3.3 As rochas

Testemuñas da historia da Terra

As rochas son agregados naturais de minerais que forman a codia e o manto terrestre. Cada unha conta cunha composición e estrutura propias, dependendo do proceso xeolóxico que as orixinou. Así, distínguense tres grandes tipos de rochas: ígneas ou magmáticas, metamórficas e sedimentarias.

Representación da formación das rochas ígneas Representación da formación das rochas metamórficas Representación da formación das rochas sedimentarias

Lectura facilitada

As rochas son agrupacións naturais de minerais.
Forman parte da codia e do manto da Terra.

Cada rocha ten a súa composición e estrutura,
segundo o proceso xeolóxico que a formou.

Hai tres tipos principais de rochas:

  • Rochas ígneas ou magmáticas.
  • Rochas metamórficas.
  • Rochas sedimentarias.

Páxina 17 de 34

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova xanela)