06579a18-ca4d-4e1b-b671-b27d8af0dca4","parentId":"78e9657f-9a6d-43f5-8ec8-43b5c71ff21c","text":{"caption":"Baixa dispoñibilidade de auga","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":191,"y":-21},"foldChildren":true,"branchColor":"#94dd64","children":[{"id":"617a3fa5-2e5f-43a9-8013-15b5a5ec0185","parentId":"06579a18-ca4d-4e1b-b671-b27d8af0dca4","text":{"caption":"Órganos para almacenar auga","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#321fff"}},"offset":{"x":157,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#94dd64","children":[]}]},{"id":"46d60fb1-9400-4dd5-b416-01f2850c2696","parentId":"78e9657f-9a6d-43f5-8ec8-43b5c71ff21c","text":{"caption":"Escasa vexetación, solo árido","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":191,"y":48},"foldChildren":false,"branchColor":"#94dd64","children":[]},{"id":"68a1762b-3456-473f-8615-32f334859614","parentId":"78e9657f-9a6d-43f5-8ec8-43b5c71ff21c","text":{"caption":"Outras condicións (tormentas de area, vento,...)","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":192,"y":113},"foldChildren":false,"branchColor":"#94dd64","children":[]}]},{"id":"583f47e5-6e7d-41df-9889-ef13bca2ab3f","parentId":"2f11a1a3-7990-47e0-b40a-975c732d9491","text":{"caption":"Nutrición","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":67,"y":135},"foldChildren":false,"branchColor":"#553087","children":[{"id":"24bb8a0f-18a9-4b01-9df0-d609da6eba72","parentId":"583f47e5-6e7d-41df-9889-ef13bca2ab3f","text":{"caption":"Obtención de alimento","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":162,"y":-61},"foldChildren":true,"branchColor":"#553087","children":[{"id":"c8c784cd-3cb7-4f73-b396-07e59a0d3448","parentId":"24bb8a0f-18a9-4b01-9df0-d609da6eba72","text":{"caption":"Órganos / extremidades","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#8605ff"}},"offset":{"x":172,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#976ccf","children":[]}]},{"id":"78aedaa9-9a62-42ca-b76f-ca1c0495eaac","parentId":"583f47e5-6e7d-41df-9889-ef13bca2ab3f","text":{"caption":"Procura de auga","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":198,"y":9},"foldChildren":false,"branchColor":"#553087","children":[]},{"id":"1438895f-98f8-488a-8921-7be3e8627ded","parentId":"583f47e5-6e7d-41df-9889-ef13bca2ab3f","text":{"caption":"Tipo de alimentación (carnívora, herbívora, omnívora)","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":167,"y":59},"foldChildren":true,"branchColor":"#553087","children":[{"id":"0e3e2e16-453c-4179-8544-8b94e8c3d2d5","parentId":"1438895f-98f8-488a-8921-7be3e8627ded","text":{"caption":"Dentes, raíces","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#8903f7"}},"offset":{"x":197,"y":32},"foldChildren":false,"branchColor":"#8449d1","children":[]}]}]},{"id":"b53ce918-0a9c-45df-acc2-851c3494f5f9","parentId":"2f11a1a3-7990-47e0-b40a-975c732d9491","text":{"caption":"Relación","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-149,"y":138},"foldChildren":false,"branchColor":"#91961c","children":[{"id":"930a4b5a-4c89-4e4a-a84c-9376d3b3ca05","parentId":"b53ce918-0a9c-45df-acc2-851c3494f5f9","text":{"caption":"Interacción co medio / convivencia con outros seres vivos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-319.6666666666667,"y":118.33333333333333},"foldChildren":true,"branchColor":"#91961c","children":[{"id":"a8c64edb-96b9-4f26-8218-a902db6b585d","parentId":"930a4b5a-4c89-4e4a-a84c-9376d3b3ca05","text":{"caption":"Visión nocturna","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#fcbe05"}},"offset":{"x":-191.3125,"y":29.3125},"foldChildren":false,"branchColor":"#f3f781","children":[]}]},{"id":"03d922c4-e4fc-4322-9f58-9cac1b24e5a4","parentId":"b53ce918-0a9c-45df-acc2-851c3494f5f9","text":{"caption":"Ataque / defensa","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-321.3333333333333,"y":73.33333333333333},"foldChildren":true,"branchColor":"#91961c","children":[{"id":"e5c1e316-5dc8-42fe-8af2-48ddd993be2d","parentId":"03d922c4-e4fc-4322-9f58-9cac1b24e5a4","text":{"caption":"Produción de velenos / rexeneración de estructuras / abrigo / niños / asociacións de individuos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#ffb005"}},"offset":{"x":-189.84375,"y":-29.3125},"foldChildren":false,"branchColor":"#f4f79e","children":[]}]},{"id":"33c6cf26-b1af-440f-b895-5aa28f9828b4","parentId":"b53ce918-0a9c-45df-acc2-851c3494f5f9","text":{"caption":"Protección ante depredadores / defensa ante outros seres vivos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-321,"y":-36.333333333333336},"foldChildren":true,"branchColor":"#91961c","children":[{"id":"735d372e-5851-4655-892e-d62d80beb7e9","parentId":"33c6cf26-b1af-440f-b895-5aa28f9828b4","text":{"caption":"Rapidez / intelixencia","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#fcbf08"}},"offset":{"x":-181.59375,"y":46.375},"foldChildren":false,"branchColor":"#f4f78f","children":[]}]},{"id":"83680187-d162-4d72-9ee1-ee8d7db64524","parentId":"b53ce918-0a9c-45df-acc2-851c3494f5f9","text":{"caption":"Procura de alimento / interacción entre seres vivos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-321,"y":-104},"foldChildren":true,"branchColor":"#91961c","children":[{"id":"f073898f-8183-4c06-b044-824099c47229","parentId":"83680187-d162-4d72-9ee1-ee8d7db64524","text":{"caption":"Órganos / tamaño dos ollos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#faac03"}},"offset":{"x":-184.375,"y":10.78125},"foldChildren":false,"branchColor":"#f8fc88","children":[]}]}]},{"id":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","parentId":"2f11a1a3-7990-47e0-b40a-975c732d9491","text":{"caption":"Reproducción","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-160,"y":-125},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[{"id":"604f04e6-8bbc-4130-b3f2-12dfbf5753b4","parentId":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","text":{"caption":"Asexual","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-307.2,"y":48.8},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[]},{"id":"3caefcea-9925-42ae-9229-8d3a8f237403","parentId":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","text":{"caption":"Sexual","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-309.2,"y":-14.4},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[{"id":"f1f5075b-e466-4997-9ff5-f08870f2191a","parentId":"3caefcea-9925-42ae-9229-8d3a8f237403","text":{"caption":"Hermafroditismo?","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#ff0310"}},"offset":{"x":-162,"y":4},"foldChildren":false,"branchColor":"#f56264","children":[]}]},{"id":"cb6c8879-9843-4482-b987-6945fa7703eb","parentId":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","text":{"caption":"Coidado das crías","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-309,"y":-57.4},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[]},{"id":"0febb469-dd92-4a04-b55f-0e9d23c14848","parentId":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","text":{"caption":"Procura de parella","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-306.6,"y":-106.4},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[]},{"id":"9ca91ba8-031b-4987-996a-44e99d74e3a6","parentId":"41678092-45c6-4596-9ce7-aaaee616337b","text":{"caption":"Oviparismo","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-305.6,"y":91.2},"foldChildren":false,"branchColor":"#c13b3d","children":[{"id":"2815350b-c17c-4aaf-88cc-5d13a94f0588","parentId":"9ca91ba8-031b-4987-996a-44e99d74e3a6","text":{"caption":"Órganos para a construción","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#fa0519"}},"offset":{"x":-174.1875,"y":-14.59375},"foldChildren":false,"branchColor":"#fc5b5e","children":[]}]}]}]}},"dates":{"created":1736336590161,"modified":1739124594980},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}
Usa o teu caderno para ir anotando todas as características do voso ser vivo. Podes descargar e usar a ficha modelo que aparece deseguido.
Non perdamos a atención do reto que expomos na fase 1, a elaboración dun calendario da diversidade para a conservación dun espazo natural próximo ao teu centro.
Como xa estivemos facendo ao longo do REA, toca dar sentido ao traballado neste apartado de cara o reto.
Coas instrucións que vos facilitará a persoa docente e traballando en grupos de 2 a 4 participantes, ides elaborar unha ficha sinxela sobre un dos seres vivos. Debedes indicar:
Esta ficha servirá para ter os datos recollidos para despois incluílos no documento do reto final.
Recompila e revisa a información completa sobre o ser vivo deseñado co teu grupo. Contesta no bloque 3 do teu diario de aprendizaxe ás seguintes cuestións:
Chegamos ao final deste capítulo 3, e é momento de recapitular o aprendido. Para afianzalo, realizarás diversas actividades organizadas en niveis de dificultade, comezando polas máis sinxelas e avanzando progresivamente cara a desafíos máis complexos.
Xa coñeces moito sobre a diversidade dos seres vivos, toca agora poñerte a proba. Escolle unha opción (A, B ou C) e fai, polo menos, dúas actividades.
Atréveste con todo? Se queres afondar na túa proba podes escoller varias opcións e realizar todas as actividades que desexes.
Non terás dificultade se prestaches atención á unidade e ás indicacións da persoa docente. Preme para acceder.
... que non as poidas realizar! Preme aquí para acceder.
Inténtao e xa verás que podes! Preme aquí para acceder.
Utiliza as pistas para descubrir a resposta oculta para cada pregunta.
Arrastra cada palabra ata a súa posición situándote enriba da palabra que queres substituír. Lembra empezar pola palabra que comeza a frase e así sucesivamente ata o final.
Cada pardal co seu igual.
Ordena as seguintes categorías taxonómicas, arrastrando as filas á situación correcta. Ollo, non se permite ningún fallo!
INSTRUCCIÓNS:
Na seguinte actividade interactiva tes que picar e arrastrar cada elemento dos que están na parte inferior e situalo no reino que lle corresponda.
Asocia as adaptacións segundo o seu tipo. Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Utiliza as pistas para descubrir a resposta oculta para cada pregunta. Terás que acertar todas as palabras.
Elabora unha táboa resumo no teu caderno de clase que recolla as principais características dos distintos reinos.
Podes utilizar esta como exemplo.
| Reino | Tipo de células | Tipo de nutrición | Unicelular ou pluricelular | Con ou sen tecidos especializados | Exemplo |
|---|---|---|---|---|---|
Na seguinte imaxe podemos ver unha paisaxe natural. Traballando en pequenos grupos ides realizar as seguintes tarefas:

Vídeo interactivo onde debes premer no segundo 36 para comezar e responder as cuestións.

Neste roscón aparecen moitos dos termos que levamos traballado.
Atréveste con eles? Imos aló!
Definición:
Referido ao medio ambiente, conservar significa manter o medio natural nunhas condicións boas para que as especies que viven nel poidan facelo en boas condicións. Non contaminar o medio, controlar as especies invasoras e manter os hábitats das distintas especies, son accións necesarias para a conservación da biodiversidade.
Exemplo:
Os ríos son ecosistemas moi diversos que debemos conservar.
Despois de traballar nas fases anteriores que nos prepararon para o reto, agora por fin tócavos traballar no voso propio calendario.
Como persoas expertas en publicidade, ides facer un calendario que ten como finalidade dar a coñecer a biodiversidade dun espazo natural próximo ao voso centro.
Coñecer é o primeiro paso para conservar!
Agora xa ides traballar no voso reto.
Ides facer un calendario para dar a coñecer a biodiversidade da vosa contorna.
Coñecer a biodiversidade é o primeiro paso para conservala!
Para coller inspiración de cara ao voso reto, podedes botar unha ollada aos seguintes modelos de calendario. Lembrade que non se trata de copiar, senón de ver a súa estrutura e abrir miolos para que cadaquén faga o seu propio traballo.

Fai clic na imaxe para ampliar
Fai clic na imaxe para ampliar
Decidimos e organizamosTraballando primeiro en pequeno grupo e despois en gran grupo e coordinados pola persoa docente, ides decidir o espazo natural sobre o que faredes o voso calendario.
Investigamos:
Analizamos e decidimos:
Agora que xa tes toda a información toca analizala. Primeiro, en pequeno grupo, e despois con toda a aula debatemos para acordar sobre que espazo natural traballaremos.
Agora, dentro de cada grupo tedes que facer a escolla do tipo de calendario. Debedes decidir entre distintas opcións:
O formato de traballo é outra decisión importante a tomar. Podedes escoller algunha destas opcións:
Organizámonos:
Axudados pola persoa docente, faredes a asignación de tarefas aos distintos grupos. A listaxe de tarefas deberá ser algo semellante a isto:
Ides decidir o espazo natural sobre o que facer o calendario.
Tomaredes a decisión en grupo.
Investigamos:
Consultar o mapa interactivo da fase 1.
Preguntar no voso concello, en asociacións veciñais ou en asociacións ambientais da vosa contorna.
Consultar a persoas maiores da vosa familia ou amigos.
Analizamos e decidimos:
En grupo, analizamos a información recollida e debatemos para escoller o espazo natural.
Despois escollemos o tipo de calendario. Pode ser:
Escollemos o formato do calendario:
Organizámonos repartindo as tarefas:
Lembrade que, en cada mes do voso calendario, terá que ir unha mensaxe impactante cara á conservación da biodiversidade do voso espazo natural. A mensaxe deberá ser unha combinación de imaxes, fotografías, textos...
Investigade. Analizade distintos modelos de calendarios que vistes no desfile de modelos do punto 4. Outras fontes de inspiración poden ser os calendarios que poidades atopar nas vosas casas ou no centro educativo. A Internet tamén pode ser unha boa opción para ver outros modelos.
Facede as fotografías e ilustracións. As imaxes son unha parte moi importante. O atractivo do voso calendario dependerá en grande medida delas.
Redactade os textos. Deberán recoller:
Deseñade e elaborade o voso calendario.
Deixade voar a vosa imaxinación!
O calendario terá unha mensaxe impactante. Debe ser unha combinación de imaxes e textos atractiva.
Investigade.
Analizade os distintos modelos de calendario do desfile de modelos do punto 4.
Tamén podedes inspirarvos noutros calendarios. Buscade nas vosas casas ou en Internet.
Facede as fotografías e ilustracións.
Redactade os textos. Deben incluír:
Deseñade e elaborade o voso calendario. Usade a vosa imaxinación para obter un deseño atractivo e impactante.
A última fase do voso traballo consistirá en xuntar o traballo individual feito nun documento único. Pero antes de facelo, convén que apliquedes a lista de cotexo que tedes a continuación para autoavaliar o voso traballo.
Se utilizastes unha ferramenta colaborativa online, como Canva, Genially ou algunha semellante, o voso traballo xa estará listo.
Se traballastes en formato dixital de xeito individual, soamente cómpre xuntar todos os documentos nun único e final, que gardaredes en formato pdf. Para unir os pdf podedes utilizar algún software libre, pro exemplo PDF_Sam ou otros coma ilovepdf.
Se traballastes os vosos deseños a man, teredes que dixitalizalos previamente, utilizando unha ferramenta de escáner. Podedes utilizar calquera das aplicacións dispoñíbeis para teléfono móbil, por exemplo, o mscan.
O documento final, polo tanto, deberá ter formato pdf e tamén debe estar impreso. Para obter a versión impresa do calendario, podedes consultar en tendas especializadas da vosa contorna ou na Internet.
Agora toca facer visíbel o voso traballo. Para isto podedes utilizar tanto as redes sociais como a web do centro ou outros medios dixitais. A versión impresa ten un custo. Pensade se ides financiala dalgún xeito ou ben se ides vender os calendarios.
Moitas organizacións sen ánimo de lucro utilizan as vendas de produtos para financiar as súas actividades. Pensastes nisto?
Autoavaliamos e rematamos
Comprobade que o voso calendario está completo. Usade a lista de cotexo.
Gardade o voso traballo en formato pdf para poder compartilo.
Imprimide o voso calendario.
Posta de longo
Publicade o calendario en redes sociais e na web do centro.
Distribuíde a versión impresa do calendario.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas. Comproba que todos os elementos están presentes.
Unha vez rematado o voso reto, é interesante que fagas unha reflexión do feito no bloque 4 do teu diario de aprendizaxe.
Reflexiona e contesta ás preguntas individuais do bloque 4 do teu diario de aprendizaxe.
Logo, reúnete cos membros do teu grupo e contestade á actividade grupal proposta.
O voso calendario está rematado. Credes que é importante dar a coñecer o voso traballo?
Agora ides facer unha presentación da vosa contribución ao calendario.
Nun gran grupo, iredes explicando o traballo realizado, a súa relevancia, as dificultades atopadas no camiño e tamén o que aprendestes nesta unidade.
Para rematar, ides avaliar o traballo das vosas compañeiras e compañeiros usando a rúbrica que está a continuación.
| 4 Excelente | 3 Bo | 2 Mellorable | 1 Non abonda | |
|---|---|---|---|---|
| Organización é estrutura da información | Están presentes todos os elementos indicados (imaxe, nome especie, taxonomía, adaptacións, hábitat, ameazas, frase motivadora), o aspecto xeral é moi equilibrado. (4) | Están presentes todos os elementos indicados (imaxe, nome especie, taxonomía, adaptacións, hábitat, ameazas, frase motivadora), o aspecto xeral é bastante equilibrado. (3) | Falta algún dos elementos indicados (imaxe, nome especie, taxonomía, adaptacións, hábitat, ameazas, frase motivadora) e/ou non existe un bo equilibrio entre a información visual e textual. (2) | Só presenta un ou dous dos elementos indicados e/ou a información visual y textual non está equilibrada. (1) |
| Deseño | A información está distribuída dun xeito moi atractivo e motivador, a combinación de imaxes e textos é moi adecuada e o tipo de letra lese ben e é apropiada. (4) | A información está distribuída dun xeito bastante atractivo e motivador, a combinación de imaxes e textos é adecuada e o tipo de letra lese ben e é apropiada. (3) | A información non está distribuída dun xeito atractivo e motivador, a combinación de imaxes e textos é non é moi adecuada e/ou o tipo de letra non se le ben ou non é apropiada. (2) | A información está distribuída dun xeito nada atractivo e motivador, a combinación de imaxes e textos é inadecuada e os textos non son lexibles. (1) |
| Contido científico | No calendario aparecen recollidos con moita claridade todos os aspectos científicos indicados: imaxe, taxonomía, adaptacións, hábitat, hábitos reprodutores, ameazas para a especie. (4) | No calendario aparecen recollidos con bastante claridade a maioría dos aspectos científicos indicados: imaxe, taxonomía, adaptacións, hábitat, hábitos reprodutores, ameazas para a especie. (3) | No calendario aparecen recollidos con claridade poucos dos aspectos científicos indicados: imaxe, taxonomía, adaptacións, hábitat, hábitos reprodutores, ameazas para a especie. (2) | No calendario non aparecen recollidos os aspectos científicos indicados: imaxe, taxonomía, adaptacións, hábitat, hábitos reprodutores, ameazas para a especie. (1) |
| Exposición oral | A descrición do traballo feito faise con moita claridade. A cadencia é adecuada. Empréganse correctamente todos os termos científicos. Apreciase moita soltura e convicción na mensaxe transmitida. (4) | A descrición do traballo feito faise con bastante claridade. A cadencia é adecuada. Empréganse correctamente moitos dos termos científicos. Apreciase certa soltura e convicción na mensaxe transmitida. (3) | A descrición do traballo feito faise con pouca claridade. E/ou a cadencia é inadecuada. E/ou non se empregan ben moitos dos termos científicos. (2) | A descrición do traballo feito é incomprensible. Non se empregan termos científicos. (1) |
| Corrección lingüística | Non se aprecian erros ortográficos, morfosintácticos nin de puntuación. (4) | Aparecen 1 ou 2 erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (3) | Aparecen 3 ou 4 erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (2) | Aparecen 5 ou máis erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (1) |
Pensa e reflexiona co teu grupo sobre o traballo feito polos distintos grupos, ten en conta os resultados da rúbrica de avaliación da exposición do reto. Logo escribe as respostas obtidas na táboa do bloque 5 do teu diario de aprendizaxe.
O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto que, neste caso, é a elaboración dun calendario da biodiversidade. Co seu uso, desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións da persoa docente. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo. Servirá de axuda para autoavaliarte, compartir información co resto do teu grupo e conseguir o reto proposto.
Modelo en galego de diario de aprendizaxe
Nesta sección podes descargar un resumo dos contidos traballados, que che facilitarán o acceso á información chave necesaria para realizar os retos propostos.

| Título | Un fogar para todos |
|---|---|
| Descrición | REA Un fogar para todos da materia Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria Este REA céntrase na adquisición dos contidos relacionados coas unidades "A Terra, un planeta vivo" e "A diversidade dos seres vivos". Para poder traballar aspectos curriculares propios da materia, contextualizamos este REA nunha situación real de aprendizaxe na cal o alumnado terá que crear un calendario da Biodiversidade centrado nunha zona natural de interese próxima. Anímase á divulgación do produto final na comunidade educativa, local e autonómica. |
| Autoría |
María Jesús Fuentes Silveira Carlos de Paz Villasenín Lois Anxo Rodríguez Calvo |
| Organización |
Dirección Xeral de Ordenación e innovación Educativa. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación |
"Un fogar para todos!" ; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contenido foi creado con eXeLearning,
| Elaborado por: |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
|||
| Versión: | 01 | Data de publicación: |
Setembro 2025 | Primeira versión |
|---|---|---|---|---|
1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.
2. Modifícao usando eXeLearning.
3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal con fases.
4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).
Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:
Este REA é unha adaptación do recurso orixinal "Un fogar para todos!" do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo a licenza de CC BY-NC-SA.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0